"Ons" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1222.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Activo entre 1620 e 1660, o seu barroquismo caracterízase pola decoración das superficies con formas xeométricas e efectos polícromos. En 1627 foi nomeado aparellador das obras do Alcázar, do palacio de Prado e da Casa de Campo de Madrid. Traballou en compañía de Crescenzi na construción do Panteón Real (1654) de El Escorial. É autor tamén do palacio de El Buen Retiro de Madrid (1633) e do convento das dominicanas de Loeche (1635-1638). Realizou con Eugenio Caxés o retablo maior e os laterais da igrexa de La Merced Calzada de Madrid (1624), que non se conservan.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Sigüenza (1436-1446), arcebispo de Toledo (1446-1482) e membro do Consello Real de Enrique IV de Castela. Desde 1468 apoiou a Isabel a Católica e favoreceu o seu matrimonio con Fernando de Aragón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e humanista. Foi cronista de Castela, preceptor do futuro Rei Enrique IV, conselleiro de Xoán II e bispo de Burgos (1435-1456). Entre as súas obras destacan: Defensorium unitatis christianae (Sobre os defensores da unidade cristiá), a favor dos conversos; Allegationes (Alegacións, 1400), Doctrinal de caballeros (1487), Rerum in Hispania gestarum chronicon (Crónica dos feitos heroicos de España) e Anacephaleosis (1545).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Cultivou a poesía na obra Donaires del Parnaso (1624) e o teatro, pero destacou, sobre todo, no conto ao xeito das novelle italianas, como aparece en Noches de placer (1631) e Los alivios de Casandra (1640). Escribiu unha novela longa de tradición picaresca, evolucionada cara a un certo costumismo en La garduña de Sevilla (1642).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Edicións Castrelos.
-
GALICIA
Eclesiástico. Publicou Sermones morales y panegíricos (1791), Dicionario histórico portátil de las órdenes religiosas y militares y de las congregaciones regulares y seculares que han existido hasta hoy (1792) e Novenario doloroso de María Santísima (1794 e 1804).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e cirurxián. Foi director da área do corazón e xefe do servizo de cardioloxía do hospital Juan Canalejo da Coruña, profesor asociado de ciencias da saúde do departamento de Medicina da Universidade de Santiago, profesor titular de cardioloxía da Universidade da Coruña e director do Instituto de Ciencias da Saúde. Colaborou en distintas publicacións de epidemioloxía clínica e na investigación sobre marcapasos, trasplantes cardíacos e cardioloxía clínica. Foi presidente da Sociedad Gallega de Cardiología (1985-1988) e da Sociedad Española de Cardiología (1997-1999). Foi galardoado cos premios Arthur Andersen de xestión clínica, Fundación Española del Corazón, Boehringer Mannhein e Bristol Myer Squibb.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo franciscano e xurista. Profesor de teoloxía en Salamanca, en 1532 marchou a Bruxas para lles facer fronte aos reformistas. Tivo un papel destacado nas sesións terceira e cuarta do Concilio de Trento (1545). No 1553 foi nomeado predicador real por Filipe II, ao que acompañou na súa viaxe a Inglaterra. Á súa volta, en 1557, foi designado arcebispo de Santiago de Compostela. É autor de Adversus omnes haereses (Contra todos os herexes, 1534), De justa haereticorum punitione (O xusto castigo dos herexes, 1547) e de De potestate legis poenalis (A potestade da lei penal, 1551), obra na que defende a pena de morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pantalóns de coiro que só cubrían as pernas e non mantiñan unión cos zocos. Usábanse para protexerse da chuvia e atábanse na cintura cunha correa de coiro.
-
GALICIA
Toureiro. Coñecido como Celita, debutou como matador de xatos o 2 de febreiro de 1910 en Madrid. Tomou a alternativa da man de Manuel Mejías Bienvenida na Coruña o 15 de setembro de 1912 e confirmouna en Madrid da man de Antonio García Malla o 22 de setembro do mesmo ano. A súa derradeira corrida tivo lugar en Madrid o 26 de febreiro de 1923.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Edicións Celta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político creado o 3 de marzo de 1931 para unificar a acción da Lliga Catalana e dos conservadores mauristas dentro do conxunto da política española. A organización prevista era similar á da Lliga Catalana: unha comisión de acción política, formada polos antigos ministros Francesc Cambó, Joan Ventosa, Gabriel Maura, Antonio Goicoechea, César Silió e Juan Armada, marqués de Figueroa. A proclamación da República (14.4.1931) e a creación da CEDA (Confederación Española de Derechas Autónomas), frustraron o partido, feito que constituíu o derradeiro intento da Lliga Regionalista para intervir na dirección da política española.
-
VER O DETALLE DO TERMO
CESATEL.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro meteorolóxico fundado en 1973 e en funcionamento dende 1979. Con sede en Reading (Reino Unido), agrupa dezasete países europeos, aos que lles proporciona diariamente previsións do tempo para un período de sete días.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro, urbanista e político. Cursou os seus primeiros estudios no seminario de Vic, onde se trasladara a súa familia, de tradición liberal, ao producirse o alzamento dos Malcontents en 1827. Ampliou estudios de matemáticas e de arquitectura en Barcelona e en 1835 trasladouse a Madrid, onde obtivo o título de enxeñeiro de camiños en 1841. Como enxeñeiro do Estado foi destinado a Teruel, Tarragona, Girona e Barcelona, cidade na que se estableceu en 1849. Interesado no estudo do urbanismo, relacionouse cos ambientes progresistas e revolucionarios de Barcelona, influídos polas doutrinas do socialismo utópico, especialmente as de Cabet. Foi amigo de Narcís Monturiol e Ramón Martí i Alsina. Centrou os seus estudios sobre os problemas da reforma e ensanche de Barcelona, no momento en que se produciu o derrubamento das súas murallas. Afiliado ao partido progresista, foi deputado en Cortes en 1850 e durante o Bienio Progresista, comandou o batallón de zapadores da milicia nacional; foi síndico...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Especializado en papeis biográficos, interpretou P’otr Pervij (Pedro o Grande, 1937-1938), de Vladimir Petrov; Alexandr Nevskij (1938) e Ivan Groznij (Iván o Terrible, 1943-1945), de S.M. Eisenstein; e Don Quixote (1956), de Grigorij Kozincev.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Edicións do Cerne.
-
PERSOEIRO
Político soviético. De orixe campesiña, incorporouse ao PCUS en 1931 e chegou a ser funcionario do partido. Foi xefe de propaganda na República de Moldavia (1948-1956), membro do Comité Central (1971) e do Politburó (1977). En 1982 converteuse en secretario deste Comité ao ser elixido sucesor de Brežnev, pero tivo que esperar a que transcorrese o breve mandato de Jurij Andropov para chegar a secretario xeral do PCUS en febreiro de 1984. Tamén foi presidente do Soviet Supremo e máximo dirixente da URSS (1984-1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Pontevedra baixo a advocación de san Vicente.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento de Marne, na Champagne, Francia, á beira do río Marne (48.423 h [1990]). É un importante centro industrial (metalurxia, téxtil e química). Antiga capital dos catalaunos, no s X converteuse nun estado independente baixo o goberno dos bispos que durou ata o s XIV, data na que foi unida á monarquía. A catedral do s XIII reformouse no s XVIII e posúe unha torre do s XII.
VER O DETALLE DO TERMO