"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Termo do latín dos chafoutas e da xerga dos cabaqueiros ou telleiros, que corresponde á voz ‘día’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Satélite de Saturno, descuberto en 1966 por Audouin Dollfus. De forma irregular, ten un diámetro de 192¥196¥150 km, e unha masa de 2.01¥1018 kg. A súa distancia media a Saturno é duns 151.500 km, e o seu período de rotación, igual que o de traslación, é de 0,695 días. Comparte órbita con Epimeteo, no anel F de Saturno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deus romano das portas e dos comezos. Era invocado especialmente durante as guerras, e as portas do seu templo quedaban abertas ata o remate do combate para asegurar un bo final. Del derivou o nome do mes de xaneiro (ianuarĭus), por ser o mes que dá comezo a un novo ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da arquidiocese de Santiago de Compostela que abrangue parroquias dos concellos de Coirós, Betanzos, Oza dos Ríos, Abegondo e Aranga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento doutrinal e relixioso, difundido nos s XVII e XVIII nos Países Baixos, Francia, Alemaña e Italia que marcou a espiritualidade católica coetánea e posterior. As ideas de C. Jansen están expostas no Augustinus. Sobre a base da teoloxía agostiña, propugnaba un rigorismo moral radical e combatía duramente o molinismo. Perseguidos en Francia, refuxiáronse nos Países Baixos onde crearon unha igrexa cismática (1723).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao xansenismo.

    2. Seguidor do xansenismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega, que se emprega na formación de palabras co significado de ‘amarelo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comer algunha cousa ao mediodía.

    2. Comer ao mediodía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comida do mediodía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Sor que nace na parroquia de Muras, no concello homónimo. Fai de límite entre os concellos de Ourol e Muras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal ou éster do ácido xántico.

    2. Denominación xenérica, non recomendada pola IUPAC, dos sales alcalinos dos o-ésteres do ácido ditiocarbónico, non coñecido en estado libre, que responden á fórmula xeral R-O-CS-S - M + . O xantato de celulosa emprégase na fabricación da seda artificial e do celofán. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xantoma, especialmente o localizado nas pálpebras. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composto heterocíclico de estrutura tricíclica. O seu esqueleto forma parte dun gran número de colorantes.

    2. Familia de colorantes sintéticos que consisten nun núcleo de xanteno substituído con grupos auxocromos, especialmente amino, hidroxiamino e hidroxi, nas posicións 3 e 6. Os máis importantes son a fluoresceína, a eosina e as rodaminas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nomós da Tracia, Grecia (1.793 km2; 91.063 h [1991]). A súa capital é Xanthe (33.897 h [1981]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, anuais, da familia das asteráceas, con follas alternas, enteiras ou lobuladas, flores unisexuais, verdes, de pequeno tamaño e dispostas en capítulos solitarios ou en fascículos, e froito en aquenio sen vilano. En Galicia están presentes as especies X. strumarium e X. spinosum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de liques de talo crustáceo, de cor amarela ou alaranxada e con apotecios lecanorinos. Son liques nitrófilos e danse en cortizas de árbores, en rochas e en tellados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é de cor amarela.

    2. Denominación trivial do ditio-carbonato de hidróxeno e o-etilo (CH 3 -CH 2 -O-CS-SH), líquido incoloro de olor desagradable que se conxela a -53°C e se descompón a temperatura ambiente. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Base púrica que se dá no extracto de té, nos ouriños, no sangue e nos tecidos hepáticos. Entre os seus derivados metilados son importantes a cafeína, a teobromina e a teofilina. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presenza dun exceso de xantina nos ouriños. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Muller de Sócrates. Segundo o testemuño de Dióxenes Laercio, era mal encarada e rosmona. Platón fai unha presentación máis benévola dela no Fedón.

    VER O DETALLE DO TERMO