"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas, da familia das asteráceas, que presenta capítulos pedunculados, receptáculos macizos con varias ringleiras de brácteas, lígulas brancas, flósculo amarelo e froito en aquenio. En Galicia está presente a especie M. maritima.
-
PERSOEIRO
Fisiólogo e político italiano. Foi senador e ministro da Instrución Pública (1862), pero dedicou parte da súa vida á investigación científica. Autor do Ensaio sobre os fenómenos eléctricos dos animais (1840), continuou os traballos de Galvani sobre a electricidade nos seres vivos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Debutou en 1969 co filme El Espíritu, de J. Tamariz, se ben non destacou ata que realizou con F. Colomo Tigres de papel (1977) e Qué hace una chica como tú en un sitio como este? (1978). Con Pedro Almodóvar participou en Pepi, Luci, Bom y otras chicas del montón (1980), Qué he hecho yo para merecer esto? (1984), La ley del deseo (1987) e Mujeres al borde de un ataque de nervios (1988, Premio Goya 1989). Interveu en Ay Carmela! (1990, Premio Goya 1991), Cómo ser mujer y no morir en el intento (1991), La Comunidad (2000, Premio Goya 2001), 800 Balas (2002) e 25 degrés en hiver (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito. Doutorado en Leis en València (1722), exerceu como catedrático nesa universidade (1723). Posteriormente foi bibliotecario (1733-1740) do Palacio Real en Madrid. Estudioso das ciencias humanas en xeral, centrouse en temas literarios e lingüísticos, que plasmou en Vida de Cervantes (1736), Orígenes de la lengua española (1737) e Retórica (1757).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Bater o liño.
-
PERSOEIRO
Político estadounidense. Avogado e senador republicano, desde 1947 foi presidente do comité de actividades anti-estadounidenses, que desenvolveu unha campaña, o maccarthismo, que tivo como consecuencia a súa destitución (1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. As súas obras caracterízanse polos comentarios satíricos sobre o matrimonio, a impotencia da intelectualidade e o rol da muller nas cidades de EE UU. Das súas obras destacan The Company she Keeps (1942), Memories of a Catholic Girhood (1957), Birds of America (1971), a triloxía The Seventeenth Degree (1975) e Cannibals and Missionaires (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista. As súas producións realízanse a través de medios expresivos como a performance, o vídeo, as películas, o debuxo ou a escultura. Nos últimos anos as súas performances experimentaron unha evolución cara a unha maior violencia e desorde.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico inglés. Formou con John Lennon o grupo The Quarrymen, que foi a semente de The Beatles, para o que compuxo numerosos temas. Con este último editou varios discos e fixo varias películas, como Yellow Submarine (1969). En 1970 disolveuse The Beatles e continuou a súa carreira musical coa súa muller Linda Eastman, coa que formou o grupo Wings. Da súa discografía en solitario destacan Tugs of War (1982), Pipes of Peace (1983), All the best! (1987), Paul is live (1993) ou Back in the world (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora estadounidense. En 1940 acadou un grande éxito coa súa primeira novela The Heart is a Lonely Hunter (1940). Tamén publicou Reflections in a Golden Eye (1941), cunha versión cinematográfica de John Houston (1967), e o libro para nenos Sweet as a Pickle, Clean as a Pig (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento cartilaxinoso que forma o primeiro arco visceral que envolve a boca nos vertebrados.
-
-
Administrar medicamentos a alguén.
-
Tomar medicamentos unha persoa sen ser receitados polo médico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Megacariocito inmaturo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula xigante da medula ósea, cun núcleo voluminoso e lobulado, que orixina as plaquetas.
-
GALICIA
Arquitecto. Foi subdirector xeral de Patrimonio Histórico-Artístico, presidente da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico da Cidade e Camiño de Santiago e un dos cofundadores do COAG. Impulsou a arquitectura moderna en Galicia, avanzando cara a formas cada vez máis puras. Realizou o proxecto do edificio Trébol (A Coruña) e o Plan de Protección do Casco Histórico de Betanzos. Recibiu o Premio Galicia de Arquitectura (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pedagogo. Profesor de educación ambiental da Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en Filosofía e Ciencias da Educación. Foi presidente da Sociedade Galega de Educación Ambiental, e publicou, entre outras obras, Novas metodologias em Educação (1995), Habilidades básicas da poboación. Alfabetización funcional en Galicia (1997), Educación Ambiental nos Espacios Naturais Galegos (1999) e Educación Ambiental y desarrollo humano (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘compás’.
-
-
Fabricar mel as abellas.
-
Dulcificar algo con mel.
-
-
GALICIA
Anarquista e topógrafo. En 1877 afiliouse ao Partido Republicano Federal (PRDF), asumindo pouco despois a secretaría da sección viguesa. En 1880 fundou o semanario federalista La Propaganda, que representou o seu paso do federalismo ao anarquismo. En 1881 marchou a Madrid ao ser acusado de inxuriar o marqués de Elduayen, e un ano máis tarde asistiu, representando a Federación Local de Vigo, ao II Congreso da Federación de Trabajadores de la Región Española (FTRE) celebrado en Sevilla. Na súa estancia en Madrid coñeceu o fundador da Revista Social, Juan Serrano Oteiza, quen o animou a estudar topografía. As súas colaboracións na devandita revista fixérono coñecido nos medios libertarios e obreiristas, ben pola súa denuncia do episodio de La Mano Negra en Andalucía, ben polo seu posicionamento anarcocolectivista. En 1884 presentouse a un concurso literario en Vigo co ensaio El problema de la emigración en Galicia, co que gañou o Primer Certamen Socialista de Reus....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e político. Doutor en Dereito, foi deputado por Pontevedra no Parlamento de Galicia por UCD (1981-1985) e Coalición Galega (1985-1989). Foi conselleiro de Economía, Facenda e Comercio e vicepresidente da Xunta de Galicia (1983-1984). Exerceu como presidente do Consello de Administración de ISODEL e FRIGSA e foi director xeral de Política Financeira do goberno central, representante de España ante a OCDE, no FMI e no Banco Mundial. Escribiu Teoría de los ciclos, Non somos inocentes (1990), A Galicia posible (1992), Bieito Bieito (1993), Coa palleta distraída (1994), A falacia do economicismo (1994), Luces de Fisterra (1994) e Sorte do paxariño (2004).
VER O DETALLE DO TERMO