"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PUNTA

    Punta da beira setentrional da ría de Ferrol, no litoral da parroquia de Brión, concello de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofa e política. Catedrática de Ética na Universitat Autònoma de Barcelona. En 1993 foi elixida senadora polo PSOE-PSC por Barcelona. En 1996 abandonou a vida política. Entre as súas obras destacan: Pragmática del lenguaje y filosofía analítica (1976), La imaginación ética (1983), Ética, retórica y política (1988), Virtudes públicas (1990), El malestar de la vida pública (1996), Paradoxes de l’individualisme (Paradoxos do individualismo, 1996), El siglo de las mujeres (1999) e Cómo educar a los hijos (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘curvo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción histérica que provoca que o paciente flexione, estaticamente, o tronco cara a diante e que non sexa quen de se endereitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Malformación dos dedos caracterizada pola flexión permanente e indolora da primeira e da segunda falanxe dun ou de máis dedos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a cada un dos nervios secundarios das follas que parten do principal e describen un arco que non chega ata o bordo da folla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Foi funcionario de Facenda en Santiago de Compostela e na Pobra do Caramiñal e destacou como colaborador de El Observador Constitucional, xornal compostelán de carácter liberal editado durante o Trienio Liberal (1820-1823).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido co sobrenome de Il Canaletto, formouse co seu pai, Bernardo, decorador de teatro. En 1719, influído pola súa estancia en Roma e polas ensinanzas de Lucca Carlevaris, Gaspard van Wittel e Marco Rici, iniciou a temática de paisaxes urbanas ou vedute de Venecia que o fixeron moi popular, especialmente en Inglaterra. O seu estilo inicial sitúase dentro dunha tradición cromática e lumínica caravaggista, reflectido nas súas obras Esclusas de Dolo e Taller de marmorista en San Vitale, que a partir de 1727 cobrou máis claridade. Entre 1730 e 1746 o aumento da súa produción implicou a intervención activa do seu taller e un manierismo progresivo, como por exemplo en Regata sobre o Gran Canal e Dársena de San Marcos, aínda que gravou unha serie de trinta e unha augafortes de gran calidade. Entre 1746 e 1755 residiu en Inglaterra onde pintou paisaxes e casas de campo. A súa produción caracterízase por un obxectivismo topográfico,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín. Comezou os seus estudios no Ballet Nacional, do que foi solista, e compartiu escenario con figuras internacionais como Rudolf Nureyev, Julio Bocca ou Fernando Bujones. En 1992 creou a súa propia compañía coa que debutou en Bilbao, presentando as coreografías A tí Carmen Amaya e Siempre flamenco; posteriormente o Ballet Flamenco Antonio Canales estreou os espectáculos Gitano e Torero. Ademais realizou por encargo a coreografía Grito para o Ballet Nacional de España, presentado no City Center de Nova York. No ano 2000 participou como actor no filme Vengo. Actuou en Holanda, EE UU, Francia, Xapón, Canadá e Italia. Recibiu o Premio Mavisella 88, en Italia, e o premio ao mellor bailarín internacional concedido en Ciudad de México en 1990.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Giovanni Antonio Canal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa dedicada á cría de canarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite entre as parroquias de Gabín, no concello de Montederramo, e Queixa, no concello de Chandrexa de Queixa. O seu cumio atópase a 1.411 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paso de montaña situado a 1.144 m de altitude e localizado entre as parroquias de Rubiás dos Mixtos, no concello de Calvos de Randín, e Abades, no concello de Baltar, na fronteira con Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Persoa que aspira ou está proposta para un posto, unha dignidade ou un honor.

      2. Persoa que se presenta a unha elección.

    1. Persoa que alguén propón para ocupar un determinado cargo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificación situada en Santa Baia de Rebordaos, no concello do Saviñao. A construción orixinaria é do s XIII. De planta cadrada, ten baixo e dúas plantas. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado nunha ampla chaira ao redor da cidade de Córdoba (3.420 h [1996]). A actividade económica céntrase na produción agrícola de cereais, oliveiras e legumes, e na gandería. Ten, ademais, diversas industrias elaboradoras de aceites e embutidos. Foi ocupada alternativamente por musulmáns e cristiáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueólogo. Doutor en Historia e profesor de prehistoria na Universidade de Santiago de Compostela, a súa liña de investigación centrouse nas tecnoloxías prehistóricas, principalmente no camposanquense. Dirixiu a escavación do xacemento de Portecelo (O Rosal). Escribiu Las industrias líticas talladas en la costa de La Guardia a Bayona (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Talo das plantas herbáceas, especialmente a da col e a do toxo.

      1. Talo do millo e doutros cereais que fica na terra tras apañalo.

      2. Parte do tronco dunha árbore que queda unida á raíz ao cortala polo pé.

      1. Eixe central da mazaroca do millo despois de debullala.

      2. Parte central das froitas que non teñen carabuña.

    2. Pedúnculo groso e curto de certas inflorescencias e froitos.

    3. Estado de formación da pluma das aves consistente nunha vaíña pequena e aguda que, chegado o momento, racha e permite o desenvolvementeo da plumaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO