"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • pancreat(o)-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exame radiográfico do páncreas tras a inxección dunha substancia iodada de contraste no conduto de Wirsung.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exame cualitativo, en desuso, das proteínas do líquido cefalorraquídeo que se basea na maior ou menor mestura que se produce cando 1 cm3 de solución de fenol entra en contacto cunha gota de líquido cefalorraquídeo que contén proteínas, especialmente globulinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras) e Forcadela e Nogaledo (O Barco de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.066 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na catedral de Santiago de Compostela, a carón do claustro e enfronte do Tesouro. Ata 1535 o panteón situouse na capela de Santa Catarina. Conserva a lousa sepulcral do bispo Teodomiro, descubridor da tumba do Apóstolo Santiago, e tumbas esculpidas nos ss XII e XIII, como a de Reimundo de Borgoña, Fernando II, Afonso VIII, Berenguela, Xoana de Castro, esposa de Pedro I o Cruel, e Pedro Froilaz, conde de Traba. A capela, obra de Juan de Álava, ten bóveda nervada e a súa porta é plateresca. Nun retablo neogótico consérvanse relicarios medievais e renacentistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga colonia grega de Crimea, na actual Kerč’, fundada probablemente por colonos milesios no s VI a C, en territorio habitado polos escitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hipotético supercontinente que, no Paleozoico, englobaría a totalidade da terra emerxida e do que xurdirían, por fragmentación e gradualmente, os actuais continentes. Ao principio estaría separado en dúas grandes masas, Laurasia (ao N) e Gondwana (ao S). O protoocéano que o rodeaba era Pantalasa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e economista grego, fillo de Papandreu. Ocupou dous ministerios sucesivos no goberno de seu pai (1964-1965). Prendido pola Ditadura dos Coroneis, en 1967 exiliouse. En 1974 volveu a Grecia, onde fundou e encabezou o Panellino Socialistiko Kinima (Movemento Socialista Panhelénico, PASOK). Foi primeiro ministro de Grecia (1981-1989 e 1993-1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico. Coñecido como Vangelis, comezou a súa carreira musical no grupo pop Formynx para logo pasar a formar parte de Aphrodite’s Child, xunto a Demis Roussos e Loukas Sideras. Xa en solitario, desenvolveu un estilo moi persoal e próximo á new age, feito que lle valeu o recoñecemento internacional. Os seus contactos co mundo do cine foron continuos, e destacou a súa participación en filmes como Chariots of Fire (1981, Oscar á mellor banda sonora orixinal), Blade Runner (1982), 1492: Conquest of Paradise (1992) e Alexandre (2004). Da súa discografía destacan Earth (1973), Direct (1988) e Mythodea (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quedar aparvado ao ver ou escoitar algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de Melanesia, que abrangue a parte oriental da illa de Nova Guinea e unhas 600 illas máis pequenas, entre as que destaca o arquipélago de Bismarck e as illas de Buka e Bougainville, que forman parte das illas Salomón (462.840 km2; 5.321.000 h [estim 2001]). A súa capital é Port Moresby.
    Xeografía
    Todas as terras son montañosas, con numerosos volcáns activos. A máxima altitude está en Nova Guinea, no monte Wilhelm, con 4.509 m. O clima é cálido e húmido todo o ano e os ríos son curtos e caudalosos. É un país eminentemente subdesenvolvido, pois máis das tres cuartas partes da poboación vive da agricultura de subsistencia. Os cultivos principais son os tubérculos e as raíces, as bananas e as froitas tropicais, e os cultivos de exportación, como o coco, o café, o cacao, o caucho, o aceite de palma e a cana de azucre. A gandaría é de curral e ten vacas leiteiras. O bosque ocupa o 84,4% do territorio. A pesca é un recurso importante, pero...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas, da familia das liliáceas, que presentan rizomas curtos, follas lineares, con flores en forma de campá e pedunculadas agrupadas en acio. En Galicia atópase a especie P. lusitanica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer a paráfrase dun texto ou dun escrito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reparar algo poñendo un parche.

    2. Aplicar medidas provisionais a algo sen solucionalo de maneira definitiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrofa de dous versos que teñen rima consonante entre eles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falar de amor dous mozos.

    2. Conversar de xeito informal sobre calquera tema de pouca transcendencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    Estado creado polo Directorio francés, por mediación do xeneral Championnet, no Reino de Nápoles en 1799, para formar un réxime favorable a Francia, que facilitase a invasión do territorio. Os realistas, axudados por Rusia e Reino Unido, derrocárono comandados polo cardeal Ruffo, que no mes de xuño tomou a cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Nome que se lle deu ás illas de Procida, Vivara, Ischia e Capri.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olverse parvo e quedar sen capacidade de discorrer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tomar a parva.

    VER O DETALLE DO TERMO