"alt" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 697.
-
MONTES
Monte da serra de Birduedo, no Courel, que está situado no límite entre as parroquias de Folgoso e de Vilamor (concello de Folgoso do Courel) e a de Pacios da Serra (concello de Quiroga). O seu cumio está a 1.019 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo e publicista alemán residente en Leichlingen, preto de Colonia. Traballou fundamentalmente coa fotografía a cor. Publicou en Düsseldorf a obra Magie der Farbenphtographie (Maxia da fotografía a cor, 1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Alpinista italiano. Entre as súas ascensións destacan a primeira que realizou de forma individual á cara SO do Drue e a primeira invernal individual á parede N do Cervin. Escribiu Le mie montagne (A miña montaña, 1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Estudiou Pedagoxía e Historia da Arte. Dedicouse á fotografía de viaxes, recompilando material das súas visitas a Sumatra, Siam, a India e o Extremo Oriente. Estivo no Tíbet entre 1927 e 1929. Volveu á India e a China como correspondente do xornal Münchner Illustrierte Presse para realizar entrevistas con Chang-Kaishek e Mao Zedong. Estivo tamén presente no voo do Zeppelin ao Ártico no 1932. En 1939 traballou como correspondente do Neue Zürcher Zeitung, viaxando pola Península Balcánica e Oriente Próximo. Asistiu á conferencia fundacional da ONU en 1945 e despois dun accidente en Corea en 1953 abandonou a súa profesión como reporteiro gráfico.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte dos contrafortes orientais da serra de Queixa, situado no límite entre as parroquias de Chaguazoso (concello de Vilariño de Conso) e Cernado (concello de Manzaneda). O seu cumio acada os 1.353 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico experimental. Alumno de Max Planck, foi profesor na Universidade de Giessen (1930-1932) e director do Instituto de Física de Heidelberg (1932-1934). Desenvolveu a técnica das medidas co contador Geiger. En 1930, en colaboración con H. Becker, descubriu unhas radiacións de gran poder de penetración, posteriormente identificadas como grupos de neutróns. Colaborou na construción do primeiro ciclotrón alemán (1944). Gañou o Premio Nobel de Física de 1954, que compartiu con Max Born.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da serra de San Mamede, situado no límite entre as parroquias de Rebordechaus (concello de Vilar de Barrio) e Castro de Laza (concello de Laza). O seu cumio ten unha altitude de 1.463 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e técnico. Estudiou nas universidades de Oregon e Minnesota. Traballou nos laboratorios da Bell Telephone en New Jersey (1929-1967). En 1956 compartiu o Premio Nobel de Física con John Bardeen e William B. Shockley polo descubrimento do efecto transistor (1948).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Foi comandante en xefe do exército de terra (1938). Na Segunda Guerra Mundial dirixiu as campañas de Polonia, Rusia, Francia e dos Balcáns. Foi destituído por Hitler en 1941. Caeu prisioneiro dos aliados en 1945.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado na illa de La Palma, ao O de Santa Cruz de la Palma (5.816 h [1996]). A súa actividade económica aproveita os seus recursos agrícolas e gandeiros, sobre todo bovinos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico norteamericano. Comezou traballando como extra e dobre nalgúns filmes en Hollywood. Conseguiu tres Oscar como mellor actor secundario pola súa interpretación en Come and Get it/Roaring Timber (Rivais, 1936), Kentucky (1938) e The Westerner (O forasteiro, 1940). Participou tamén nas películas Dakota (1945), Along the Great Divide (Camiño da forca, 1951), Rio Bravo (1959) e Support your Local Sheriff! (Tamén un shérif precisa axuda, 1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político italiano. Deputado do parlamento italiano, defendeu a representación proporcional como medio para garantir mellor a vida democrática. Entre as súas obras destaca Lo stato moderno (O estado moderno, 1891).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. De formación autodidacta, presenta un estilo persoal na pintura de paisaxes que o achegan a Galicia no uso dunha cor marcadamente sensorial e na creación dunha atmosfera dacabalo entre o real e o irreal. Foi cofundador da revista e do grupo Desnivel. Dende 1978 realizou diversas exposicións e dende 1986 é profesor de debuxo e pintura.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da parroquia e concello de Melón, no límite co da Cañiza. O seu cumio atópase a 1.002 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da parroquia de Mormentelos, concello de Vilariño de Conso. O seu cumio atópase a 1.353 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da parroquia de Vilamor, no concello de Folgoso do Courel. O seu cumio acada os 984 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
CUMIOS
Cumio da vertente oriental da serra de San Mamede, situado no límite entre as parroquias (e concellos) de Castro de Laza (Laza) e Gabín (Montederramo). Acada os 1.453 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da serra do Xurés, que serve de límite entre as parroquias de Río Caldo e Araúxo, no concello de Lobios. O seu cumio atópase a 1.498 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Centro astronómico hispano-alemán situado en Almería. Creouse despois dun acordo de colaboración científica asinado polos dous países o 17 de xullo de 1972. A dirección corresponde á Comisión Nacional de Astronomía e ao Max Planch Institut de Alemaña. O seu telescopio óptico mide 3,5 m de diámetro.
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, en Sicilia, Italia (62.708 h [1998]). É un centro comercial dunha área agrícola e mineira. Entre o seu patrimonio arquitectónico destaca o palacio Montcada e a catedral, ambos os dous barrocos.
VER O DETALLE DO TERMO