"ues" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 481.
-
PERSOEIRO
Médico. Coñecido como Jaqui, ensinou en Pisa e probablemente en Florencia. Escribiu, en latín, un tratado contra Avicena e un comentario á parte patolóxica do Kitāb al-man ṣ ūrī, de al-Rāzī (In nomun librum Rasis ad Almansorem, 1564).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e pedagogo. Ideou un método de ximnasia rítmica (eurorítmica) para os nenos, baseado na música, e fundou o Institut Jaques-Dalcroze de Xenebra. Realizou os seus primeiros estudios musicais con Fauré, Delibes e Bruckner. Escribiu tanto obras pedagóxicas (L’éducation par le rythme, 1907) como musicais (Sancho Panza, 1897).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador galego. Pertencente a unha familia burguesa de Santiago de Compostela, cultivou a súa poesía a partir de 1270 na corte de Afonso X e tal vez, tamén, de Sancho IV, onde se relacionou con Johan Vasquiz de Talaveira, con quen mantivo unha tenzón, e Per’ Eanes Marinho. Consérvase unha abondosa obra lírica da súa autoría, conformada por 81 composicións, que se transmitiron no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. O corpus componse de 47 cantigas de amigo, nas que se dá fundamentalmente unha adecuación ao xenero da cantiga de amor sen concesións a motivos popularizantes, 21 cantigas de amor (1 pastorela), 11 escarnios (6 persoais, 3 de amor e 2 sociais) e 2 tenzóns.
VER O DETALLE DO TERMO -
(Rheine an der Ems 11.6.1933) Arquitecto alemán. Formouse en Stuttgart, París e Berlín, onde foi director do Internationale Bauausstellung (IBA). Das súas obras destacan o Museo de Arte Contemporánea de Chicago e o Triangle Building de Berlín. Foi asesor e director do Plan Especial de Protección e Rehabilitación de Santiago de Compostela, onde realizou o Polideportivo de San Clemente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Marie Joseph Paul Yves Roch Gilbert Motier.
-
PERSOEIRO
Psiquiatra e filósofo estruturalista. Profesor na École Normale de París en 1962 e director da revista Scilicet (1968), procurou unha interpretación lingüística da psicanálise, que o situou no centro do interese filosófico contemporáneo. Moitos dos seus artigos foron recollidos no volume Écrits (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista francés. É autor das novelas Silbermann (1922), Le retour de Silbermann (1930), Amour nuptial (1929), Les hauts ponts (1932-1935) e Quand le destin nous mène (1981). Foi membro da Académie Française desde 1936.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo portugués. Investigador na área de literatura medieval, destacan os seus estudios sobre a lírica galego-portuguesa. Foi un dos fundadores do Centro de Estudos Filológicos (1932), o actual CLUL. Publicou A Cultura Moral e o Ensino da Lingua Francesa (1921), a súa tese Das origens da poesía lírica em Portugal na Idade Média (1929), obra na que defende a tese litúrxica como orixe do lirismo románico, e Lições de Literatura Portuguesa. Época medieval (1934), e en 1940 elaborou as antoloxías Crestomatia Arcaica e D. Duarte e os Prosadores da Casa de Aviz. É autor tamén de Cantigas d’escarnho e de mal dizer dos cancioneiros medievais galego-portugueses (1965), cunha segunda reedición en 1970 á que lle engadiu materiais procedentes doutras edicións monográficas e tres cantigas; do estudo “A recuperação literária do galego” (1973), considerado fundacional na defensa da asunción do portugués como lingua culta dos galegos; e de Estudos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo francés. A súa obra constitúe unha amplísima visión da sociedade acomodada francesa durante a primeira metade do s XX. Despois de realizar diversas curtametraxes (1913-1914), traballou cos directores François Truffaut, Robert Bresson e Federico Fellini. En 1915 estudiou pintura na Academia Julian con J. P. Laurens, e expuxo as súas pinturas en Nova York e París e foi o fotógrafo oficial do presidente francés Valéry Giscard d’Estaing. Os seus arquivos consérvanse no Grand Palais de París. Publicou Diary of a Century (1970) e Das Fest des grossen Rüpüskül (1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xornalista. Entre os moitos pseudónimos que empregou, destaca