"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Señora de Bizkaia, filla de Afonso X e Violante de Aragón. O seu irmán Sancho IV casouna con Diego V, señor de Bizkaia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Aragón. En 1234, a proposta do papa, foi arranxado o seu matrimonio con Xaime I de Aragón, con quen casou en 1235.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperatriz de Bizancio e marquesa de Montferrato (1305-1306). Sucedeu o seu irmán Xoán I e, ao cabo dun ano, renunciou ao marquesado en favor de seu fillo Teodoro I. En 1287 casou co Emperador Andrónico II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e teórico. Reconstruíu edificios medievais, como a Madeleine de Vézelay (1841?), as catedrais de Amiens e de París, ambas as dúas en 1849, a cidadela de Carcassonne (1853), o castelo de Pierrefonds (1858), a abadía de Saint-Denis e a Sainte Chapelle de País e a catedral de Lausanne (1873). Propugnou a utilización do ferro na construción. Escribiu Entretiens sur l’architecture (1852-1872) e Ditionnaire raisonné de l’architecture française du XI au XVI siècle (10 vol, 1854-1868).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Violinista, compositor e pedagogo. Músico ao servizo da capela real de Turín (1775), dirixiu a Ópera de París (1818-1822). Como compositor continuou o estilo rococó italiano. É autor de 27 concertos para violín e orquestra, 42 dúos e 18 sonatas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filósofo, neto de X. Pascual López Cortón e sobriño de M. Bartolomé Cossío. Aos poucos meses de nacer trasladouse a Galicia, primeiro á Coruña, e logo, ata os 12 anos, á quinta familiar de San Vitorio, en Vixoi (Bergondo). En 1898 marchou a Madrid, onde entrou en contacto coa Institución Libre de Enseñanza (ILE), aínda que xa, desde neno, se relacioanba con F. Giner de los Ríos. En 1905 acadou o grao de bacharel como alumno libre no Instituto da Coruña. En 1911 licenciouse en Filosofía en Madrid, pero xa frecuentara con anterioridade os ámbitos intelectuais europeos, escoitando a H. Bergson e asistindo ás clases de Bouglé, E. Durkheim, Ranh, Rodier e Martinenche. As estancias en París iniciáranse por causa da enfermidade de osteomielite que padecía. Nas aulas da ILE estudou con Giner, Simarro e Caso. Do primeiro herdou a forma de vivir, a formación científica e as preocupacións pedagóxicas; do segundo, a independencia espiritual e a liberdade de conciencia. En 1911 obtivo unha bolsa da...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que provén de viridia ‘xardín’, e este de viridis ‘verde’.
-
GALICIA
Músico e compositor. Sacerdote franciscano, organizou un coro infantil no convento de San Francisco de Compostela, e, en Canedo (Ponteareas), fíxose cargo en 1965 do coro infantil que creara o padre Manuel Feijoo. Dirixiu a Coral Polifónica do Centro Artístico Sportivo de Ponteareas, fundado en 1965. Con ela recibiu o primeiro premio de Masas Corales de Mieres e de Masas Corales de León; e o segundo no Concurso Nacional da Canción del Mar de Ferrol e no certame de Masas Corales Galegas en Santiago de Compostela. É autor de varias composicións, como Romaxe da Picaraña, Ave María no Morro e Morriña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Investigou as fermentacións, a nutrición, os enzimas e o metabolismo das plantas. Recibiu o Premio Nobel de Química en 1945 polos seus traballos sobre a química agrícola e da alimentación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario situado no lugar do Cristal, en Vilanova dos Infantes (Celanova). Segundo a tradición, sobre o 1650 un labrego atopou un cristal coa imaxe da Virxe que meteu no peto pero, como lle pesaba, deixouno no chan. Ao día seguinte unha pastora atopouno e levouno ao párroco Xoán Barros e este ao bispo Antonio Paino, quen decidiu expoñelo publicamente. Posteriormente, Curros Enríquez, no seu poema “A Virxe do Cristal”, enmarca o achado da imaxe nunha lenda de amores entre unha pastora e un xornaleiro do castelo de Vilanova dos Infantes. A imaxe gárdase nun relicario no interior do santuario. O templo é barroco cunha soa nave. A romaría celebrábase o 25 de marzo, día da Anunciación, pero trasladouse ao 15 de setembro despois de que a imaxe da Virxe fose sacada en procesión xunto coas de san Roque e san Sebastián por mor dunha epidemia de cólera, que foi afastada milagrosamente da vila. Desde entón hai dúas procesións de penitentes que conflúen no lugar onde se fixo o milagre e os dous santos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a Publio Virxilio Marón ou á súa poesía.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Época e serie do Carbonífero inferior, situado sobre o Tournaisiano e baixo o Namuriano.
-
CIDADES
Cidade do estado de Andhra Pradesh, India (752.037 h [1991]). Situada na costa de Cholamandala, no golfo de Bengala, é un centro portuario e industrial con refinarías de petróleo e estaleiros. Ata 1949 foi coñecida como Vizagapatam.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo e fotógrafo ruso. Establecido en Berlín (1920), especializouse en endocrinoloxía e fotoxornalismo, retratando as comunidades xudías nos guetos (1933-1939). Fuxido a EE UU pola persecución nazi (1941), naturalizouse (1946) e estableceu un estudo fotográfico. Interesado pola microfotografía, foi pioneiro no uso de técnicas para a fotografía en cor de microorganismos vivos. Filmou a serie Living Biology (1961-1964) e publicou Polish Jews (1947) e Building Blocks of Life (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen visita a alguén ou algún lugar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Texto haxiográfico do que se coñecen dúas versións latinas e unha portuguesa, que narra a vida da monxa Senorina de Bastos, emparentada con san Rosendo de Celanova.
-
PERSOEIRO
Compositor e violinista italiano. Na súa produción instrumental fusiónanse as características propias do estilo contrapuntístico das sonatas co estilo harmónico da música de cámara. Destaca Artifici musicali (1689).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pirata do Mar Báltico e do mar do Norte. Os primeiros foron os poboadores de Rostock e Wismar, que abasteceron Estocolmo durante o sitio danés (1389-1395), para logo dedicarse á pirataría. Desapareceron a finais do s XV.