"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Guarda a partir de 1985 como voceira do grupo de arqueoloxía Alfredo García Alén. Dirixida por Ramón Patiño, no seu consello asesor participaron algúns dos máis destacados investigadores de Galicia no campo da arqueoloxía, a prehistoria, a historia e a antropoloxía. Incluíu diferentes artigos sobre escavacións, sondaxes estratigráficas, prospeccións arqueolóxicas e notas etnográficas, acompañadas de debuxos, mapas, fotografías e abundante bibliografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela situada en Pontevedra. Localízase no barrio de San Roque, que se corresponde coa Moureira de Abaixo, relacionado co barrio da Moureira, onde residía o Gremio de Mareantes. O primitivo templo erixiuse nas Corbaceiras, preto do porto, para protexer a cidade dos efectos mortais dos barcos infectados de peste, pois san Roque está considerado como o avogado contra a peste. En 1861 a capela trasladouse á súa actual localización. Ten planta cadrada con nave única. Destaca a torre campanario situada na portada principal e unha imaxe de san Roque situada nun lateral exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Coñecido como Molière, dedicouse ao teatro en compañías ambulantes e fundou o Illustre Théâtre coa familia Béjart. En 1656 representou a súa primeira obra orixinal, Les precieuses ridiculez, que facía unha pintura satírica dos salóns preciosistas. Entre 1656 e 1669 fixo representar as súas comedias máis sólidas, en que a comicidade queda reducida, sobre todo, a un papel formal, e nas que predominan as ideas do moralista: L’école des femmes (1662); a primeira versión de Tartuffe (1664), en tres actos, foi inmediatamente prohibida; ao ano seguinte, tratou dun tema afín e de moda, Don Juan ou le festin de Pierre, que tivo que renunciar a representar, a causa das presións exercidas sobre os seus protectores. O desengano e o sentimento de fracaso e de impotencia fixérono escribir farsas máis lixeiras, como Le misanthrope e Le médecin malgré lui (1666). O estilo cambiou en L’avare (1668), en que o vicio denunciado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade que se caracteriza pola hipertrofia da capa córnea arredor dos poros sudoríparos, seguida dunha atrofia secundaria da pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Introduce unha oración subordinada que indica o motivo ou a causa da oración principal.

    2. Expresa a finalidade con que se realiza algo.

    3. Expresa oposición entre dúas oracións, que non impide a realización da acción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Causa ou motivo de que ocorra algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar onde se crían ou gardan os porcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Allariz e Requeixo de Valverde (Allariz). O seu cumio acada os 726 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Porqueira, onde está a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Ourense que abrangue 15 parroquias -12 matrices e 3 anexas-, pertencentes aos concellos da Porqueira e Calvos de Randín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca da Limia, situado ao S da Comunidade Autónoma de Galicia e da provincia de Ourense, a 42° de latitude N e 7° 50’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Rairiz de Veiga (comarca da Limia), ao L con Xinzo de Limia e Os Blancos (comarca da Limia), ao S co de Calvos de Randín (comarca da Limia) e ao O cos concellos de Bande e Muíños (comarca de Baixa Limia). Abrangue unha superficie de 43,3 km 2 , en que acolle unha poboación de 1.136 h (2007) distribuída nas parroquias de Paradela de Abeleda, Porqueira, Sabucedo, San Lourenzo de Abeleda, San Martiño de Porqueira e Sobreganade. A súa capital é Forxa, que se sitúa a 52 km ao S da cidade de Ourense e a 171 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Xinzo de Limia.
    Xeografía física
    Localizado ao S de Galicia, sitúase encaixado na vertente meridional do val do río Limia, e marca un ascenso altitudinal de N-S desde o Limia ata o inicio dos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo NL da parroquia de San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.400 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Porqueira. O primeiro documento en que se menciona o mosteiro é de 1054, coa denominación de mosteiro de Porcaria. Noutro documento de 1074 faise referencia ao mosteiro de Porcaria baixo a advocación de Santiago Apóstolo. De carácter familiar e hereditario, en 1127 o seu dono, Fernando Núñez, vendeu parte do mesmo ao bispo de Ourense que estaba baixo a advocación de santa María. A mediados do s XII foi rexentado pola orde dos Cóengos Regulares de Santo Agostiño e a mediados do s XIV pola orde de San Xerome. O seu prior titulábase abade de San Lourenzo, señor de Guía e Cartelas e señor xurisdicional de Forxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no O da parroquia de Xián (Taboada). O seu cumio acada os 567 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Porqueira. Construída no s XVIII en estilo barroco, era unha igrexa de padroado real. Conta cunha soa nave con cruceiro, e con tres capelas, e presbiterio, todo cuberto con bóveda de canón. No seu interior destacan o retablo maior e os colaterais, obras rococó datadas en 1798. A parede da cabeceira, que non encheu o retablo, cubriuse a finais do s XVIII con pinturas murais neoclásicas que representan grandes columnas de fuste liso para dar a sensación dunha arquitectura que sostiña o taboado sobre o que se continuaría o retablo con cinco fornelas coa representación de san Martiño e dos catro doutores da Igrexa. A fachada ten catro falsas faixas, porta arquitrabada e unha espadana de dous ocos e grandes molduras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga fortaleza situada en Porqueira, construída na aresta do val pois tiña a función de impedir a penetración desde Portugal polo Limia. Coñécese tamén co nome de torre da Forxa ou torre de Firveda. Consérvase a torre da homenaxe ou torre forte, construída no s XI ou XII, de planta cadrada e realizada en cantaría. A entrada estaba situada máis alta que o terreo por motivos de defensa e o seu acceso ten unha escaleira de pedra. A porta dá paso a unha escaleira interior. Destaca a porta con arco oxival e as ménsulas decoradas. En 1387 ocupouna o duque de Lancaster durante a guerra entre Pedro I e Enrique de Trastámara e no s XV foi escenario das Guerras Irmandiñas, cando pertencía aos Benavente. Foi abandonada ao longo da Idade Moderna. Foi declarada BIC en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no NL da parroquia de Pereira (Forcarei). O seu cumio acada os 842 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no SO da parroquia de Veigas de Camba (Vilariño de Conso). O seu cumio acada os 1.000 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Vilafiz (O Páramo) e San Miguel de Vilapedre (Sarria). O seu cumio acada os 542 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que coida ou cría porcos.

    2. Persoa que comercia con porcos.

    VER O DETALLE DO TERMO