"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
PERSOEIRO
Anatomista. Fundou o Museo Arqueológico e a Sociedad Económica de Amigos del País e dirixiu o Hospital de San Roque de Santiago de Compostela. Publicou un estudo sobre frei Martín Sarmiento.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Coñecido como Ángel de la Vega, A Mar ou O Marqués da Piringalla, traballou desde 1958 no xornal El Progreso, onde foi redactor xefe (1970-1995). Fundador e director do semanario El Heraldo de Vivero, en 1962 fundou Hoja del Lunes de Lugo, da que foi redactor xefe e director (1963) ata o seu cesamento (1987). Correspondente en Lugo das axencias Logos e Europa Press, publicou a guía Friol (1990), La Garra: zarpazos del año 2000 (1999) e Ánxel Fole: 101 anécdotas (2003). Obtivo o Premio del Concurso de Reportajes Periodísticos de Lotería Nacional (1964), foi nomeado Lucense do Ano (1995) e obtivo a insignia de ouro da Asociación da Prensa lucense (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo. A súa actividade investigadora centrouse no estudo da evolución dos terreos metamórficos da antiga cordilleira herciniana nas áreas de Galicia e Castela e colaborou na elaboración de diversos mapas xeolóxicos a escala 1:50.000 e 1:200.000 de Asturias, Castela, Catalunya e Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Directora teatral. Entre 1980 e 1997 coordinou o Taller de Teatro Clámide, co que realizou un importante labor de animación e divulgación teatral en Vilagarcía de Arousa e a súa comarca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Participou na creación da compañía Troula e traballou nos espectáculos O velorio (1978), Pedro Madruga (1980) e Tres (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Coñecido como Rómulo Galíndez, escribiu en Grial o artigo “Sobre la emigración de Curros Enríquez”. Das súas obras destacan Íntimas: fragmento de una autobiografía e impresiones de un viaje (1903), Rasgos (1904), a colección de artigos Ráfagas (1905), Siluetas (1907) e Semblanzas raciales (1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xeógrafo e escritor. Redactor da La Voz de Galicia, publicou artigos en numerosas revistas de historia e literatura. Da súa produción destacan Morfología del gallego, La lengua gallega (1918), La Coruña, capital de Galicia. Guía del turista (1926) e La Región Gallega. Notas geográfico-económicas (1936). En 1926 ingresou na Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xurista. Membro de Esquerda Galega desde a súa fundación, foi deputado por Pontevedra no Parlamento de Galicia na II lexislatura polo Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (1985-1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Futbolista. Foi xogador do R.C. Celta de Vigo, do Real Valladolid, do C.E. Sabadell e chegou a ser internacional absoluto en 1970. Xogou na selección europea na homenaxe a Columna en Lisboa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquiveiro e editor. Logo de estudar a carreira de Diplomática nas escolas superiores de Oviedo e Madrid, ingresou en 1865 no Arquivo do Ministerio de Gobernación. En 1872 trasladouse ao Arquivo do Reino de Galicia, na Coruña, onde comezou a súa estreita amizade con Manuel Murguía. Desde esta ocupación profundizou na campo da historiografía, baseándose na recollida de documentación tratada de forma sistemática e detallada. Nese proceso de investigación tirou do prelo numerosos estudios con documentación inédita, como Crónica Troyana. Códice gallego del siglo XIV (1900), Fragmentos de un nuevo códice gallego de “Las Partidas” (1910), Documentos gallegos de los siglos XIII al XV (1911) e Documentos gallegos del Archivo Municipal de La Coruña (1915). No eido da investigación lingüística e histórica, cómpre salientar Antiguallas de Galicia. Los nombres de La Coruña (1889), “La fauna en la toponimia gallega” (1912-1913) e De la Guerra de la Independencia en Galicia (1953). Colaborador de diversas...