"COU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 304.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Lousada (Xermade). O seu cumio acada os 762 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Lugo que abrangue os concellos de Quiroga e Folgoso do Courel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Habitáculo de cores crípticas que serve para agocharse e observar ou fotografar a fauna sen ser percibido por ela.
-
MONTES
Monte situado na parroquia da Órrea (Riotorto). O seu cumio acada os 650 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de obras francés. En 1212 foille encargada a reconstrución da catedral de Reims, da que se lle atribuíu o cruceiro. O seu fillo Roberto de Coucy (? - Reims 1311) comezou a construción das torres.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión que se empregou a miúdo para designar xenericamente un gran conxunto de narracións novelescas medievais longas (ss XII e XIII), en verso ou prosa, en que predominaba a cortesía cabaleiresca e a ideoloxía do amor cortés, en oposición ao realismo ou ao popularismo. Dentro desta rúbrica colocáronse textos como as primitivas versións do Tristán en verso, as narracións de Chrétien de Troyes, e os extensos Lancelote e Tristán en prosa.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Dormeá (Boimorto). O seu cumio acada os 614 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Santa Baia de Camba (Rodeiro). O seu cumio acada os 1.072 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no S da parroquia de Filgueira de Barranca (Cesuras). O seu cumio acada os 500 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ortigueira baixo a advocación de san Cristovo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Foguete espacial estadounidense de catro partes desenvolvido a partir de 1958, que empregaba propergol sólido, e moi empregado na satelización de artefactos cunha masa da orde de 100 kg a unha altitude duns 1.000 km.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que practica o scoutismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento xuvenil fundado por Robert Stephenson Smyth Baden-Powell, que propón o desenvolvemento da personalidade de nenos e adolescentes a través da vida en grupo durante o tempo libre. Pretende ser un método de educación integral, baseado na autoformación e autogoberno, sen esquecer a formación física e moral, o desenvolvemento das habilidades manuais e a formación do carácter, todo isto rodeado do respecto e amor pola natureza.
-
PERSOEIRO
Escritor. Discípulo de J. J. Rousseau e seguidor da ideoloxía naturista, escribiu Rêveries sur la nature primitive de l’homme (1799) e Obermann (1804), en que presentou unha análise implacable do eu cunha dose de pesimismo e amargura.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Folgoso do Courel baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formouse na Escuela de Artes e Industrias de Madrid. Colaborou como ilustrador en diversas publicacións e libros, como Ribadeo antiguo (1931) de F. Lanza, e foi un dos creadores de Orientaciones e Ronsel. Como debuxante, as súas ilustracións caracterizáronse polo trazo fino das liñas, próximas ao expresionismo, e desde 1927 foron máis idealistas. Cultivou a paisaxe, mariñeira ou rural pero non urbana, ben de xeito illado ou formando parte dunha escena. As súas obras presentan contrastes entre zonas iluminadas e outras máis escuras. Os lenzos de comezos da década de 1930 amosan unha influencia cubista. Destacan Escena mariñeira, A renda, O crego, Caseta de tiro (1927-1930), Xogadores de xadrez (1927-1930), Tarde apracible (1954), Xogos de luz con chuvascos nas Rías Altas (1965) e Anciáns do asilo (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión de Senegal (59.602 km2; 530.332 h [estim 2001]). A súa capital é Tambacounda (69.574 h [estim 2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
tukulor.
-
ILLAS
Illa de Canadá, en Columbia Británica (32.100 km2; 509.460 h [1986]). Situada no Océano Pacífico, ao S do arquipélago da Raíña Carlota, é paralela á costa, da que a separan as numerosas illas dos estreitos da Raíña Carlota, de Georgia e de Juan de Fuca. Na banda oriental concéntranse os núcleos urbanos principais: Duncan, Nanaimo, Port Alberni, Courtenay, Campbell e Victoria, capital de Columbia Británica. Os recursos económicos derivan da explotación forestal, a minaría (carbón, ferro e cobre), a actividade agropecuaria (leite, froita, verdura) e o turismo. Descuberta en 1592 por Juan de Fuca, foi visitada en 1792 polo capitán G. Vancouver e converteuse en territorio británico en 1846.
VER O DETALLE DO TERMO