"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Antropónimo masculino que provén do céltico Drystan, de drest ou drust ‘ruído, barullo’ ou ben do nome céltico Trwst ‘mensaxeiro’. Tamén puido ter orixe xermánica e derivar do antigo inglés Thurstan, Thorstein, composto de Thor ‘deus do trono’, e stein ‘pedra (preciosa)’, ‘a xema de Thor’. Tamén recibe influencia do adxectivo triste, polas tristes vicisitudes do heroe da famosa lenda medieval céltica de Tristán e Isolda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Protagonista da lenda medieval, de posible orixe céltica, que narra os tráxicos amores deste personaxe e de Isolda, esposa do seu tío, o Rei Marc de Cornualla. A lenda estendeuse por toda Europa e o tema foi tratado por Chrétien de Troyes e por dous poetas do s XII, Béroul e Thomas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago situado no Atlántico Sur, que desde 1938 é dependencia de Saint Helena, colonia de Reino Unido (104 km2; 315 h [1984]). Está formado por catro illas volcánicas (Tristan da Cunha, Gough, Inaccessible e Nightingale) e diversos illotes, e situado no Océano Atlántico, entre América do Sur e África. Foi descuberto por Tristão da Cunha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ópera de R. Wagner, con texto propio, baseado na lenda de Tristán. Estreada en Múnic en 1865, constitúe unha das súas obras máis destacadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Feminista e socialista utópica, avoa de Paul Gauguin. Coñecida como Flora Tristan, estivo influída polas doutrinas de Fourier e Saint-Simon e dedicouse a difundir o seu ideal de rexeneración social. Defendeu a liberación da muller, que consideraba intimamente relacionada coa liberación do proletariado. Publicou Pérégrination d’une paria (1838), Promenades dans Londres (1840) e Union des ouvriers (1843).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Flore-Celestine-Thérèse-Henriette Tristan Moscoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Discípulo do Greco (1603-1606), formouse en Italia (1606-1613), antes de instalarse en Toledo. A súa arte atópase entre o manierismo e o naturalismo, próxima a Caravaggio e a Borgianni. Destacan especialmente os retablos de Yepes (1616) e de Santa Clara de Toledo (1623) ou as pinturas Retrato de caballero ou Retrato del cardenal Sandoval y Rojas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso e guerrilleiro carlista. Coñecido como monxe Tristany, en 1833 declarouse partidario de Carlos María Isidro de Borbón e levantou unha das partidas máis activas de Catalunya. En 1837 apoderouse de Solsona e fixo unha incursión polo Baixo Llobregat. Pouco despois foi ascendido ao grao de mariscal de campo e nomeado segundo xefe carlista de Catalunya. Ao rematar a Primeira Guerra Carlista, pasou a Francia. En 1846 volveu do exilio e retomou a loita (Segunda Guerra Carlista), pero foi prendido e executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carencia do terceiro elemento, necesario para a visión das cores, que implica cegueira para a cor azul

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e historiador alemán. De nome Johannes Heidenberg, foi monxe e abade de Sponheim (1483) e Würzburg. Erudito e polígrafo, escribiu obras de alquimia e astroloxía e, entre outras obras históricas, Catalogus scriptorum ecclesiasticorum, De viris illustribus Germaniae e Chronicon ducum Bavariae.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que triunfa ou conseguiu triunfo.

    2. Que denota triunfo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Kerala, India, situado no extremo suroccidental da rexión e da península (524.006h [1991]). A súas principais actividades son a industria de pulimento de pedras preciosas, a ourivaría, e os tecidos de rafia, de seda e de algodón. Posúe un templo de Vixnu, centro de peregrinacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro dúplice que puido estar situado na Pobra de Trives, que se menciona nun documento de doazón do ano 963.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cuntis baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Vedra. En 1107 a infanta Urraca doouno á Igrexa compostelá con todas as posesións aínda que se reservou o usufruto das súas propiedades mentres vivise.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arquipélago do Océano Pacífico que pertencen ao estado de Papua Nova Guinea (440 km2). Están situadas no mar das illas Salomón, ao SL da illa de Nova Guinea. A cidade principal é Losuia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi un dos primeiros evanxelizadores de España e, segundo a tradición, foi discípulo de Santiago e bispo. Os devotos achéganse ao seu sepulcro, situado en Santa Comba de Bande, para curar as doenzas dos ollos. A súa festividade celébrase o 21 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das dúas tuberosidades óseas que nos vertebrados tetrápodos están situadas por debaixo do colo do fémur. O trocánter maior ou gran trocánter, na extremidade superior do fémur, dálle inserción aos músculos glúteo medio, obturador e xemelgo. No trocánter menor ou pequeno trocánter, insírese o músculo psoas ilíaco.

    2. Segundo artello das patas dos insectos e doutros artrópodos, de tamaño xeralmente pequeno, entre a coxa e o fémur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Paleógrafo e anticuario. Estudou letras en Salamanca e foi procurador síndico do concello de Betanzos e comisario de montes dos distritos de Santiago de Betanzos. Publicou El archivo cronológico-topográfico. Arte de archiveros... (1835) e El cazador gallego con escopeta y perro (1837).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Suposto primeiro bispo de Arles. Segundo Gregorio de Tours foi un dos bispos chegados ás Galias con san Denís de París. A súa festividade celébrase o 29 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO