"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Relativo ou pertencente ao pene.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CORDILLEIRAS

    Cordilleira de Gran Bretaña que constitúe a espiña dorsal do N de Inglaterra. Esténdese desde os Cheviot Hills ao N e os Midlands ao S. Está formada por unha serie de altiplanos calcarios, inclinados cara ao L e fracturados cara ao O, que culminan no Gross Fell (893 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor estadounidense. Despois de actuar con éxito en Broadway e de traballar na obra Heartland, comezou a súa carreira cinematográfica, onde destacou polos seus papeis dramáticos. Participou nos filmes Bad Boys (1983), At Close Range (1987), We’re not Angels (1989), Dead Man Walking (1995, Silbernen Bär en Berlín 1996), The Thin Red Line (1998), I’am Sam (2001), Mystic River (2003, Oscar ao mellor actor 2004), 21 Grams (2003, Coppa Volpi na Mostra de Venecia ao mellor actor) e The Interpreter (2005). Recibiu o Premio Donostia polo conxunto da súa carreira (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amazona, filla de Ares e Otrere. Despois da morte de Héitor, acudiu en axuda de Príamo xunto coas outras amazonas, pero Aquiles feriuna mortalmente no seo dereito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga rexión xudía situada ao L do río Xordán. Estendíase desde Pella, ao N, ata Maqueronte, ao S. Durante o goberno de Xoán Hircano (76-67 e 63-40 a C) formou parte da súa etnarquía, e no de Herodes o Grande (40-4 a C) foi atribuída ao seu irmán Ferora por Augusto. Herodes Antipas (4 a C-40 d C) herdou do seu pai a tetrarquía de Galilea e Perea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arquitecto. Foi profesor na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid. Realizou o proxecto do Centro Rexional da Rede Eléctrica da Coruña, unha biblioteca pública en Fuencarral (Madrid) e os edificios de servizos múltiples da Xunta de Galicia de Lugo, do SERGAS e do IGAPE en Santiago de Compostela. Xunto con Roberto Medín Guyatt elaborou o proxecto dunha nova biblioteca pública en Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Coñecido como Quelen, foi director de prensa, publicacións e protocolo da Autoridade Portuaria da Coruña, traballou en El Ideal Gallego e foi xefe do Gabinete de Prensa do Concello da Coruña e do da Consellería de Relacións Parlamentarias, ademais de presidente da Asociación da Prensa da Coruña. Colaborador da revista Orientación Económica y Financiera, publicou Sada en Venezuela (1981) e participou en De profesión, periodista (2002), en homenaxe a Diego Bernal. Recibiu a Medalla ao Mérito Turístico, a Medalla de Ouro de Sada e a Medalla de Bronce de Galicia (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao perineo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao peritoneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de permeable.

      1. permeabilidade magnética/absoluta

        [ì] Propiedade dos medios materiais que modifica a acción dos polos ou masas magnéticas, así como a indución magnética B, que resulta cando o medio está sometido a unha intensidade de campo magnético H. Intervén nas reaccións do magnetismo e de electromagnetismo. A súa unidade de medida é H/m.

      2. permeabilidade magnética relativa [ì r ]

        Relación entre a permeabilidade absoluta e a do baleiro ì 0 , que vale 1,256×10 -6 H/m.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que deixa pasar un gas ou un líquido a través dos seus poros.

      2. Que deixa pasar algún tipo de radiación.

    1. Que se deixa influír con facilidade por opinións alleas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato para medir características magnéticas de materiais ferromagnéticos, especialmente a permeabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Magnitude inversa da relutancia. O símbolo empregado é Ë ou P, e a unidade de medida, o wéber por ampere volta (Wb/Av). OBS: Tamén se denomina condutancia [condutancia] magnética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema transportador específico a través de membranas biolóxicas de natureza total ou parcialmente proteica. Nunha soa bacteria hai moitos milleiros destes sistemas. A membrana interna das mitocondrias ten algunhas que permiten pasar diversos metabolitos a través da dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘bailarín’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘bailador’.

    VER O DETALLE DO TERMO