"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • Brazo do Océano Pacífico, en dirección NO-SL, que separa a illa de Vancouver da costa de Columbia Británica, en Canadá, e que se comunica co Pacífico polos estreitos de Queen Charlote ao NO e de Juan de Fucaao SL.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tradución galega da General Estoria (1272-1284) de Afonso X o Sabio, que se realizou no primeiro terzo do s XIV. Consérvase no manuscrito O.I.i. da Biblioteca de El Escorial e está escrita en pergamiño, con 153 folios, a 2 columnas. Non se coñece con certeza o manuscrito castelán do que procede nin quen o traduciu, pero varias notas marxinais informan de que o tradutor ou copista puido ser Nuno Freire. A General Estoria foi concibida como unha magna historia do mundo, confeccionada baixo a perspectiva medieval, que pretendía reflectir o saber enciclopédico da época, especialmente sobre astronomía, filosofía ou as sete artes liberais, combinando a historia bíblica coa profana, ademais do elemento fantástico. O texto divide a historia en idades, segundo santo Agostiño, e a pesar de ficar inacabado (chega soamente ata a época en que viviron os pais da Virxe María), describe a creación do mundo, a invención dos instrumentos e a evolución da humanidade. Inclúe todas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo e mártir. Dirixiu a educación de Emerico, fillo de santo Estevo I de Hungría. Foi bispo de Csanad (1036). Morreu lapidado, lanceado, encerrado nun barril cheo de cravos e precipitado desde un outeiro ata o Danubio. Represéntase como un bispo cunha lanza que lle atravesa o corazón. A súa festividade celébrase o 24 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Westfalia (1807-1814), irmán pequeno de Napoleón I. Casou coa princesa Catarina, filla do rei de Würtemberg (1807), e Napoleón I nomeouno rei de Westfalia. Perdido o trono recibiu o título de príncipe de Montfort. Regresou a Francia en 1848 e traballou en favor do seu sobriño, o futuro Napoleón III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (7.002 h [2001]). A base da economía son os cultivos de secaño e o sector terciario. Conta co Circuit de la Comunitat Valenciana Ricardo Tormo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome que reciben diversas especies dos xéneros Cytisus, Genista e Osyris.

    2. [Cytisus

    3. [Genista

    4. [Cytisus

    5. [Genista berberidea, Fam das fabáceas]

    6. [Osyri

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción heroica e memorable.

    2. Narración de feitos memorables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Lama baixo a advocación de san Bartolomeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente do Oitavén pola dereita que nace na parroquia de Xesta (A Lama) e desemboca na de Fornelos de Montes, no concello homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Verdugo que nace na parroquia de Antas (A Lama) e percorre o concello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lalín baixo a advocación de san Fiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1.   embarazo.

    2. Período de tempo que dura o proceso de formación ou creación dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar onde abundan as xestas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carlos Díaz Gestal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia da arte abstracta que afirma que a obra de arte ten que ser formada polo espírito antes da súa execución, sen recibir ningunha influencia dos elementos formais da natureza nin da sensibilidade. Esta afirmación, que fai da intelixencia a fonte suprema da creación, é un dos principios fundamentais propostos por T. van Doesburg (1930) e por Max Bill (1931), creadores da arte concreta, e que se pode relacionar coa doutrina da psicoloxía da forma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen está en estado de xestación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta situada na illa de Ons entre a enseada de Caniveliñas e a punta Sobreira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se ten que levar en brazos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hormona sexual feminina que favorece o inicio e a continuación do embarazo. Son esteroides producidos polo corpo lúteo e a placenta, e o máis importante é a proxesterona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cerceda baixo a advocación de santa Comba.

    VER O DETALLE DO TERMO