"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Señor de Bizkaia (1322-1326), fillo de María I e Xoán I de Bizkaia. En 1319, ao morrer seu pai, proclamouse rexente de Afonso XI de Castela, que o rexeitou como conselleiro ao acadar a maioría de idade (1325) e fixo matalo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Borgoña (1404-1419) e conde de Nevers (1384-1419), fillo de Filipe II de Borgoña e de Margarida de Flandres. Ao producirse a demencia de Carlos VI de Francia, disputoulle á casa de Orléans o reino. En 1407 fixo asasinar o duque de Orléans e en 1408 foi nomeado señor de París. Ao reiniciarse a Guerra dos Cen Anos (1414), aliouse con Enrique V de Inglaterra, e en 1418 volveu entrar en París, de onde fuxira en 1413 por mor da revolta cabochienne. Despois da toma de Rouen polos ingleses, tentou negociar a paz con Carlos, delfín de Francia, pero foi asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1350-1364), fillo de Filipe VI e Xoana de Borgoña. De temperamento impulsivo e desequilibrado, falto de sentido político, deixou o goberno en mans de privados incompetentes. Tivo que enfrontarse cos ingleses e foi derrotado polo Príncipe Negro en Poitiers (1356). Conducido a Londres, en 1359 cedeu aos ingleses a metade de Francia para ser liberado. Polo Tratado de Brétigny foi liberado (1362), despois de comprometerse a pagar un rescate ao tempo que dous dos seus fillos permaneceron como reféns. Ao fuxir un deles, prendérono de novo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xoán II de Aragón.
-
PERSOEIRO
Rei de Portugal (1481-1495), fillo e sucesor de Afonso V. Reprimiu duramente a nobreza rebelde. Mantivo a paz con Castela, o que lle permitiu dedicarse a organizar expedicións marítimas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xoán I de Dinamarca.
-
PERSOEIRO
Papa (561-574). Volveu á obediencia as igrexas de Ravenna e Milán. Durante o seu pontificado produciuse a invasión dos lombardos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Polonia (1674-1696). Proclamado voivoda de Cracovia (1667), despois de vencer os turcos na Batalla de Khotin (1673) sucedeu o Rei Miguel I. En 1683 volveu derrotar os turcos en Kahlenberg, e así contribuíu á liberación de Viena. Abandonado polos seus aliados austríacos, cedeu ás pretensións de Rusia co Tratado de Moscova (1686).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Portugal (1521-1557), fillo de Manuel I. Casou coa infanta Caterina, filla de Xoana de Castela. Durante o seu reinado os navegantes portugueses chegaron a Xapón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Suecia (1569-1592) e gran duque de Finlandia, fillo do Rei Gustavo I. A causa das súas simpatías católicas foi apresado polo seu irmán o Rei Enrique XIV (1563-1567). Coa axuda da nobreza, destronouno, sucedeuno e finalmente fixo executalo (1577). En 1570 asinou o Tratado de Stettin, polo que remataba a guerra con Rusia, e polo tratado de 1583 anexionou Carelia e Ingria. En 1587 fixo nomear rei de Polonia o seu fillo, Sexismundo (Sexismundo III de Polonia).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador bizantino (1222-1254), xenro e sucesor de Teodoro I Láscaris. Venceu os francos en Poimanon (1224) e reconquistou moitas illas do arquipélago grego (1224), Tracia e Macedonia (1246).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xoán I.
-
PERSOEIRO
Rei de Portugal (1640-1656), fillo do duque Teodosio de Bragança e de Ana de Velasco y Girón. En 1640 unha xunta de nobres reunida en Lisboa ofreceulle o trono do país. Dirixiu a insurrección portuguesa contra a dominación castelá. Derrotou os casteláns en Montijo (1644), preto de Badajoz. As colonias portuguesas recoñecérono como rei e, fracasadas as sucesivas conxuras nobiliarias (1641-1646 e 1653) para derrocalo, consolidouse no poder. Levou a cabo numerosas reformas internas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador bizantino (1258-1261), fillo de Teodoro II Láscaris. Ao morrer seu pai, unha conspiración de nobres impuxo como rexente a Miguel VIII Paleólogo, a quen apresou en 1261.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (898-900). Monxe beneditino, foi elixido papa grazas ao apoio de Lamberto, duque de Spoleto, a quen concedeu a coroa imperial. Intentou manter a autoridade da Santa Sé sobre os países eslavos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (1978). De nome Albino Luciani, ordenouse sacerdote en 1935. Doutor en Teoloxía pola Università Pontificia Gregoriana de Roma (1947), foi vicerreitor do Seminario Gregoriano de Belluno e provigairo da diocese de Belluno. En 1949 organizou o Congreso Eucarístico de Belluno e publicou Catechetica in briciole. Vigairo xeral da diocese de Belluno (1954), foi bispo da diocese de Vittorio Veneto (1958). Participou no Concilio Vaticano II e en 1969 Paulo VI nomeouno patriarca de Venecia e en 1973 cardeal. En 1976 publicou o libro Illustrissimi. Elixido papa o 26 de agosto de 1978, foi o primeiro en escoller un nome dobre. O seu pontificado durou trinta e tres días e as causas da súa morte suscitaron controversias que non foron aclaradas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (1978-2005). De nome Karol Józef Wojtyéa, estudou filoloxía polaca na Universidade Jaguelloniana de Cracovia. Durante a Segunda Guerra Mundial, para evitar a deportación a Alemaña, traballou como obreiro nunha canteira e nunha fábrica química. Axudou a familias xudías a escapar do réxime nazi e aos 21 anos comezou a súa preparación para o sacerdocio. En 1942 ingresou no departamento de teoloxía da universidade e durante anos viviu oculto xunto a outros seminaristas. Foi ordenado sacerdote en 1946 e doutorouse en Teoloxía na Università Pontifica Angelicum de Roma coa tese “O acto de fe na doutrina de san Xoán da Cruz”. Posteriormente doutorouse en Filosofía e foi profesor na Universidade Católica de Lublin e na Universidade Estatal de Cracovia. En 1958 Pío XII nomeouno bispo auxiliar de Cracovia. No Concilio Vaticano II participou na elaboración das constitucións Lumen Gentium e Gaudium et Spes. Paulo VI nomenouno arcebispo de Cracovia (1964) e fíxoo cardeal (1967). Converteuse no primeiro...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (685-686). Legado do Papa Agatón no terceiro Concilio de Constantinopla (680), fíxose consagrar sen a autorización do emperador de Oriente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Lisba 1869 -1750) Rei de Portugal (1706-1750), fillo de Pedro II. Participou na Guerra de Sucesión Española como partidario do arquiduque Carlos de Austria. Despois das derrotas de Almansa (1707) e de Caia (1709), aceptou o Tratado de Utrecht.
-
PERSOEIRO
Emperador bizantino (1341-1354; 1355-1376; 1379-1391), fillo de Andrónico III. Durante a súa minoría de idade tiveron lugar loitas entre a súa nai e titora, Ana de Savoia, e Xoán VI Catacuceno. En 1355 abdicou Xoán VI e puido reinar só. Coa axuda turca recobrou o trono, do que fora expulsado polo seu fillo Andrónico IV.
VER O DETALLE DO TERMO