"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Primeiro foso construído na parte chan dunha praza ou fortificación sendo o máis afastado da muralla. Nas construcións deixou de se empregar, porque malia dificular o avance do que atacante, entorpece así mesmo as saídas e operacións do defensor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de fabricantes de órganos de Brescia. O fundador, Bartolomeo Antonio Antegnati (1450?-1503), construíu os órganos de Milán, Como, Bérgamo e Brescia. Costanzo Antonio Antegnati (Brescia 1549-1624), compositor e organista de Brescia, escribiu L´antegnatica tabulatura e L´arte organica (1608).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tesoureiro, de orixe francesa, do bispo Berenguel de Landoira (1317-1330) na catedral de Santiago de Compostela. Dispuxo a compilación dos Tombos B e C da catedral e o Libro segundo de constitucións e activou durante o segundo cuarto do s XIV a escribanía (scriptorium) catedralicia, de onde saíron as tres copias do Liber Sancti Iacobi (Códice Calixtino).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Adro ou pórtico que se atopa diante da igrexa.

    2. Nome que reciben antigas igrexas parroquiais en vilas de Castela e Euskadi.

    3. Distrito ou entidade territorrial (parroquia) onde rexen os foros e as leis especiais de Bizkaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pedra grande colocada de xeito vertical.

    2. Banco situado detrás da lareira que serve de pousadoiro para os potes, almacén das cinsas e borralla e mesmo asento para a familia ou visitantes que están ao carón do lume.

    3. Cada unha das pedras colocadas a ambos os lados do forno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Lugo. As súas armas levan, en campo de azul, unha anteira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura que establece unha oposición entre unha realidade que se nega e a idea que se quere afirmar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de inflorescencia tirsoide na que todas as ramificacións laterais teñen máis lonxitude ca o eixo respectivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino de orixe toponímica. En Galicia denomínase do mesmo xeito a lagoa da Limia, hoxe desecada. Non hai santa con este nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canle que drena a desecada lagoa de Antela. Percorre a actual veiga en sentido NL-SO, dende o lugar da Campoña, na parroquia e concello de Vilar de Barrio, e pasa polos concellos de Xinzo de Limia, Sandiás, Vilar de Santos e Rairiz de Veiga, onde desauga no Limia, no lugar da Veiga de Santa Baia logo dun percorrido de 17,5 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOAS

    *Baleiro*

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anticipación do momento en que sucede unha cousa con respecto a outra, qure sucede posteriormente.

    2. Anticipación do momento en que sucede algo e outro posterior no que se esperaba que sucedese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e arquitecto lombardo. Centrou a súa actividade en Parma, onde esculpiu o Descendemento da Cruz da Catedral (1178), realizou a portada do baptisterio (1196) e, xunto cos seus discípulos, principiou a decoración do seu interior. Tamén realizou a fachada da Igrexa de Santo Andrés de Vercelli (1223). As súas composicións, dotadas de volume e dun sólido modelado, exerceron unha ampla influencia no nacemento do Gótico italiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte dianteira do forno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Industria do Paleolítico superior do Oriente Próximo (30000-20000 a C). Caracterízase pola presenza de raspadores carenados, burís, follas Dufour e láminas de tradición auriñacense. A similitude co Auriñacense levou a moitos investigadores a integrar nun Auriñacense levantino diversas industrias de lascas que se opoñerían ao Ahmerense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de València, situado á esquerda do Xúcar (1.558 h [1996]). Posúe unha Igrexa barroca do s XVIII. Ten restos do pazo señorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica (Noia), bastante frecuente en Galicia. Xa aparece documentado no s XV: “Juan d’Antelo” (doc ano 1474 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Licenciada en Ciencias Biolóxicas é profesora de Ensino Medio. En colaboración con Xaquín Penas Patiño publicou As plantas (1987) e As plantas medicinais (1993), que constitúen un catálogo das plantas máis representativas do noso país. Forma parte da Sociedade Galega de Historia Natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista reloxeiro e enxeñeiro de Mariña. Construíu os reloxos das catedrais de Lugo (1817) e Santiago de Compostela (1831), e dos mosteiros de Celanova, Betanzos, Sobrado e da igrexa de San Xiao de Ferrol. Foi director da fábrica de moeda de Xubia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dislocación dun órgano cara a adiante.

    VER O DETALLE DO TERMO