"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • PERSOEIRO

    Conde de Castela (995-1017), fillo e sucesor do conde García I. Aproveitou o comezo da decadencia cordobesa e chegou ata Córdoba (1009), e axudou a entronizar a Zawi ibn Zirī. A cambio da súa axuda recibiu importantes fortalezas na liña do Douro. Fortalecida a súa posición, conseguiu o recoñecemento da independencia de Castela respecto a León (1014).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Foi xefe dos servizos de cultura da Deputación da Coruña. Colaborador del Instituto de Estudios Coruñeses José Cornide e de diversas publicacións, escribiu Una guía de Galicia: el arzobispo Rajoy y la vida local compostelana: siglo XVIII (1956), Siluetas y paisajes (1959), Ensayo sobre Finisterre: del atrio de Vilar de Donas a la cima del monte Nerio (1967) e La Coruña en seis rutas (1975). Académico da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario e correspondente da Real Academia Galega, recibiu a Encomienda de la Orden de Alfonso X el Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Pacios (O Incio) e Loureiro (Sarria). O seu cumio acada os 807 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Ulla que nace na parroquia do Eixo (Santiago de Compostela) e desemboca na de Reis (Teo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Xallas que nace na parroquia de Olveira e desemboca na de Olveiroa, ambas as dúas no concello de Dumbría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado insular das Pequenas Antillas, situado ao S de Martinica e ao NL de San Vicente e as Granadinas (616 km2; 158.000 h [estim 2001]). A súa capital é Castries (17.803 h [2000]).
    Xeografía
    É unha illa volcánica e montañosa (monte Gimie, 950 m de altitude), con costas recortadas e cubertas de bosque. O dominio climático é tropical marítimo. A súa economía baséase no sector primario con cultivos de bananas, copra, manga, cacao e outras, complementados co gando ovino e cabrún. A actividade pesqueira é suficiente. A industria resíntese da falta de minerais, e as principais son as alimentarias, do papel, a téxtil e os produtos eléctricos. A illa goza dunha boa rede de estradas, o porto principal é Castries e o aeroporto internacional, Hewanorra. Importa, de EE UU, bens de consumo e maquinaria, e exporta, a Reino Unido, bananas e calzado. A balanza de servizos é favorable grazas ao turismo.
    Sociedade e goberno

    Diversidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de Saiáns, capital do concello de Moraña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, situado ao SL da illa de Gran Canaria (47.652 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Ames, Boqueixón, Santiago de Compostela, Teo e Vedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Membro do Sindicato de Dependientes e Comercio da CNT da Coruña, foi un dos fundadores do Partido Sindicalista e colaborou no seu voceiro Trabajo. Ao comezo da Guerra Civil, fuxiu a Portugal e Venezuela, onde se relacionou coa subdelegación da CNT e fundou o Lar Gallego, o Centro Gallego e a Casa de Galicia. Publicou Villardevós e O silencio redimido (1976), obra póstuma en que relata o seu camiño libertario no tempo inmediato á Guerra Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro. Doutor enxeñeiro e diplomado en Maxisterio e Planificación e Administración de Empresas, foi delegado do Colegio de Ingenieros del ICAI en Galicia e presidiu o Patronato do Pedrón de Ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora, discípula de Josep María Fenollera. Innovou na súa obra con esquemas impresionistas e modernistas, como reacción á pintura tradicional de liña oficial, aínda que posteriormente se dedicou a escenas costumistas. Empregou unha paleta de grises, que cara á última época se caracterizou por unha maior luminosidade. Da súa obra destaca A bordadora (1907) e a Cea do campaneiro (1923). Foi profesora da Real Sociedade Económica de Amigos del País. Recibiu a medalla de Alfonso X el Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre. Desde 1922 realizou boa parte do seu exercicio profesional en distintos lugares da Mariña e destacou pola súa preocupación por dotar de base científica o seu labor pedagóxico, orientado por criterios decrolyanos e freinetianos. Promoveu a creación da publicación El Pequeño Escolar, que preparaban os mestres da Mariña Oriental durante o curso 1935-1936. No inicio da sublevación militar foi detido polas súas convicións republicanas, estivo encadeado cinco anos e dedicouse logo a distintos traballos, entre eles a docencia privada na cidade de Lugo. Escribiu Uno de tantos: cinco años a la sombra (1986). Foi o personaxe que inspirou o conto de Manuel Rivas “A lingua das bolboretas”, publicado na obra Que me queres amor? e levado ao cine en 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á sabedoría.

    2. Conxunto de libros do Antigo Testamento integrado polo Libro de Xob, o Libro dos Proverbios, o Eclesiastés, o Cantar dos Cantares e os deuterocanónicos: o Libro da Sabedoría e o Eclesiástico. A maior parte deles foi escrita en poesía e en formas literarias diversas como diálogos ou cantos de amor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre e funcionario, conde de Salvatierra e señor de Sobroso. Vicerrei de Nova España (1642-1648), dirixiu unha expedición a California con poucos resultados e fundou a cidade de Salvatierra (1647). Foi vicerrei de Perú (1655-1678).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa que abrangue os concellos de Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela e Sarria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo italiano. Evolucionou desde o idealismo de Gentile ata un espiritualismo cristián. Fundou o Giornale di metafisica (1946) e fixo estudos sobre Platón, a historia da filosofía e a filosofía italiana e contemporánea, e publicou L’interiorità oggetiva (1951), Atto ed essere (1956) e Dall’attalismo allo spiritualismo critico (1931-1938) (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes abisais, da familia dos afiónidos, co corpo alongado e lateralmente comprimido, recuberto dunha substancia xelatinosa sen escamas e con aletas pélvicas de pequeno tamaño ou ausentes. A especie S. cryptophtalmus, único representante en Galicia da familia dos afiónidos, ten a pel semitransparente, co tecido interno castaño, e habita en profundidades de ata 5.000 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Centrado en describir a sociedade siciliana e os mecanismos de poder en Italia, escribiu os ensaios Pirandello e la Sicilia (1961), A futura memoria (1989), Le parrocchie di Regalpetra (1956) ou L’affaire Moro (1978), narracións como Gli zii de Sicilia (1958), e novelas como Candido (1977), Il Cavaliere e la morte (1988) e Una storia simplice (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO