"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
CIDADES
Cidade do departamento de Val-de-Marne, Francia (51.264 h [1999]). Pertence á área suburbana do L de París, no distrito de Sceaux, dous quilómetros ao N de Bois de Vincennes. Trátase dunha área industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. Contribuíu a estender a doutrina filosófica racionalista. Escribiu Description de l’Empire de la Poésie (1678), Discours sur l´Églogue (1687) e Digression sur les Anciens et les Modernes (1687). Foi nomeado membro da Academia Francesa (1691) e ingresou na Academia de Ciencias en 1697.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aplícase ao motor movible, situado nunha barca ou nunha embarcación deportiva, que xeralmente vai fixado ao coroamento ou ao espello de popa, aínda que tamén pode ir arrimado a un dos costados.
-
Embarcación provista dun motor foraborda, xeralmente pequena e lixeira, empregada especialmente en competicións deportivas.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada na localidade de Bonxe a partir de maio de 1991. Subtitulouse “Boletín de opinión e información” e pertencía ao colectivo de funcionarios da prisión desta vila luguesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Ingresou na Academia Militar de Zaragoza (1953) e acadou o grao de tenente de artillería en 1957, ascendeu a capitán en 1966 e licenciouse en Filosofía e Letras (1969). Membro da Unión Militar Democrática (UMD), foi detido xunto con outros compañeiros (29.7.1975) e condenado a catro anos de prisión pola súa militancia. Foi indultado ao ano seguinte e dirixiu a revista infantil Vagalume (1976-1978). Concelleiro en Pontevedra (1979-1983), en 1998 foi nomeado subdirector da UIMP en Galicia. Colaborou en diversas publicacións como Teima e Historia 16. Das súas obras destacan: Qué son las Fuerzas Armadas? (1977) en colaboración con Restituto Valero, Proceso a nueve militares demócratas: las Fuerzas Armadas y la UMD (1983), xunto con Luís Otero, Historia de la ciudad de Pontevedra (1993) e Galicia e o mar (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador e coreógrafo estadounidense. En 1948 debutou como bailarín de teatro e cinco anos despois no cine. Participou en diversas películas como Kiss Me, Kate (Bícame, Kate, 1953) ou My Sister Eileen (A miña irmá Eileen, 1955). Continuou facendo musicais en Broadway, ata que en 1969 dirixiu a súa primeira obra cinematográfica, Sweet Charity (Noites da cidade), e á que seguiron outras como Cabaret (1972), pola que gañou varios Oscar, All That Jazz (Comeza o espectáculo, 1979) ou Star 80 (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen padece fotofobia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fotomultiplicador.
-
PERSOEIRO
Hispanista francés. Fundou e dirixiu a revista científica Revue hispanique (1894-1933), onde publicou a maioría dos seus traballos orientados cara á edición de textos, a busca de fontes e os estudios bibliográficos. Destacan as súas obras Bibliographie des voyages en Espagne et en Portugal (1896), Bibliographie de Jacinto Verdaguer (1912), a reedición da versión francesa da Disputa de l’ase (1911), de Anselm Turmeda, e Manuel de l’hispanisant (1920-1925), en colaboración con Lucien Barrau-Dihigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Froito do framboeseiro, de cor vermella, semellante á amora, de sabor doce e un pouco ácido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto con espiñas, semellante ás roseiras, que dá os froitos chamados framboesas.
-
CABOS
Cabo da costa SO de Cuba, na provincia de Pinar del Río, punto occidental que limita a baía de Cortés e o golfo de Batabanó.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso, primeiro marqués de Llombai e duque de Gandía, fillo de Xoán de Borja e Enríquez e de Xoana de Aragón. Foi nomeado lugartenente de Catalunya (1539) e, en Barcelona, coñeceu os primeiros xesuítas. Morto o seu pai (1542), herdou o ducado de Gandía. Instalado nesta cidade, fundou o primeiro colexio de xesuítas do mundo. Doutorado en Teoloxía en Gandía (1550), marchou a Roma. Prepósito xeneral dos xesuítas (1565-1572), creou numerosos colexios en Europa e iniciou as misións de Florida, Perú e México. O papa nomeuno cardeal pero non aceptou. Foi beatificado por Urbano VIII en 1624 e canonizado por Inocencio X en 1671. Na iconografía viste co hábito dos xesuítas e leva, como atributos, o capelo de cardeal ou a coroa ducal no chan, amais dunha custodia e un cranio. A súa festividade celébrase o 3 de outubro (antes da reforma do calendario litúrxico, o 10 de outubro).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Doutor en Arquitectura, especializouse en urbanismo. Foi profesor na Escola Superior de Arquitectura da Coruña e administrador único de Arqdis, SL. Colaborador do Boletín Académico da ETSA da Coruña, Obradoiro e Revista da Comisión Galega do V Centenario, escribiu Los orígenes de Compostela (1987), Fragmentos renacentistas (1997) e Voces de la ciudad (1998). Foi finalista do Premio de Periodismo Arquitectónico e do Premio Planeta 1993.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Catedrático da Escola Superior de Arquitectura da Coruña, da que foi director (1975-1986). Doutor en Arquitectura, especializouse en urbanismo e restauración de monumentos. Entre as súas obras destacan o Casino da Coruña (1982), o edificio de servicios múltiples da Radio Televisión de Galicia (1990) e o pavillón de Galicia na Exposición Universal de Sevilla (1992). Colaborador no Boletín Académico da ETSA da Coruña, Abrente e Obradoiro, foi autor de As catedrais de Galicia: descrición gráfica (1999) e A Arquitectura do Camiño de Santiago: descrición gráfica do Camiño Francés en Galicia (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Reserva de flotabilidade dunha embarcación, determinada pola liña de máxima carga fixada por algunha das entidades oficiais aseguradoras. O francobordo é un elemento de seguridade para a flotabilidade e a defensa contra o mar posto que evita que entre auga na nave cando escora. Obtense por medio da distancia que queda entre o nivel de auga e a parte superior da cuberta principal, no centro da eslora. O francobordo diminúe inversamente o calado da nave se a carga desta aumenta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Amt de Dinamarca, ao NO da illa de Sjaelland (1.347 km2; 365.306 h [2000]). A cidade principal é Hillerød (36.453 h [2000]). O castelo que lle dá nome, construído entre 1602 e 1625, é museo de historia nacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Pontevedra a partir de abril de 1993. Exerceu como voceiro informativo da devandita entidade e contaba co apoio da Consellería de Cultura. No seu consello editorial figuraban Guillermo Campos, Xosé Mª García, Ramón Latas e Xosé Castro, quen se encargaba da coordinación e deseño. Ademais de datos culturais, centraba os seus artigos en aspectos biográficos do político ourensán.
-
-
Denominación popular que recibe o dedo índice.
-
Que ou quen se inmisce nos asuntos dos demais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cómic editado en Cangas a partir de 1980 por alumnos do colexio público Castrillón-Coiro. Coordinado por Lauro Xosé Pedreira, contiña ao longo das súas vinte páxinas debuxos e cómics orixinais dos rapaces que colaboraban na revista. Esta edición foi posterior á participación dalgúns dos colaboradores no Concurso de cómics O Facho, celebrado en 1980.