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Coñecido como Armando, en 1968 trasladouse a Coimbra, onde comezou a traballar en madeira. A súa obra, dun simbolismo de arraigamento primitivista, resulta unha síntese de clasicismo e romanticismo, aínda que tamén se observan as influencias de escultores españois e europeos do período de entreguerras (1920-1930). Realizou diversas exposicións en Galicia e no estranxeiro, e a súa obra figura en museos e institucións de Italia e Reino Unido (Edimburgo). Destaca da súa obra Movimiento (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e historiador da arte. Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo, foi crítico da arte en diversas publicacións. Escribiu Camilo Nogueira (1904-1982) (1996) e A pintura galega (1850-1950). Escola, Contextualización e Modernidade (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor, fillo de Vicente Martínez-Risco Agüero. Desenvolveu unha importante actividade como crítico literario e como docente en diversas universidades de Francia, EE UU e Canadá. Dos seus estudios literarios cómpre salientar A figuración literaria (1991) e Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega (1991). No apartado da súa produción literaria, que se caracterizou polo xogo entre fantasía e realidade en relatos cheos de condicionantes teóricos, destacan Memorias dun emigrante (1987, Premio de la Crítica Española), Xogo de gardas e ladróns (1989), O caso (1989), As metamorfoses de Proteo (1989, Premio da Crítica Galicia 1990), Tres situacións elementais (1991), A noite de sábado (1991), Margarida d Ouridac (1993), Hipogrifo (1994) e Os fillos do río (1997), coa que foi finalista do Premio Torrente Ballester. Postumamente publicouse a súa obra O embrión (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Entrou no Parti Communiste Français (PCF) en 1923 e converteuse en membro do comité central en 1925. Formou parte do comité executivo da Terceira Internacional, da que foi secretario (1935). Paralelamente foi tamén deputado, conselleiro municipal de París, conselleiro xeral do Sena e deputado por Puteaux (1923) e París (1936). Despois da liberación de París, foi elixido deputado e secretario do comité central do PCF (1947). En 1952 foi excluído do partido acusado de desviacionista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Polemizou contra a tiranía relixiosa exercida polo goberno. Escribiu importantes composicións de tema amoroso, como To his coy mistress, versos eloxiando a Cromwell, como Horation Ode upon Cromwell’s Return from Ireland e Upon trhe Death of his Late Highness the Lord Protector, e sátiras sobre o rei. Os seus poemas foron recompilados en 1681, baixo o título Miscellaneous poems.
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Liberia (5.351 km2; 137.700 h [estim 1986]). A súa capital é Harper (10.627 h [1974]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de EE UU, situado na costa S do Océano Atlántico (27.092 km2; 5.296.486 h [2000]). A capital é Annapolis (35.838 h [2000]). Está dividido en dúas partes pola baía de Chesapeake, á beira dunha longa franxa costeira. O clima é temperado húmido. A cidade máis importante é Baltimore. Destacan os cultivos de tabaco, cereais e froiteiras. Posúe industrias siderometalúrxicas, alimentarias e de fabricación de fibras sintéticas. Descuberto por Giovanni Caboto (1498) e explorado o interior por Bartholomew Gilbert (1603), Carlos I de Inglaterra outorgou o territorio a George Calvert, primeiro barón de Baltimore, en 1632. O fillo deste, Cecilius, púxolle o nome de Maryland en honor da Raíña Enriqueta María de Francia. En 1655 o goberno pasou a mans dos puritanos, o que ocasionou longas loitas cos católicos. En 1776 foi un dos trece estados que se independizaron de Inglaterra. Durante a Guerra de Secesión (1861-1865) mantívose fiel á Unión, pese á forza que tiñan...
-
GALICIA
Químico. Foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1972-1974) e publicou numerosos artigos científicos relacionados coa química en revistas. Recibiu a Gran Cruz de Alfonso X el Sabio e a Gran Cruz al Mérito Militar con distintivo branco.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Zimbabwe (28.347 km2; 856.736 h [1992]). A súa capital é Bindura (21.167 h [1992]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Zimbabwe (57.441 km2; 1.112.955 h [1992]). A súa capital é Chinhoyi (43.054 h [1992]).