"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • AFLUENTES

    Afluente do Miñor pola dereita que nace na parroquia de Zamáns (Vigo) e desemboca no concello de Gondomar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vigo baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENCORO

    Pantano creado coa construción dunha presa no leito do río Zamáns na parroquia homónima (Vigo). Ten unha capacidade de 1,90 hm3 e abastece a cidade e o Val Miñor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Zambia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Zambia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da illa de Mindanao, Filipinas (601.794 h [2000]). Situada no extremo meridional da península homónima, no estreito de Basilan, ten industria de papel, de madeira e alimentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Formada con Ortega y Gasset e Javier Zubiri na Universidad Central de Madrid, durante a Segunda República trabou amizade con L.Cernuda, R. Dieste, M. Hernández ou C. Xosé Cela a través de diversas iniciativas culturais, como as Misións Pedagóxicas. Tras a Guerra Civil Española residiu en París, Nova York e La Habana. Profesora en diversas universidades americanas, co tempo trasladouse a Europa e residiu en Roma. Publicou, entre outros, De la aurora (1986), Filosofía y poesía (1987) e Delirio y destino (1989). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación y Humanidades (1981) e o Premio Cervantes (1988), e foi nomeada doutora honoris causa pola Universidad de Málaga (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Desde un principio, con Ujezdnoje (A vida provinciana, 1914) e Na kulickakh (No quinto inferno, 1914) converteuse nun dos mellores prosistas da época. Froito da súa viaxe a Inglaterra escribiu Lovec čelovekov (O cazador de homes, 1921). Comunista en 1905, a súa actividade ante a revolución pasou da paixón ao desencanto, como reflicte na novela My (Nós, 1924), que foi prohibida e que anticipa as obras de A. Huxley e G. Orwell.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor dramático. Seguidor de Calderón, a súa peza máis destacada é No hay plazo que no se cumpla ni deuda que no se pague, versión do Don Juan. As súas Comedias nuevas foron publicadas en 1722.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Zamora ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Zamora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e nacionalista italiano. É autor do código penal italiano de 1890. Presidente do goberno (1901-1903), desenvolveu unha política reformista e de boas relacións co estado francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte alongada e sen plumas da pata dalgunhas aves que se estende desde o tarso ata os xeonllos.

    2. Perna longa e delgada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes que corresponde á voz ‘camiñar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do centro da Península Ibérica, afluente da cabeceira do Guadiana (220 km). Nace nos Altos de Cabrejas, na provincia de Cuenca, rega A Mancha e desemboca no Guadiana no pantano de Mulateros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade estratigráfica do Plioceno Inferior que, con carácter de piso e idade, foi proposta como transición entre o Messiniano e o Plasenciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte da extremidade inferior humana ou da extremidade posterior do resto dos mamíferos que vai desde a cadeira ata o xeonllo.

    2. Parte do corpo das aves que se corresponde coa tibia.

    3. Cada un dos dous paus longos provistos dun saínte ou un anel onde se poden pousar os pés, e que serven para camiñar por lugares pantanosos, para xogar ou para levalos nas festas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten as pernas longas.

    2. Que teñen as patas longas e desprovistas de plumas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos zande ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo zande.

    3. Pobo sudanés, de lingua ubanguiana, que habita na República do Sudán, entre os ríos Bomu e Uele.

    4. Lingua da rama atlántico occidental do phylum níxer-congo que fala o pobo zande.

    VER O DETALLE DO TERMO