"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Político israelí. Sionista, obtivo a Declaración de Balfour (1917) do goberno británico. Foi presidente do movemento sionista (1920), da Jewish Agency (1929) e de Israel (1948-1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Anatomista e antropólogo alemán. Estudou as variacións da forma do cranio con relación ao crecemento do individuo e determinou o tamaño exacto dos eritrocitos e ideou un método para medir a cantidade total de sangue dun animal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Canal entre os lagos Erie e Ontario, en Canadá (44 km).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro creada en 1998, co obxectivo de ter a sede na casa natal de W. Fernández Flórez. Entre os seus proxectos inclúense actividades relacionadas co estudo da súa obra, a edición das obras en galego e a creación dunha aula de Interpretación Ambiental, destinada a mellorar o coñecemento e a protección da Fraga de Cecebre.
-
PERSOEIRO
Escritor noruegués. Poeta nacional e símbolo da independencia de Noruega, destacou polas súas ideas revolucionarias. Publicou obras como Digte. Forste ring (Poesías. Primeiro círculo, 1829).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático e astrónomo alemán. Coñecido como Vernerus, foi un dos creadores da trigonometría moderna. Ideou un tipo de transformación alxébrica que chamou prostaférese.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor holandés, sobriño de Klass Sluter. Sucedeu ao seu tío no taller de Champmol (1406), rematou o Sepulcro de Filipe o Atrevido e participou nos traballos do Pozo de Moisés.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico flamengo. Coñecido como Andrés Vesalio ou Vesalius, está considerado o fundador da anatomía moderna. Implantou un novo tipo de ensino anatómico. Escribiu De humani corporis fabrica libri septem (1543).
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito unitario de Escocia, Reino Unido (425 km2; 73.948 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conurbación de Inglaterra, Reino Unido, que comprende, entre outras, as cidades de Dudley, Walsall, West Bromwich, Aldridge-Brownhills, Solihull, Sutton Coldfield, Smethwick, Halesowen, Stourbridge, Birmingham, o seu centro, e Wolverhampton. Ten industrias do automóbil, de maquinaria, electrónicas, químicas, téxtiles e alimentarias.
-
CONDADOS
Condado metropolitano de Inglaterra (899 km2; 2.555.592 h [2001]). A súa capital é Birmingham.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Coñecida como Mae West, creou a personaxe da vampiresa que triunfou na década de 1930. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Destacan os seus filmes She Done him Wrong (1933), I’m no Angel (1933), Belle of the Nineties (1934), Klondike Annie (1936) e Every Day’s a Holiday (1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista australiano. A súa obra, moi influída polo catolicismo, conseguiu un grande éxito. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Destacan The Devil’s Advocate (1959), The Shoes of the Fisherman (1963), Proteus (1979) e The Lovers (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Papúa Nova Guinea (8.500 km2; 440.025 h [2000]). A súa capital é Mount Hagen (27.782 h [2000]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
División administrativa de Xamaica (807 km2; 137.700 h [estim 1999]). A súa capital é Savanna-la-Mar (16.600 h [1991]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido en Inglaterra, en 1397, a Ralph Neville (?-1425), cuarto lord Neville of Raby e mariscal de Inglaterra, cuñado do futuro Rei Enrique IV. En 1624 foi concedido a sir Francis Fane (?-1629), barón de Burghersh e lord Despense. O título continúa na familia Fane.
-
PERSOEIRO
Pintor flamengo. Traballou con R. Campin en Bruxelas e en 1435 nomeárono pintor oficial da cidade. O seu estilo inclúese dentro da corrente naturalista flamenga, entre o gótico e o Renacemento. Foi un naturalista de gran dramatismo. Da súa produción destaca Descendemento da cruz (1430?).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico militar e botánico. Viaxou ás Filipinas (1835-1836) e participou na Primeira Guerra Carlista. Publicou obras de tema naturalístico (principalmente botánico), médico e histórico, entre as que destacan Elementos de botánica (1843), o primeiro manual botánico publicado en España e no que incorporou a clasificación natural e a teoría botánica de Candolle.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar, marqués de Tenerife e duque de Rubí, fillo de Fernando Weyler Laviña. Foille entregado o mando do exército para resolver a guerra independentista de Cuba (1896), pero os seus métodos violentos fixérono fracasar e foi cesado (1897). Foi tamén ministro da Guerra (1901-1902, 1905, 1906-1907).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proxecto preliminar dun protocolo para un Fondo Internacional de Estabilización de EE UU e os países asociados, presentado na Conferencia de Bretton Woods (1944) polo goberno estadounidense, como base dos acordos constitutivos do Fondo Monetario Internacional.