"Alón" (Contén)

Mostrando 19 resultados de 299.

  • PERSOEIRO

    Industrial e escritor. Colaborou nas publicacións La Meta, El Pueblo Gallego, Hoja del Lunes, Ideal Gallego, Triunfo e Semana, e foi correspondente de Radio Popular de Vigo e de La Voz de Galicia, e das axencias EFE e CIFRA. Publicou La Guardia, El Rosal y Oya (1979) e Santa María de Oia. Real e Imperial (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Valonia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Valonia.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo valón.

      2. Individuo do pobo valón.

      3. Pobo de orixe celta establecido nas terras meridionais de Bélxica, na rexión das Ardenas e arredor do Mosa. Romanizado, formou parte da provincia romana de Bélxica. O nome (valah) foille dado polos pobos xermánicos veciños. A súa historia é común coa de Países Baixos ata a creación do estado de Bélxica en 1830. O predominio dos valóns ou dos flamengos en Bélxica mantense desde entón.

    1. ariedade da lingua de oïl, con influencias das linguas xermánicas, que se fala en Bélxica, en Doncols e Soulez (Luxemburgo), en parte de Francia e en lugares fronteirizos de Flandres.

    2. Literatura cultivada en valón. A mediados do s XII apareceron os primeiros textos en valón, constituídos por crónicas e outros de carácter relixioso. No s XVII produciuse un maior cultivo da literatura en dialecto liexés, sobre todo en poesía: Somnet Lidjwés (1622) e os pasquèyes (pasquíns). Isto incrementouse durante o s XVIII, e debido ao éxito da ópera cómica en Liexa, escribíronse numerosos libretos, como Li voyadje di Tchaudfontaine (1757). A poesía tivo unha época de esplendor no s XIX con autores como N. Simonon, F. Bailleux e N. Defrêcheux. Grazas á creación da Société de Littérature Wallonne en 1856 produciuse lugar unha forte renovación. Simultaneamente xurdiron escritores doutras rexións como Namur e Hainaut, e na fin do século destacaron o poeta H. Simon e o dramaturgo E. Remouchamps. Durante o s XX a literatura en valón desenvolveuse moito cos prosistas H. Petrez, d’Hainaut e J. Calzet, de Namur, L. Mahy e L. Maret; os poetas J. Guillaume, F. Dewandelaer,...

    3. Arte musical cultivada en Valonia. As súas orixes confúndense coas da música francesa por ter formado parte na baixa Idade Media e durante o Renacemento, da escola franco-flamenga, onde destacaban autores como G. Dufay e G. Binchois. Na época renacentista cómpre mencionar a Roland de Lassus e Clemens non Papa (Jacques Clémens). No s XVIII destacaron J. N. Hamal e a familia Fiocco, de orixe italiana, entre outros. Houbo unha serie de compositores que traballaron en París, entre os que sobresaíron A. M. Grétry, autor de óperas cómicas, e F.-J. Gossec. No s XIX destacan o musicólogo e compositor F. J. Fétis e, sobre todo, o compositor César Franck, que encabezou a chamada escola franco-belga de compositores da última parte do século. Dentro deste grupo están os irmáns Ysaÿe e o violinista Crickboom. No s XX houbo unha serie de músicos valóns influídos por Wagner como E. Tinel, P. Gilson, J. Absil, F. Quinet, M. Quinet, R. Chevreuille e A. Hoerée. A musicoloxía estimulada por Fétis e o flamengo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pol baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cortegada baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cotobade baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte meridional de Bélxica, correspondente aos territorios de fala valoa ou, máis en xeral, á poboación francófona, por oposición á flamenga. Abrangue as provincias de Liexa, Luxemburgo, Namur e a parte meridional de Brabante. A capital e cidade principal é Liexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e foi bolseiro da Fundación Juan March. A súa obra evolucionou desde o realismo cara a formas máis libres que dominan a anatomía. Traballou a madeira, o ferro, materiais de refugallo e outros. Amosáse tamén como un gran debuxante. Das súas obras destacan Maternidade (1964), Figura con neno (1974), Figura ecuestre (1985), Afirmación da palabra (1989) e Homenaxe á muller viguesa (1993). Recibiu, entre outros, o Premio Nacional de Escultura en 1967.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Participou na represión do alzamento dos Países Baixos. Comandou o exército que Filipe II enviou a Aragón para sufocar os disturbios motivados pola persecución Antonio Pérez (1591).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Activo en Sevilla, colaborou na construción do catafalco de Filipe II (1598). Das súas obras destacan Resurrección, Muerte de Santo Hermenegildo e Escenas da vida de san Pedro Nolasco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista, fillo de Elixio Vila Vázquez. Formouse co seu pai e coa pianista V. Smansová. En 1997 foi galardoado co premio ao intérprete máis novo no International Piano Competittion Carl Czerny, celebrado en Praga. En 1999 e 2001 gañou o primeiro premio no Concurso Rexional para Novos Intérpretes celebrado en Vigo. Actuou nos Martes Musicais do Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra, e no Museo de Belas Artes da Coruña (2003), onde estreou Rondó Brillante, composto polo seu pai. En 2004 recibiu o Premio da Asociación Galega de Compositores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sanxenxo baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote. Profesor no Seminario Conciliar de Tui, escribiu a obra inédita Anales Tudenses, sobre o cerco de Tui polos franceses. Xunto co catedrático Juan José Domínguez escribiu o primeiro libro de texto latino do seminario: Gramática Latina (1854).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Municipo da provincia de Valladolid, Castela e León, situado en La Tierra de Campos (2.046 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de València, Comunitat Valenciana (3.696 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Despois dunha primeira etapa caracterizada pola súa ruptura cos mallorquinistas, ao comezo da Guerra Civil iniciou unha etapa de reflexión e silencio. Da súa obra destacan Mort de dama (1931),   Fedra (1932), Bearn o La sala de las muñecas (1956), a súa obra máis importante; La novel.la de Palmira (1952), El misantrop (1972) e Un estiu a Mallorca (1975)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras. Foi nomeado director en xefe de camiños veciñais da Deputación Provincial (1870). Influído polo eclecticismo francés, reinterpretou a galería introducindo, entre outros, elementos neogóticos. Realizou edificios de vivendas na Coruña e o Obelisco (1895), na honra de Aureliano Linares Rivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do rrethi homónimo, Albania (73.800 [estim 1992]). Porto e centro comercial na costa do golfo homónimo, ten industria diversificada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Catedrático das universidades de Santiago de Compostela, Salamanca e Complutense de Madrid, fundou a revista Filología (1949). Da súa produción destacan Las sonatas de Ramón del Valle Inclán (1951), Dialectología española (1960), Camilo José Cela. Acercamiento a un escritor (1962), La realidad esperpéntica (1969), Dicionario manual e ilustrado de la lengua española (1983, coordinador) e Historia de la Real Academia Española (1999). Foi nomeado doutor honoris causa polas universidades de Salamanca (1989), Extremadura (1990), Coimbra (1992) e Santiago de Compostela (1994). Membro da Real Academia Española (1966) e correspondente da Real Academia Galega, recibiu o Premio Nacional de Ensayo Miguel de Unamuno (1969) e o Premio Nacional de Literatura (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO