"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Jesper Svedberg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político. En 1692 publicou o poema Ode to the Athenian Society e en 1695 ordenouse sacerdote anglicano. A obra en prosa, A Tale of a Tub (1704), foi publicada conxuntamente con The Battle Between the Ancient and Modern Books in St James’ Library, e acadou tres edicións nun só ano. En 1726 comezou a redacción dos Gulliver’s Travels, sátira social, que quedou clasificada como fantasía para cativos. Cadenus e Vanessa (1726) e Verses on the Death of Dr Swift (1739) son as súas obras en verso máis importantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico alemán. Fixo unha revisión dos grandes mitos da historia do seu país e dos seus filmes detacan Ludwig, Requiem für einen jungfräulichen Köning (1972), Hitler, eine Film aus Deutschland (1977), Parsifal (1982) e Penthesileia (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo e anatomista holandés. De nome Franz de la Boë, introduciu a instrución clínica no ensino da medicina, describiu a tuberculose pulmonar e sinalou a importancia da saliva e dos zumes gástricos e pancreáticos na dixestión dos alimentos. Coñécese principalmente polas súas descricións das estruturas anatómicas do cerebro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos sinafobránquidos, ao que pertence a anguía abisal (S. kaupi).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Samara, Rusia (179.000 h [estim 1997]). Posúe fábricas de maquinaria pesada, refinaría de petróleo e industria lixeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Os seus filmes caracterizáronse por un forte intimismo. Destacan Apa (O pai, 1966), Budapesti mesék (Condes de Budapest, 1977), Redl ezredes (O coronel Red, 1985) e Édes Emma, Drága Böbe (Doce Emma, estimada Böbe, 1991). Con Mephisto (1981) gañou o Oscar ao mellor filme en lingua estranxeira en 1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Maria Agatha Woéowska.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor polaco. Das súas composicións destacan a ópera Hagith (1913) e o ballet Mandragora (1920).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insecto díptero do xénero Tabanus, de entre 25-30 mm de lonxitude que se caracteriza por ter un aparato bucal chupador, que ocasionan picaduras molestas aos bóvidos, aos équidos, ao home, e en xeral aos animais de sangue quente, aos que lles pode transmitir enfermidades como anaplasmose, anthrax e tripanosomíase. O corpo é robusto, está cuberto de setas, os ollos están moi desenvolvidos e moi xuntos e os últimos segmentos das antenas están alongados e teñen aparencia de corno. O macho é inofensivo, e aliméntase da salvia dos vexetais, mentres que a femia é hematófaga e moi activa a temperatura elevada e con claridade abundante, especialmente sobre as epidermes húmidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos tabánidos.

    2. Insecto da familia dos tabánidos.

    3. Familia de insectos, da orde dos dípteros, co corpo groso e curto, con balancíns visibles e ás veces grosos. Os machos aliméntanse de néctar e sucos vexetais e as femias son hematófagas de mamíferos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de insectos dípteros, da familia dos tabánidos, ao que pertence o tabán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Estrada. Ten unha soa nave e ábsida románica, de planta rectangular, dividida en dous tramos, cuberta cunha bóveda de canón. No interior destacan os restos de pinturas do s XVI situados detrás do retablo. Conserva unha sepultura antropomorfa antiga ao pé do muro meridional e restos dunha torre barroca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. A súa obra reflicte a admiración pola poesía xaponesa. Dos seus escritos destacan Li-Po y otros poemas (1920), El jarro de flores (1920) e La feria (1928). Foi tamén un destacado prosista e escribiu diversos libros de viaxes, novelas e memorias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Foi o primeiro catedrático (1991) de Gramática Histórica do Castelán da Universidade da Coruña. Iniciou os seus estudos universitarios en 1963 na facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en 1976. Foi lector de castelán no Lycée de Garçons de Auch (Francia) e en 1971 incorporouse como profesor de lingua e literaturas castelás ao instituto Otero Pedrayo (Ourense). En 1983 acadou o grao de profesor adxunto da Universidade de Santiago. Algunhas das súas contribucións á lingüística galega, sobre todo á lexicografía, permanecen inéditas e en diverso grao de realización; así acontece, por exemplo, cun dicionario inverso da lingua galega que estaba preparando. Tamén se dedicou á investigación da gramática española e á historia da lingüística castelá. O seu interese pola morfoloxía e a sintaxe histórica do castelán levouno a investigar en gramáticas latino-castelás dos ss XIII-XV. Proxectou ademais unha edición crítica da Gramática castellana...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Taboada. Construída en estilo románico no s XIII, reformouse en 1927. Ten planta rectangular con cuberta a dúas augas. No interior destaca o arco triunfal de medio punto. Da primitiva construción consérvase unha ventá da cabeceira, algúns canzorros e a portada principal, en que destaca a porta de medio punto con arquivoltas e o tímpano decorado cunha escena de Sansón montados sobre un león, símbolo da vitoria de Xesús Cristo sobre o demonio. Remata nunha espadana de dous vans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Cronista de Vigo, colaborou nos principais xornais vigueses e galegos, e escribiu poesía e obras históricas e biográficas. Publicou as odas A la Guerra de la Independencia (1862), A D. Pedro Calderón de la Barca (1881), Al trabajo (1882), Albores. Poesías premiadas e inéditas (1883), e a lenda La corona de fuego (1893); ademais das obras históricas La reconquista de Vigo (1880), El combate del Callao. Descripción del bombardeo y biografía del almirante Méndez Núñez (1884), Biografía del ilustre marino, hijo de Vigo, D. Casto Méndez Núñez (1890), Los héroes de la reconquista de Vigo (1891) e Estudio biográfico-político del Excmo. Señor Don José Elduayen, Marqués del Pazo de la Merced (1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Coñecido como Wily, recibiu en 1989 a bolsa Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1989). A súa obra amosa a influencia das tendencias máis vangardistas da escultura, entre outros a de F. Leiro. Talla directamente na mateira e consegue figuras expresionistas e sinópticas en que reelabora a estética surrealista. Recibiu, entre outros galardóns, o primeiro premio do Certame de Artes Plásticas Xuventude 90 e o primeiro premio Trienal Latina (Viana do Castelo, 1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico. Quedou cego moi novo e estudou piano, frauta, composición e harmonía. Foi concertista, mestre de capela en Pontevedra, director de grupos orquestrais de música clásica e desenvolveu un sistema mixto de escritura para cegos en colaboración co doutor Mascaró. Como compositor destaca a súa zarzuela Los hijos de Minerva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Farmacéutico e historiador. Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1919), realizou investigacións históricas e heráldicas. En 1926 ingresou no Seminario de Estudos Galegos onde promoveu Terra de Melide (1933). Colaborou en diversas publicacións como Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, Nós, Boletín da Real Academia Galega, Cuadernos de Estudos Galegos ou o Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Lugo. Das súas obras destacan Cotos e xurisdicións de Galicia: pazo de Santa Mariña de Castro de Amarante (1929) e Don Juan Vázquez de Mella y Galicia (1963). Foi académico correspondente da Real Academia Galega e membro de diversas asociacións de estudos xenealóxicos e heráldicos.

    VER O DETALLE DO TERMO