"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Método radiográfico en que se aprecian as vibracións larínxeas, bucais e nasais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato fonético, inventado por K. Ludwig en 1847, que recolle e fixa experimentalmente as vibracións sonoras da fala inscritas sobre unha superficie plana, e que en 1863 perfeccionou H. von Helmholtz e, a principios do s XX, Jean-Pierre Rousselot.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación gráfica da fala en que se poden apreciar e analizar as vibracións larínxeas, bucais e nasais das emisións lingüísticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Matemática. Catedrática de Matemática Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela, pertence ao consello científico do Instituto de Matemáticas desa universidade. É autora de Introdución a MATLAB y sus aplicaciones: una guía sencilla para aprender MATLAB de forma natural, progresiva y práctica (1997), Métodos matemáticos en mecánica de sólidos (1999), Ecuaciones diferenciales (2000) e Métodos numéricos en ingeniería (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dor da gota que afecta ás mans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na Pobra de San Xiao (Láncara). Está composta por diferentes volumes, cun corpo principal, unha torre, de planta cadrada, e dependencias anexas que lle dan o aspecto de fortaleza. Os muros son de cantaría granítica e a cuberta de lousa. Conta cun patio interior en forma de T. Na fachada principal destaca a porta arquitrabada e dous escudos de armas vinculados cos Quiroga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao quirógrafo ou que está acreditado por el.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao documento que está escrito a man ou que leva unha sinatura autógrafa.

      1. Documento autógrafo en que o debedor recoñece unha obriga concreta, e co que o acredor pode probar o seu crédito.

      2. Documento privado asinado polos contraentes, onde consta a celebración dun negocio xurídico.

    2. Documento medieval en que hai escrito dúas ou máis veces un mesmo texto para obter duplicados.

    3. Acta dun consistorio asinada polo papa, correspondente á bula consistorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Rabaleira pequena e Rabaleira grande son dúas praias de apenas un metro de anchura, poco utilizadas para o baño.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 50 metros ANCHURA MEDIA: 1 metros GRAO OCUPACIÓN: Baixo GRAO URBANIZACIÓN: Semiurbana PASEO MARÍTIMO: Non
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Augas tranquilas ZONA DE FONDEO: Non NUDISTA: Non
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Non BANDEIRA AZUL: Non
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital de Montecelo DIRECCIÓN: Praza de Montecelo, s/n. Pontevedra TELÉFONO:...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, enxeñeiro e economista. Publicou diversos ensaios como Del paro al ocio (1984), La Mediterrània i els bàrbars del Nord (1985), Art i ciència (1987), Oriente y Occidente. Filosofía material y dilemas occidentales (1994) e Memorias de Califòrnia (1988); as novelas Cercamón (1982, Premi Prudenci Bertrana 1981), Raimon o el seny fantàstic (1985) e La forja de l’exili (1985); a escolma de relatos Els àngels quàntics (1986) e La sonrisa de la Gioconda (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da física do estado sólido que estuda a estrutura cristalina dos corpos sólidos, e que emprega técnicas de difracción de radiacións electromagnéticas (raios X) ou técnicas de difracción de partículas (electróns e neutróns). Foi usada por primeira vez por M. von Laue en 1912.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de análise cualitativa e cuantitativa baseado na cromatografía sobre papel. A sensibilidade de detección foi aumentada pola utilización de substancias marcadas (marcaxe radioactiva) ou pola irradiación do papel con neutróns. Empregouna M. Calvin no estudo da fotosíntese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer unha radiografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Técnica que consiste en someter un corpo ou un obxecto que se quere examinar á acción dos raios X, co fin de obter unha imaxe súa sobre unha emulsión sensible a esta radiación. O seu fundamento é a análise da absorción diferencial dos raios X experimentada polos diversos compoñentes do obxecto estudado. A radiografía ten moitas utilidades, especialmente en medicina e tecnoloxía. A radiografía médica ou radioloxía permite estudar o interior do corpo. Para poder mellorar o contraste entre os órganos utilízanse substancias de contraste, como o sulfato de bario, que se emprega na observación do tubo dixestivo, ou como algúns preparados de iodo, que se usan na observación do aparato urinario. En radiografía industrial emprégase para determinar as variacións de composición química ou os defectos internos dos materiais, detectar a falta de uniformidade das superficies, a calidades das soldaduras ou dos axustes, observar oclusións gasosas, porosidades ou inclusións de...

      2. Imaxe que se obtén mediante a radiografía.

    1. Descrición feita con rigor e profundidade dunha situación ou dun feito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á radiografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Imaxe que se obtén mediante a radiografía.

    2. radiotelegrama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que consiste nun gramófono acoplado a un receptor de radio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proba non destrutiva con raios X para detectar defectos internos das pezas metálicas. É a radiografía aplicada ás pezas metálicas e permite rexistrar nunha película sensible os defectos delas en función da absorción anómala dos raios X polo metal da peza. Para as pezas pesadas ou de formas complicadas emprégase especialmente a gammagrafía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transmitir un radiotelegrama mediante o emprego de ondas electromagnéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de comunicación telegráfica entre dous ou máis lugares mediante unha transmisión con ondas radioeléctricas.

    VER O DETALLE DO TERMO