"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Loita que, segundo a lenda grega, tivo lugar entre os deuses do Olimpo e os xigantes, fillos de Xea e de Urano.
-
PERSOEIRO
Relixioso. Abade en San Martiño de Castañeda, retirouse ao mosteiro de Casaio (Carballeda de Valdeorras). A súa festividade celébrase o 1 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eremita. Relixioso beneditino, na súa peregrinación a Roma foi ferido por Vamba, cando estaba de cazaría, que mandou construír un mosteiro co seu nome (Saint-Gilles) nunha das vías do Camiño de Santiago. Iconograficamente representouse cun hábito branco de peregrino e con báculo abacial. Protexe a unha fera e o seu brazo está atravesado por unha frecha. A súa festividade celébrase o 1 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Fundou unha abadía na península de Rhuys (Bretaña). Escribiu De excisio et conquestu Britanniae, sobre a conquista de Gran Bretaña polos anglos e os saxóns. Iconograficamente representouse acompañado de dous cans. A súa festividade celébrase o 29 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Disposición das flores na que presentan o xineceo e o androceo soldados a unha soa peza.
-
Trastorno que produce na muller un crecemento excesivo do clítoris e un pechamento dos labios maiores.
-
masculinismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á flor que presenta xinandria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
pseudohermafroditismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carreira deportiva en que os participantes deben salvar un percorrido e superar unha serie de probas, especialmente sobre algún vehículo.
-
PERSOEIRO
Escritor chinés. Da súa obra destacan Premier essai sur les techniques du roman moderne (1981), que revolucionou as ideas sobre o modernismo, Arrêt de Bus (1983), coa que se converteu en inimigo do réxime chinés, e La Montagne de l’Âme (1982-1989). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 2000.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lianyungang
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sheng de China, na rexión Noroeste (1.600.000 km2; 19.250.000 h [2000]). A súa capital é Ürümqi. Esténdese entre o Tíbet e a Asia Central Soviética, e está limitado polas montañas do Altai ao N e as do Kunlun ao S. No centro da rexión álzase a potente cordilleira do Tian Shan, con altitudes de máis de 5.000 m, que se abre en cada unha das súas bandas unha conca inmensa, a do Jungghariya ao N e a do Tarim ao S. A súa poboación está formada por varios grupos étnicos, entre os que destacan os uigures. A agricultura produce cereais, algodón e arroz. En 1850, e con axuda soviética, iniciouse a explotación dos recursos minerais, como o petróleo, o uranio e o cobre.
-
CIDADES
Cidade do sheng de Henan, China, na rexión do Centro-sur (473.762 h [1990]). É un importante centro de produción algodoeira e de industria téxtil. Está situada ao inicio da zona navegable do Wei He.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do sheng de Henan, China, situada na chaira de Henan, entre as montañas Dabieshan e o río Huai He (192.509 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Roda en que se colocan foguetes e que xira a gran velocidade cando se acenden.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete que corresponde ás voces ‘esmoleiro’ e ‘moinante’.
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo xitano ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo xitano.
-
Tribo do NO de India que no s XV se estableceu en Europa central e occidental. Penetraron na Península Ibérica cara a 1415 e a partir de finais do s XX organizáronse internacionalmente na Unión Romaní Internacional.
-
Lingua indoaria do phylum indoeuropeo que fala o pobo xitano. Chamada en xitano Romanīčib, na Península Ibérica recibe o nome de caló. O vocabulario sufriu moitas transformacións e a miúdo preséntase como unha lingua secreta, da que o vocabulario é xitano e a gramática é a da lingua do país.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘boi’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome chinés do Tíbet.
-
CAPITAIS
Capital do sheng de Shaanxi, China, e da rexión do Noroeste (1.959.044 h [1990]). Situada na vertente setentrional do Qin Ling, dentro da fosa tectónica do Wei He e na súa confluencia co Huang He, é un importante centro comercial e un mercado agrícola. Ten importantes industrias téxtiles (algodón), de equipamentos eléctricos, de maquinaria e oleícolas. Alí descubriuse en 1974 o mausoleo do Emperador Zheng, rodeado de milleiros de guerreiros de terracota, de tamaño natural e todos diferentes entre si. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profeta, fillo de Zacarías e santa Isabel. Coñecido como o Precursor, vivía austeramente no deserto de Xudea onde predicaba ao pobo a conversión. Segundo o Evanxeo de Lucas, naceu pouco antes que Xesús e comezou a predicar no ano 27 ou 28. O baño de auga no Xordán, acompañado dunha confesión dos pecados, era signo de perdón e compromiso da vida nova. Bautizou a Xesús e proclamouno mesías. Denunciou a unión incestuosa de Herodes Antipas e Herodías polo que o prenderon e, a petición de Salomé, foi decapitado. É o primeiro santo da xerarquía católica. Aparece representado en dúas series iconográficas: unha de neno e outra como adulto, vestido cunha pel de camelo (na arte oriental) ou de carneiro (na arte occidental). Nalgúns casos leva a súa cabeza nunha bandexa. Os seus atributos persoais son o año crucífero, a cruz de canas con bandeiriña e nesta a lenda Ecce agnus Dei. Soe aparecer co dedo índice erguido en sinal da súa misión de anunciador. A súa festa celébrase...
VER O DETALLE DO TERMO