"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aversión aos homes, ao sexo masculino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canle navegable de Alemaña, de 323 km de longo. Vai en dirección O-L, desde a canle de Dortmund-Ems, en Bevergen, ata o Elba, ao N de Magdeburg.
-
PERSOEIRO
Político francés. Doutor en Dereito, formou parte, entre 1947 e 1957, de diversos gobernos da Cuarta República e, ao se constituír o renovado Parti Socialiste (1971), pasou a ser o secretario xeral. En 1981 acadou o cargo de presidente da república, co apoio do conxunto da esquerda. Aplicou un programa de corte social, que foi en parte revisado en 1983 a raíz da crecente inflación, pero, coa introdución de medidas de austeridade, perdeu o apoio comunista. A derrota socialista nas eleccións lexislativas de 1986 obrigouno a gobernar cunha Assemblée Nationale dominada pola oposición. Reelixido nas presidenciais de 1988, mantivo o cargo ata 1995, en que foi sucedido por Jacques Chirac.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo. Realizou estudos de Veterinaria, Dereito e Maxisterio. Exerceu a docencia en diversas escolas e colaborou en diversos periódicos, ademais de estar vinculado á vida cultural galega do seu tempo. Rexeitou un ensino sumido na rutina e en locais incorrectamente acondicionados e avogou polo traballo manual como técnica pedagóxica. Da súa produción destacan La escuela primaria es libre. La escuela oficial obligatoria atenta a un derecho inalienable y a un deber sagrado del padre de familia, Santiago y Padrón e El trabajo manual educativo: Medios para implantarlo de un modo eficaz en las escuelas de primera enseñanza (1907), ademais dalgunhas composicións poéticas como o romance “O mayo” ou poema relixioso “A cruz de mayo” (1932). Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Recibiu a Medalla de Afonso XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático e astrónomo alemán. A súa obra Der barycentrische Calcül (1827) foi fundamental para o desenvolvemento da xeometría proxectiva. Estudou as transformacións circulares sobre o plano (1855) e deu o primeiro exemplo de superficie unilateral coa banda ou cinta de Möbius.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Superficie non orientada, é dicir, que ten unha soa cara. Foi ideada por A. F. Moübius, que a construíu tomando unha cinta plana, torcendo 180° un dos extremos e xuntándoo, seguidamente, co outro extremo. OBS: Tamén se denomina cinta de Möbius.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Andrzej Frycz Modrzewski.
-
PERSOEIRO
Escritor polaco. Coñecido co nome latinizado de Andreas Fricius Modrevius, posuíu diversos cargos diplomáticos. Das súas obras, ademais de diversos tratados teolóxicos, destacan Lascius, sive de poena homicidii (1546) e Commentatorium de Republica emendanda libre quinque (1551).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que designa o modo de actuar de alguén.
-
PERSOEIRO
Químico. Estudou no Museo de Historia Natural e na Escola de Farmacia de París. Foi profesor de Toxicoloxía, Química Inorgánica e Farmacia. Conseguiu illar o flúor mediante electrólise e en 1892, inventou un forno eléctrico, o forno de Moissan, que permite fundir óxidos metálicos e que fixo progresar extraordinariamente á industria siderúrxica. Con este forno descubriu o punto de ebulición dos metais coñecidos e como actúan as aliaxes a altas temperaturas. En 1906 recibiu o Premio Nobel de Química, por ambos os dous descubrimentos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Figura destacada do cine sueco, mantivo un nivel de creación independente e foi o punto de contacto dos grandes directores do cine mudo con Alf Sjöberg e Ingmar Bergman. Da súa filmografía destacan Mälarpirater (Os piratas de Mälaren, 1923), Intermezzo (1936), En kvinnas ansikte (Sen cara, 1938, premiada en Venecia) e Trots (O desafío, 1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e enxeñeiro. Presidiu a Cámara Oficial de la Propiedad da Coruña (1936-1943) e foi nomeado alcalde da cidade entre 1947 e 1958, onde realizou importantes investimentos como a pavimentación das rúas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xurista, pai de Alexandre Mon Landa. Militou no Partido Conservador, e foi alcalde da cidade de Pontevedra (1879-1890) e deputado provincial. Foi elixido deputado a Cortes pola Cañiza durante oito lexislaturas (1891-1896 e 1896-1910).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e filósofo, fillo de Alexandre Mon Landa. Foi deputado a Cortes pola Cañiza ininterrompidamente durante sete lexislaturas (1910-1923) e fundou o Partido Agrario Galego. Escribiu Estudio de los foros en Galicia (1910).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi ministro de Facenda nos gobernos do conde de Ofalia (1837-1838), de Narváez Campos (1844-1846), Istúriz Montero (1846-1847) e, de novo, Narváez Campos (1848-1849). Posteriormente, foi xefe de goberno dun gabinete da Unión Liberal (febreiro-setembro 1864). Realizou a reforma tributaria de 1845, que consistía nun sistema ecléctico de impostos directos e indirectos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, escritor e crítico da arte. Foi editor das revistas La Gazeta del Arte e Bellas Artes e traballou nos xornais El Ideal Gallego, El País e La Voz de Galicia. Publicou La pintura actual en Galicia (1962), Carlos Maside (1972), O compromiso humán de Castelao a traveso do seu arte (1976), Nove poemas dibuxados (1978), Pintura contemporánea en Galicia (1987) ou De arte polémico (1990). Membro da Real Academia Galega e da Asociación Internacional de Críticos de Arte, recibiu a Gran Cruz de Alfonso X el Sabio (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alejandro Pidal Mon.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten un só estame.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que posúe un só mando para poñer en funcionamento diferentes aparatos ou dispositivos.
-
PERSOEIRO
Compositor francés. Destacou pola súa facilidade melódica e a intuición teatral, e foi un dos creadores da ópera cómica francesa. É o autor de Le cadi dupé (1761), Le roi et le fermier (1762) e Le déserteur (1769).
VER O DETALLE DO TERMO