"NOT" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 284.

  • Conxunto de xenes que determina os caracteres hereditarios dun individuo. Os caracteres que se manifestan externamente constitúen o fenotipo. Poden existir diferenzas fenotípicas entre organismos co mesmo xenotipo e similitudes fenotípicas entre individuos con diferente xenotipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ximnótidos.

    2. Peixe da familia dos ximnótidos.

    3. Familia de peixes teleósteos, da orde dos cipriniformes, que se caracterizan por ter o corpo comprimido, alongado e serpentiforme, e por posuír órganos eléctricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe teleósteo do xénero Gymnotus, da familia dos ximnótidos, co corpo comprimido, alongado e serpentiforme, os ollos pequenos, a boca minúscula, e órganos eléctricos. Habita nos ríos de América subtropical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (685-711), fillo de Constantino IV Pogonato. Vencido nunha revolta provocada pola súa política antiaristocrática, exiliouse pero volveu coa axuda dos búlgaros (705) e comezou unha dura vinganza, que causou unha nova rebelión.

    VER O DETALLE DO TERMO