Cécil Saint Laurent, co que asinaba novelas históricas, como Caroline chèrie (1947). Publicou libelos violentos contra Sartre (1951), crítica teatral, pintura, guións de cine e ensaios históricos. Co seu nome é autor de Les corps tranquilles (1948), Le petit canard (1954), Les bêtises (1971 Premio Goncourt), Histoire egoïste (1976) Le dormeur debout (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador francés. Agregado á sección sexta da École des Hautes Études en Sciences Sociales de París (1962-1993), foi director de investigacións (1972-1977). Especializouse na investigación da antropoloxía, da historia das mentalidades e das clases sociais da Idade Media. Escribiu Les intellectuels au Moyen Âge (1956), La civilisation de l’Occident médiéval (1972) e Ditionnaire raisonné de l’ Occident Médiéval (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de escena e mimo. En 1945 entrou a formar parte da compañía de teatro de Jean Dasté, onde se ocupou da preparación física do actor. Participou na creación da escola de formación do Picolo Teatro de Milán e tomou contacto coa commedia dell’arte italiana. Realizou traballos con Gianfranco De Bosio e Giorgio Strehler, normalmente vinculados ao estudo do movemento escénico. Fundou en parís a École International de Théâtre (1956) e, en 1966, abandonou a práctica do teatro para dedicarse exclusivamente ao ensino. Escribiu Le corps poétique (1997)
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista francés. Coñecido co nome latino de Faber Stapulensis, foi aristotélico no sentido humanista e viaxou a Italia, onde tratou con Barbaro e Pico della Mirandola (1492). A súa afección polos místicos levouno a editar as obras do pseudo-Dionisio e de Nicolao de Cusa, ademais das de R. Llull, como o Liber contemplationis, o Clericus, o Phantasticus, o Liber natalis e De amigo e amato. Posteriormente consagrouse aos estudios bíblicos e aos tratados de crítica neotestamentaria. Como Erasmo, pertenceu ao movemento reformista pretridentino dentro da Igrexa católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Marquesado que ten dous títulos: o das Dúas Sicilias e o de Castela. O título das Dúas Scilias foi outorgado por Carlos VII das Dúas Sicilias (futuro Carlos II de España) ao mariscal de campo galego Bernabé Romero de Leis (Messina 12.5.1735). As súas armas levan, en campo de ouro, un piñeiro de sinople, terrazado do mesmo, e arrimado de cinco lanzas de prata, fustadas de sable, postas tres á destra e dúas á sinistra (Leis); no timbre, coroa marquesal. O título de Castela foi cedido por Isabel II a José María Montenegro Gago, VII marqués de Leis como título das Dúas Sicilias (Tarragona 1.7.1844). As súas armas traen, en campo de prata, a letra M de sable (Montenegro); no timbre trae coroa marquesal.
-
PERSOEIRO
Arquitecto francés. Traballou en Versailles e no Louvre, no pavillón do Horloge. Protexido por Richelieu, fixo o Palais-Cardinal (1629-1636), actual Palais Royal, e a igrexa da Sorbonne, en París, e proxectou en 1631 o castelo e a cidade de Richelieu, en Turena. Fixo tamén a igrexa de Saint-Roch (1653), en París.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ento medio entre o L e o SL.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de cinco cartas de amor atribuídas á monxa portuguesa Mariana Alcoforado, dirixidas ao conde de Chamilly, militar francés que servía a Portugal (1665-1667) durante as guerras de independencia contra España. Consérvase unha tradución francesa, Lettres portugaises (1669).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de licuescente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pasa ou tende a pasar ao estado líquido.
-
PERSOEIRO
Político e diplomático francés, marqués de Berny. Nomeado conselleiro de Estado en 1643, foi secretario do cardeal Mazzarino, quen lle confiou as negociacións do Tratado de Westfalia (1648). Entre 1658 e 1659 celebrou diversas conversas que desembocaron no Tratado dos Pireneos (1659), polo que Francia incorporou Rosellón e unha parte da Cerdanya. Foi secretario de Estado para Asuntos Exteriores de Luís XIV (1663) e impulsou e organizou diplomaticamente a Guerra de Devolución (1667-1668) e a de Holanda.
VER O DETALLE DO TERMO