"Ove" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 360.

      1. aso de louza, de metal ou doutro material que se emprega para servir e tomar os ovos cocidos.

      2. Recipiente de diversos materiais e de distintas formas que se utiliza para transportar e gardar ovos.

    1. Ovario das aves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica a comprar e vender ovos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mamífero artiodáctilo ruminante, que presenta corpo robusto e redondeado, cuberto de la de diferente cor, lonxitude e finura, dependendo das razas, que só deixa espido o fociño e as patas. As extremidades son finas e relativamente longas, e o rabo, se ben varía moito segundo as razas, é longo. Os machos ou carneiros de moitas razas teñen cornos curvos, de medidas diversas. A ovella domesticouse dentro do período neolítico nas zonas mais occidentais de Oriente Próximo e tivo unha rápida expansión en toda a conca mediterránea e no continente europeo. O éxito desta incorporación dáse na interrelación destes animais co ciclo agrícola (nas tarefas de mantemento, de desmonte, aproveitamento do esterco, alimentación en produtos agrícolas secundarios: malas herbas ou a palla do cereal). A chegada da ovella doméstica á Península Ibérica debeu ocorrer hai uns sete mil anos e, aínda que procedía de Asía, chegou desde África ao val do Guadalquivir ao estar a Península Ibérica unida ao continente africano...

      2. ovella galega

        Raza típica de Galicia, que procede da subespecie Ovis aries ibericus, cuxas características máis importantes son: prolificidade (elevada porcentaxe de partos múltiples), fertilidade (gran facilidade para a reprodución), rusticidade (moi adaptada a sobrevivir en condicións desfavorables e facer uso de diferentes fontes de engorde), lonxevidade (longa vida produtiva) e moi bos caracteres maternais. Esta raza agrupa a animais de pequeno tamaño, de proporcións ben equilibradas, con moita la de cor branca e dedicados á produción cárnica (acadan entre os 9 e 12 kg/canal aos cinco meses de vida). Está ameazada pola introdución nos rabaños de sementais de razas cárnicas máis pesadas e a recría posterior destes mestizos, co que a raza se vai perdendo pouco a pouco. No censo de 1999 existían en galicia uns 800 exemplares. A existencia de rabaños con total pureza é escasa, xa que non se atopan sementais que eviten a elevada consanguinidade. Aínda se conserva nos montes de Ourense, en Nogueira de...

    1. Membro do pobo de Deus, simple fiel. A imaxe esta extraída da parábola do bo pastor e foi tema de pinturas e esculturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo SL da parroquia das Maus de Salas (Muíños). O seu cumio acada os 840 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rabaño de ovellas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que semella la ou algodón, especialmente o ceo con nubes. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ceo ovellado, aos tres días mollado”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás ovellas.

    2. Pastor de ovellas, especialmente o encargado da súa cría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán. Formado na Academia de Viena (1806-1810), en 1810 estableceuse en Roma, onde fundou a escola dos nazarenos, e puxo a súa arte ao servizo da Igrexa Católica. O seu estilo baseouse en Rafael e representou a perduración da plástica pictórica neoclásica, aberta, pola contra, a unha temática dun certo romanticismo. Colaborou na decoración ao fresco da stanza Bartholdy (1816-1818) e do casino Massimi de Roma (1828). Cultivou o retrato e pintou O triunfo da relixión nas artes (1840).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exceso de reservas de prazas sobre o número dispoñible. Prodúcese cando as empresas, para garantir a plena ocupación, contratan, contando coas anulacións, un número de reservas superior á súa capacidade real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e ensaísta inglés. Escribiu o poema A Wife (1614), que provocou unha gran polémica, seguido da obra en prosa Characters (1614), onde se recollen retratos satíricos dos tipos de homes da época. Tamén escribiu as obras The Remedy of Love (1620) e Observations in Foreign Travels (1626).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Países Baixos (3.419 km2; 1.077.625 h [2000]). A súa capital é Zwolle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta noruegués. Membro do grupo marxista Mot Daq, comezou escribindo coleccións de poemas de ton malicioso, como De hundrede violiner (Os cen violíns, 1912). Da súa obra destacan Brød of vin (Pan e viño, 1924), Den røde front (A fronte vermella, 1937), Ord i alvor til det norske folk (Palabras graves do pobo noruegués, 1940), Vi overlever alt (Sobreviviremos a todo, 1945) e Tilbake til livet (Retorno á vida, 1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Oviedo ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Oviedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente relixiosa dentro da alta Igrexa Anglicana que puxo o acento na revisión das notas da Igrexa, principalmente a súa catolicidade, vinculada á sucesión apostólica vivida na tradición e entendida como fidelidade dinámica no espírito que fala pola Igrexa. Comezou en Hadleigh (Suffolk) en 1833 e tivo a súa primeira formulación no sermón de John Keble sobre a apostasía nacional, o 14 de xullo de 1833, onde se reclamaba a liberdade da Igrexa ante o Estado. Destacan as Tracts for the Times, de onde vén o nome de tractarismo, e as obras de A. P. Perceval (The Churchman’s Manual, 1833) e de W. Palmer (Treatise on the Church os Christ, 1838). Deles xurdiu tamén a teoría das tres ramas da Igrexa (inglesa, oriental e romana), o ritualismo e o anglocatolicismo. Pese a que os seus abandeirados, como Pusey, se mantiveron dentro do anglicanismo, o movemento acabou coa entrada na comuñón romana de J. H. Newmann, en 1845.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta inglés. As primeiras obras manifestan o seu ideal prerrafaelista. Convertido ao catolicismo, a súa obra poética evolucionou cara a un erotismo de tema relixioso, e nela predominan as descricións de escenarios naturais e de contextos domésticos. Destaca a súa obra The Unknown Eros & Other Odes (1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. Autor de The Four Ages of Poetry (1821), imitada polo seu amigo P. B. Shelley en Defense of Poetry (1821), afondou na poesía con Melincourt (1817). Da súa extensa obra destaca a produción novelesca, onde se xuntan épocas e estilos diferentes, desde o humor de Sir Proteus: a Satirical Ballad (1814) ou a sátira poética de Headlong Hall (1816), ata o romanticismo de Maid Marian (1822).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome do periastro dos satélites de Xúpiter, con relación a este.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Petróleos de Venezuela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Pontenova ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da Pontenova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Vicente de Gondrame (O Páramo). O seu cumio acada os 500 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO