"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Zamora, Castela e León, situado ao SL da capital provincial e delimitado ao N polo Duero (1.649 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, situado ao N da capital provincial, ao pé da cordilleira Cantábrica e regado polo río Nela (3.777 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante e arquitecto francés. É coñecido polo seu álbum de notas e debuxos, repertorio de motivos arquitectónicos, iconográficos e decorativos, que constitúen unha fonte imprescindible para a comprensión do estilo gótico e un documento excepcional sobre o oficio dun arquitecto daquela época. Atribúenselle a catedral de Cambrai e a colexiata de Saint-Quintin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Fixo importantes investigacións sobre radiacións e ionizacións e ideou diversos instrumentos como o osmorregulador. En 1900 descubriu os raios gamma dos corpos radioactivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida como Marisa Villardefrancos, colaborou en distintos xornais madrileños (El Magisterio Español e Escuela Española), publicou libros de lectura escolar ( Lluvia de estrellas, 1948), comedias, contos e poesías infantís (Diario de una muñeca, 1944, ou Te veré un día, 1950), pezas teatrais infantís, e guións para Radio Madrid ou para cine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León, Castela e León, situado no páramo leonés, na beira esquerda do río Órbigo (3.412 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, situado en La Alcarria (5.778 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura de secaño e regadío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Salamanca, Castela e León, a 4 km da capital provincial (3.081 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Doutor en Historia (1981) e catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela desde 1987, especializouse en historia agraria, historiografía e historia xeral de Galicia. Ten feito estadías de investigación na Università de Bologna e no centro Alcide Cervi de Roma e foi profesor convidado na École des Hautes Études de París e no Instituto de Ciências Sociais de Lisboa. Director do Arquivo da Emigración Galega   do Consello da Cultura Galega e vicepresidente da Fundación Otero Pedrayo desde 2005, foi decano da facultade de Xeografía e Historia (1986-1990), reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1990-1994), membro fundador e presidente (1996-2002) da Asociación Española de Historia Contemporánea e director en Galicia da Universidad Internacional Menéndez Pelayo (1998-2006). Pertence tamén ao Padroado do Museo do Pobo Galego e á Fundación Luis Seoane e en 2005 foi elixido académico de número da Real Academia Galega. Forma parte do consello...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Vilaza (Gondomar). Ten planta en forma de U cun patio ante a fachada principal. No lado esquerdo conserva unha escaleira que dá acceso ao patín e no corpo central, na parte baixa, destaca un arco carpanel. Na fachada sur destaca un sorportal formado por cinco arcadas e unha solaina cuberta. Conserva unha pedra de armas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado na confluencia dos ríos Eliche e Frío (5.083 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura de secaño e de regadío e no gando bovino e ovino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e eclesiástico francés. Gran mestre da orde do Hospital (1307-1319), sucedeu o seu irmán Guillaume de Villaret , do que tomou o proxecto de conquistar a illa de Rodas e convertela no centro da orde (1308). Acusado de apropiación indebida de bens, tivo que dimitir (1319).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e escritor. Foi deputado nas Cortes (1935) pola CEDA. Publicou Égloga de amor (1911), El pájaro negro (1917), Piedras galaya (1918) e La última merced (1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Política e economista. Foi asesora económica do concello de Santiago de Compostela (1989-1991). Membro do PSdG-PSOE, foi concelleira do concello de Vigo (1991-2001) e deputada no Parlamento de Galicia desde 1997. En 2005 converteuse na primeira muller en presidir o Parlamento galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado no val do río Tinto (2.085 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, situado nunha gran chaira regada polo Záncara (22.725 h [2001]). É un centro comercial con industria alimentaria e de cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso bieito. Foi abade do mosteiro de San Salvador de Lourenzá (1709-1713 e 1721-1725) e bispo de Puerto Rico. Escribiu Scena sacra de varias oraciones panegyricas (1702) e Tautologias (1703-1729).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha (9.722 h [2001]). Destacan os cultivos da vide, olivares e cereais e as industrias derivadas da agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, regado polo Tajo (2.820 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, no sector nororiental da provincia (2.971 [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO