"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar da provincia de Huesca onde houbo un hospital de peregrinos, no itinerario do Camiño de Santiago, situado entre o Porto de Somport e Jaca.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Almería, Andalucía, no val de Almanzora (1.550 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘árbore’.
-
GALICIA
Médico e activista político. Estudiou Medicina en Santiago de Compostela, especializouse en Alemaña e chegou a ser un coñecido tocólogo, publicando neste eido Problemas fundamentales de la gestación (1929). Sensible ás ideas republicanas, participou na campaña antiforista. En 1913 publicou o artigo de axitación “Arranca Ferro” en El Tea, no que se mostra como un declarado partidario das iniciativas de Acción Gallega, organización política liderada por Basilio Álvarez. No 1916 comeza a súa transición cara ao socialismo propiciada pola dinámica xeral socialista, que se estaba abrindo cara ao agrarismo da bisbarra de Vigo nos anos previos á folga de 1917 nun intento de estruturar unha ampla conxunción republicano-socialista-agraria. Retomou o activismo político nos últimos anos da ditadura de Primo de Rivera (1923-1930), cando asumiu a vicepresidencia do PSOE de Vigo. A súa actuación foi decisiva na elaboración das listaxes que concorreron ás eleccións municipais do 12 de...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Parapsicólogo e director de cine. Está especializado en fenómenos paranormais e ocultismo en xeral.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Encher de árbores unha área determinada.
-
-
Dotar de mastros unha embarcación.
-
Alzar algunha cousa, izar, especialmente unha bandeira ou un estandarte.
-
Poñer verticais os remos para saudar.
-
-
Poñer dereita especialmente unha escada apoiada contra un muro.
-
Aumentar a elevación das ondas.
-
Poñerse dereito un cabalo erguendo as patas dianteiras.
-
-
-
-
exetal leñoso que presenta un tronco único ao ramificarse a certa distancia do chan. As partes esenciais de calquera árbore son as raíces, o tronco e a copa. As funcións principais do sistema radical son a fixación da árbore ao chan e a absorción da auga e nutrientes do solo, pero ademais as raíces teñen outros cometidos como o almacenamento de substancias de reserva, a síntese de compostos orgánicos, a secreción de substancias químicas, a xeración de talos, ou a localización de microorganismos fixadores de nitróxeno. A forma e a extensión do sistema radical das árbores están controladas xeneticamente e varían segundo a especie, a idade e as circunstancias ecolóxicas. A maior parte das raíces finas, que son as que se encargan da absorción da auga e dos nutrientes, localízanse xeralmente nos estratos máis superficiais do chan, pero o sistema radical das especies arbóreas acada con facilidade, en solos profundos, unha profundidade que oscila entre os 3 e os 5 m; danse casos singularmente...
-
árbore aciculifolia
Árbore de follas aciculares, estreitas e longas, como agullas.
-
árbore afogadora
exetal hemiepífito que xermina enriba dunha árbore, crea raíces que baixan ata a terra e, unha vez arraigada, transfórmase nunha árbore que mata a hóspede sobre a que tiña medrado.
-
árbore caducifolia
Árbore na que as follas se manteñen activas durante un só período vexetativo. Unha vez transcorrido este período as follas, polo xeral, secan e caen (follas caducas, como o carballo común); pero nalgunhas especies as follas secas aínda persisten longo tempo nas pólas (follas marcescentes, como o carballo cerquiño).
-
árbore de ribeira
Árbore que vive en solos húmidos, habitualmente formando bandas paralelas á ribeira dos ríos, estanques e lagoas, como o amieiro, o salgueiro ou o bidueiro.
-
árbore esclerófila
Árbore de folla persistente, dura, coriácea e pequena, como a da sobreira e da oliveira. Corresponde a medios climáticos bastante secos, e é o tipo de árbore característica da rexión mediterránea e das zonas de clima semellante onde as chuvias estivais son escasas.
-
árbore laurifolia
Árbore de folla plana e dura, como a do loureiro. Diferénciase da árbore esclerófila porque ten as follas máis grandes. É característica, principalmente, de climas tropicais e subtropicais húmidos.
-
árbore perennifolia
Árbore na que as follas manteñen a súa actividade durante diversos períodos vexetativos (follas persistentes) e que se renovan de tal maneira que a copa se conserva verde todo o ano, como ocorre coa aciñeira e o abeto.
-
árbore planifolia
Árbore de follas planas e de lámina ampla, como o pradairo, o a aciñeira e a abeleira.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desenvolverse unha árbore.
-
-
Lugar poboado de árbores.
-
Plantación de árbores feita con finalidade ornamental, en parques e xardíns, ou destinada á produción de madeira.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás árbores.
-
Que ten forma ou aspecto de árbore.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado ou calidade de arborescente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que forma ramificacións análogas ás pólas dunha árbore.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de árbores vivas de numerosas especies, destinada a fins fundamentalmente científicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada que se emprega na formación de palabras co significado de ‘árbore’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que mata as árbores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que habita nas árbores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica á arboricultura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da agricultura que se ocupa do cultivo, multiplicación e aproveitamento das árbores. Podemos distinguir a arboricultura froiteira ou fruticultura, a arboricultura forestal ou silvicultura, e a arboricultura ornamental, que se ocupa das árbores e dos arbustos utilizados en xardinería.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de árbore.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode plantar de árbores.