"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
ENTRADA LARGA
Estado insular do Océano Pacífico, situado uns 400 km ao NL de Nova Caledonia e uns 1.000 km ao O de Fixi (12.190 km2; 202.000 h [estim 2000]). A capital é Port Vila (30.139 h [1999]).
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
O arquipélago está constituído por unhas 80 illas, todas montañosas e volcánicas e cun clima tropical oceánico. Os cultivos de subsistencia son o iñame, a mandioca, as hortalizas e outras verduras. Tamén se cultivan cocos, cacao e café. A gandaría céntrase na cría de vacas, porcos, cabras e galiñas. Hai explotación forestal. A pesca practícana comercialmente diversas sociedades estranxeiras. En conxunto, o sector primario ocupa o 61% da poboación activa. A minaría redúcese á extracción de manganeso na illa de Efate. As industrias son pequenas e baséanse no proceso dos produtos do sector primario como a conxelación de peixe ou as conservas de carne. Destaca tamén a artesanía: cestaría, cerámica, elaboración de copra ou construción de canoas, entre outras. O comercio... -
PERSOEIRO
Arquitecto. Traballou en Urbino (igrexas de San Francesco e San Domenico), Ancona (peirao e palacio Feretti), Roma (basílica de San Pedro) e Nápoles (igrexa de L’Annunziata). Realizou tamén o Palazzo Reale de Caserta (1752-1773) e o seu acueduto de máis de 40 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor. Membro fundador da Asociación Galega de Compositores (1987), foi secretario da mesma entre 1988 e 1999. Realizou obras para piano, música de cámara e sinfónica. Das súas composicións destacan Aparición en la distancia secreta, Al fondo del espejo en la noche e Julieta en sueños (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Benarés.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ara longa e grosa.
-
-
Especie de reixa de metal ou madeira que se pon amodo de peitoril para evitar riscos de caídas.
-
ara longa suxeita en dous paus verticais que se utiliza para poñer cousas a secar.
-
Reforzo da orla que forma uns caixóns onde se gardan cousas de pouca importancia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fiorde do N de Escandinavia, Noruega, preto das fronteiras de Finlandia e Rusia, no mar de Barents. O principal núcleo de poboación é Vadsö, situado na costa setentrional.
-
-
Relativo ou pertencente aos varánidos.
-
Réptil da familia dos varánidos.
-
Familia de réptiles, parecidos a lagartos grandes, co corpo alongado (entre 20 cm e 3,5 m), peteiro apuntado, poutas fortes e cola longa e, nas formas acuáticas, comprimida lateralmente. Colonizan todos os medios (desertos, bosques, zonas húmidas ou sabanas), e hai representantes acuáticos e arborícolas. Son carnívoros e grandes depredadores, aliméntanse de toda clase de vertebrados. Son ovíparos, mais non incuban os seus ovos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Réptil que pertence ao xénero Varanus, da familia dos varánidos, coa lingua bífida moi longa e párpados móbiles. Distribúese por Australia, África e Asia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘alcalde’.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo e actor. Emigrou a Arxentina e entrou en contacto con numerosos actores, como Tacholas e Maruxa Villanueva. Cofundou a compañía de teatro Aires da Terra, posteriormente chamada Compañía Galega Maruxa Villanueva, coa que estreou varias das súas obras en diversas cidades arxentinas e en Montevideo. Participou na posta en escena de Os vellos non deben de namorarse, de Castelao (1941). Nos seus dramas parte dun conflito amoroso, ligado en ocasións a un tema social, onde o cacique é un dos protagonistas. Destacan O ferreiro de Santán (1975), Taberna sin dono (1975), A xusticia dun muiñeiro (1977), Se o sei... non volvo a casa (1977) e O cego de Fornelos e outras comedias curtas, diálogos e monólogos (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Musicólogo. Doutor en Dereito e Musicoloxía, e cofundador da Revista de Folklore (1980), traballou como crítico musical no diario El Norte de Castilla desde 1978 e colaborou no Dicionario de la Música Española e Hispanoamericana, na Gran Enciclopedia Gallega e no The New Grove Ditionary of Music and Musicians. Publicou Temas de economía política (1971), Economía aplicada al turismo (1975), Encuentros con la música... desde mi mesa (1981), Dúo pianístico Frechilla-Zuloaga (1983) e Juan Montes, un músico gallego (1990). Membro da Sociedad Española de Musicología e da Real Academia de Bellas Artes de Valladolid.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Foi deputado do Parlamento de Galicia (1985-1986) e deputado por Lugo no Congreso (1986-1996) polo PSdeG-PSOE e vicepresidente segundo da Comisión de Xustiza (1996-1998). Foi concelleiro (1983-1987) e tenente de alcalde (1979-1983 e 1987-1991) do Concello de Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Musicólogo e crítico musical. Formado con Xoán Montes, da súa obra destacan Estudio sobre los orígenes y desarrollo de la música popular gallega (1892), Monografía sobre la música patriótica española (1901) e Del piano y de las pianistas (1905). Presidente da Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo, foi membro da Real Academia Galega e da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Foi ministro interino de Guerra (1840), director xeral de Camiños, Portos, Faros e Telégrafos, senador (1843-1845) e conselleiro real extraordinario (1846-1847). Publicou Resumen histórico del Arma de Ingenieros en general y en particular de España (1846) e Biografía del ingeniero español Pedro Navarro (1846).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo. Catedrático de antropoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Traballou no campo da osteoloxía histórica, da paleantropoloxía, da xenética humana e da biodemografía. Escribiu La Antropología molecular y sus aportaciones al conocimiento sobre el origen del “Homo sapiens”(1999) e varios artigos de investigación relacionados co xénero Homo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político. Foi presidente do Círculo das Artes e do Consello de Área de Lugo de Caixa Galicia, vicepresidente do Consello de Administración e presidente da Comisión de Control de Caixa Galicia. Foi deputado por Lugo na IV, V e parte da VI lexislatura, polo Partido Popular.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Foi alcalde de Carballo desde 1991 e deputado pola Coruña no Parlamento de Galicia polo Partido Popular. Formou parte da Comisión de Goberno da Deputación Provincial da Coruña, foi vicepresidente da Comisión de Educación e Cultura e vogal das comisións de Política Territorial, Obras Públicas e Medio Ambiente.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Conselleiro de traballo desde 2005, foi deputado autonómico na VI e VII lexislaturas, secretario executivo provincial do PSdeG-PSOE de Lugo (1998-2004) e secretario nacional da Executiva de UGT en Galicia. Membro do Comité Federal do PSOE, desde 2004 foi secretario de organización do PSdeG-PSOE. Foi membro, entre outros, do Consello Económico e Social de Galicia e do Consello Galego de Relacións Laborais.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Oftalmólogo. Inventou un aparato denominado taquitoscopio para graduar a vista e un novo oftalmóstato para fixar automaticamente o ollo durante as intervencións cirúrxicas.
VER O DETALLE DO TERMO