"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Sublevación católica e de resistencia á Reforma levada a cabo por Robert Aske no Condado de York, Inglaterra (1536-1537). Aínda que aparentemente cun carácter exclusivamente relixioso, tiña un marcado contido político. Enrique VIII e o seu ministro T. Cromwell prometeron o perdón aos insurrectos se abandonaban as armas. Aske dispersou os seus seguidores en decembro de 1536, pero novas revoltas provocaron a súa represión e foi condenado a morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar, marqués de Bóveda de Limia. Durante a Guerra da Independencia, participou nas batallas de Pontesampaio e Vitoria. En 1820 uniuse aos realistas e participou no levantamento absolutista de Jaca. Tras a morte de Fernando VII foi separado do exército polas súas ideas liberais e marchou a Portugal. Participou na Primeira Guerra Carlista ao lado do infante Carlos María Isidro de Borbón e acadou o grao de mariscal de campo. Morreu na Batalla de Arciniega. Foi cabaleiro da Real y Militar Orden de San Hermenegildo e recibiu a Cruz de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo e fisiólogo estadounidense. Estudou a regulación endócrina do ciclo menstrual feminino e presentou a primeira pílula contraceptiva oral (1956). Publicou, entre outros, The Control of Fertility (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Director do Seminario de Tui, colaborou en diversas publicacións como Galicia Social, El Tea e La Voz del Condado, e escribiu Historia de Puenteareas (1941) e Puenteareas: datos históricos, notas y apuntes para el estudo de la etimología de los nombres de las parroquias, barrios y otros lugares del distrito (1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte de pirogravar.

    2. Gravado en madeira, coiro ou cortiza, realizado cunha punta de platino incandescente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravar en madeira, coiro ou cortiza cunha punta candente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exame radiolóxico que se practica sobre a placenta, tras a inxección na aorta abdominal dunha substancia opaca. Tamén se pode realizar mediante unha ecografía bidimendional por ultrasóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • tomografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento de impresión por medio de matrices impresoras en que as imaxes e as zonas brancas están ao mesmo nivel. Se é directa fálase de litografía, e se é indirecta, de offset.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos mamíferos terrestres que cando camiñan pousan na terra toda a planta do pé, como os úrsidos e os prociónidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta alemán. Na súa poesía lírica buscou a perfección formal e atacou frecuentemente o romanticismo. Escribiu Ghaselen (Gacelas, 1821), Sonette aus Venedig (Sonetos Venecianos, 1825), Der romanische Oedipus (O romántico Edipo, 1828), onde atacou a Heine, e Geschichten des Königreichs Neapel (Historias do reino de Nápoles, 1833).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que mide os cambios de volume dos órganos e dos membros, debidos á repleción sanguínea das arterias e dos capilares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pluviómetro que rexistra graficamente nun pluviograma, dunha maneira continua, as cantidades de chuvia caída.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gráfico onde se representa a cantidade de chuvia caída en relación ao tempo. Realízase sobre unha folla de papel aplicada a un cilindro, movido por un aparello de reloxaría que xira ao redor do seu eixe nun día ou nunha semana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radiografía dunha articulación, despois dunha inxección previa de aire, con finalidade diagnóstica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudo gráfico dos movementos respiratorios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que rexistra a expansión circunferencial do tórax durante os movementos respiratorios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gota que afecta especialmente as articulacións das dedas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Impresión que deixa a planta do pé cando se marca mediante procedementos axeitados sobre un papel, co obxecto de estudar o xeito en que se apoia no chan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rrethi de Albania (725 km2; 72.203 h [estim 1993]). A súa capital é Pogradec (20.100 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO