"AP" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 2743.

  • PERSOEIRO

    Militar e político grego. Participou nos diversos pronunciamentos militares entre 1922 e 1926. Durante a Segunda Guerra Mundial fundou e dirixiu o EDES e despois ELAS. Reincorporado ao exército cos seus homes durante o goberno de Tsaldaris (1946), fundou o partido nacionalista e, xa reinstaurada a monarquía de Xurxo II, foi ministro de Interior (1947) e de Obras Públicas (1950-1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos zorápteros.

    2. Insecto da orde dos zorápteros.

    3. Orde de insectos pterigotos de pequeno tamaño (uns 2 mm de longo) co corpo alongado, aparato bucal mastigador, antenas de 9 artellos, dúas parellas de ás membranosas de poucas nervaduras ou ápteras, tarsos con 2 artellos e cercos curtos dun artello. Presentan dimorfismo sexual, podendo ter unha forma áptera ambos os dous sexos. A forma predominante é pouco pigmentada e sen ollos nin ocelos, e a outra alada, pigmentada e con ollos e ocelos. Viven baixo as cortizas e no humus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Preocupado polas relacións entre filosofía e teoloxía e entre filosofía e ciencia. Das súas obras destaca a triloxía La inteligencia humana (1982-1984).

    VER O DETALLE DO TERMO