"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

    1. Relativo ou pertencente ás plantaxináceas.

    2. Planta da familia das plantaxináceas.

    3. Familia de dicotiledóneas, constituída por plantas herbáceas ou sufruticosas, de follas simples, a miúdo en roseta basal, inflorescencias en espiga, flores tetrámeras, hermafroditas, corola escariosa e persistente, androceo tetrandro e de xineceo súpero, con froitos en cápsula pixidial. Comprenden preto de 300 especies de todo o mundo, case todas do xénero Plantago.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás platanáceas.

    2. Planta da familia das platanáceas.

    3. Familia de árbores, da orde das hamamelidais, formada por individuos que presentan follas alternas palmadas, flores unisexuais, diminutas e reunidas en inflorescencias globosas, e froitos en núcula. É propia de Eurasia e de América do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á plebe.

      2. Que ou quen pertence á clase social da plebe.

    1. Que é mesquiño, ordinario e vulgar.

    2. Persoa que na antiga Roma pertencía á plebe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teórico marxista ruso. Iniciou a súa actividade no populismo en 1875. Deportado a Siberia, conseguiu fuxir e estableceuse en Xenebra ata 1917. Marxista convencido, defendeu a necesidade de organizar un poderoso partido obreiro baixo a dirección socialista como preparación para a futura revolución. En 1917 proclamou a continuación da guerra contra o invasor, o que o illou do triunfo da Revolución de Outubro, á que se opuxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘máis’, ‘máis numeroso’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leucocito neutrófilo polinuclear cun núcleo hipersegmentado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflorescencia cimosa en que por debaixo de cada eixe principal terminado en flor se orixinan tres ou máis flores. OBS: Tamén se denomina cima multípara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento de células, especialmente de linfocitos, no líquido cefalorraquídeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta pleocroísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cambio de cor que se observa nun mineral examinado a través dun microscopio polarizador, cando se fai xirar a platina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diversidade morfolóxica que presentan diversos organismos con relación ás condicións ambientais ás que están sometidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta pleomorfismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abdome dos crustáceos malacostráceos en que se insiren os pleópodos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utilización de palabras de idéntico sentido nunha mesma frase, coa intención de reforzar a expresión ou para evitar ambigüidades (Vina cos meus propios ollos). O uso innecesario constitúe a redundancia (Sobe arriba).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pleonasmo.

    2. Que inclúe un pleonasmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apéndice abdominal dos crustáceos malacostráceos. Ten forma esmagada, de pa, e función primordialmente natatoria. Xeralmente están presentes en número de cinco pares, aínda que nalgunhas ordes están totalmente ausentes. Nos isópodos, ademais da función locomotora, os pleópodos teñen función respiratoria, mentres que nos eufausiáceos, anfípodos e decápodos, un ou dos pares de pleópodos están modificados en órganos copuladores. As femias dos decápodos levan neles os ovos despois da posta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de técnicas oftalmolóxicas que se empregan para estimular a visión do ollo con ambliopía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dun xene pola que afecta a varios caracteres do organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Radical, denunciou o militarismo alemán en Des Kaisers Kulis (Os escravos do emperador, 1929) e Der Kaiser ging, die Generale blieben (O emperador foise, os xenerais quedaron, 1932), e foi un dos primeiros autores en analizar de forma crítica o papel de Alemaña durante a contenda. Publicou una triloxía sobre a guerra soviético-alemá, Stalingrad (1945), Moskau (1952) e Berlin (1954), que acadou un grande éxito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás plumbaxináceas.

    2. Planta da familia das plumbaxináceas.

    3. Familia de plumbaxinais constituída por herbas, arbustos ou lianas, de follas simples, flores actinomorfas, hermafroditas, de ovario súpero, dispostas en inflorescencias cimosas ou racimosas, e de froitos en núcula ou capsulares. Comprende preto de 400 especies, a maioría propias da rexión mediterránea e de Asia central.

    VER O DETALLE DO TERMO