"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
AFLUENTES
Afluente pola esquerda do río Limia que nace na parroquia de Couso de Salas e desemboca na de Muíños, no concello homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Muíños. Ten planta rectangular con presbiterio a maior altura. As portas de acceso son de medio punto e a principal está formada por grandes doelas. No seu interior destaca o sagrario coas virtudes teologais e as imaxes de santo André, san Brais, santo Antón e a Inmaculada. No exterior destaca unha baqueta que percorre toda a fachada. A espadana ten un corpo de arcos e frontón.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Girona, Catalunya (3.675 h [2001]). Destacan os cultivos de cereais, oliveiras e hortalizas que se localizan na chaira de Banyoles. Ten importancia a gandaría bovina e porcina, as telleiras e os pequenos talleres metalúrxicos e de mobles.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cavidade con rosca que entra nun parafuso.
-
Parte sobre a que xira o rodicio do muíño.
-
-
GALICIA
Médico. Foi profesor da facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, médico no Hospital Provincial da Coruña e do Hospital Clínico Universitario de Santiago, e xefe clínico de cirurxía xeral do Hospital Xeral de Galicia. Escribiu El bocio en Galicia (1983). Recibiu o Premio Extraordinario da Academia de Medicina de Galicia (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Puerto Rico ou aos seus habitantes
-
Natural ou habitante de Puerto Rico.
-
Literatura en castelán que se desenvolve en Puerto Rico. Iniciouse cando o movemento romántico se xeneralizou en toda América Latina. Nun principio, Manuel A. Alonso recolleu na súa obra poesía e prosa de cariz popular, mentres que Alejandro Tapia y Rivera refacía a historia en forma de poesía, novela e drama. En toda a segunda metade do s XIX o ensaio tivo moita importancia, especialmente con Eugenio María de Hostos. No cambio de século algúns escritores como M. Zeno Gandía cultivaron unha excelente prosa naturalista crioula, mentres que Evaristo Ribera Chevremont foi o introdutor das novas tendencias do s XX, en especial do ultraísmo. A comezos de século, o poeta máis destacado foi Luis Palés Matos, ademais de F. Matos Paoli, F. Lluch Mora, V. López Suria e J. Emilio Gonzalez. En prosa dominou a temática da terra e a problemática social con E. A. Laguerre. A afirmación contraria ao dominio dos EE UU e a loita pola personalidade histórica da illa e dos seus valores esenciais constitúen...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que significa ‘desde o que’, que se emprega en sentido cronolóxico relativo para indicar que un determinado feito ou fenómeno aconteceu con posterioridade a un termo cronolóxico preciso, por exemplo, unha datación certa. OBS: Tamén se emprega a quo.
-
GALICIA
Médico. Doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, foi decano da facultade de Medicina. Catedrático de Cirurxía e xefe do servizo de Cirurxía Xeral e Dixestivo da mesma facultade e do Hospital Clínico Universitario, presidiu diversas sociedades científico-médicas como a Sociedad Española de Aparato Digestivo, a Asociación de Coloproctología, a Asociación Española de Cirujanos e a Federación de Asociaciones Científicas Médicas Españolas (FACME). É o representante de España na Sección de Cirugía e no European Board of Surgery. Autor ou coautor de numerosas publicacións, é membro de número da Real Academia de Medicina de Galicia. Recibiu, entre outros galardóns, o premio da Fundación Puente Castro, a distinción como Médico del año (1999), outorgado por Edinsa a escala nacional; a Cruz al Mérito Sanitario (2003) e o Premio Novoa Santos (2004), da Asociación de Médicos Gallegos (ASOMEGA).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Calidade de pouco.
-
Timidez á hora de falar ou actuar.
-
-
PERSOEIRO
Mestre. Dirixiu Escuela Moderna de Pontevedra cara a finais do s XIX, centro de ensino de renovación pedagóxica baixo a influencia da ILE, que pretendía o ensino integral, teórico-práctico, baseado na educación moral e relixiosa, física, intelectual e estética. Dirixiu El Grito del Pueblo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político, sobriño de Celestino Poza Cobas. Foi director do diario La Libertad e gobernador civil de Ourense durante a Segunda República. Participou na asemblea de concellos de Galicia (1932) para aprobar a proposta do Estatuto de Autonomía. Defensor do republicanismo, ingresou en Acción Republicana (1933). Foi deputado pola Federación Republicana Gallega (FRG) en 1933.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e pintor suízo. Coñecido como James Pradier, instalouse en Francia e realizou algunhas obras pequenas (Les trois Grâces) pero decantouse pola escultura monumental, da que destacan as Douze Vitoires da sepultura de Napoleón I Bonaparte, a decoración do tímpano do Arc de Triomphe de l’Étoile e as estatuas de Strasbourg e Lille da Place de la Concorde, en París.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de san Sebastián.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formouse na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela. A súa obra enmárcase no informalismo abstracto. Empregou preferentemente cores escuras e combinou diferentes materiais, técnicas e soportes para insinuar formas e paisaxes. Destacan Les soirs, quand neme (1989), Idus de marzo (1991), Monumento (1994) e Siena (2001). Participou, entre outras, na Mostra Unión Fenosa e ARCO.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Baños de Molgas baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. Participou entre os anos 1926-1930 no movemento surrealista, xunto a L. Aragon, A. Breton, R. Desnos e Y. Tanguy, pero deixouno para ter experiencias relacionadas co cine e a poesía. Símbolo dunha época, a súa obra poética, recollida en Paroles (1949), Spectacle (1949), La pluie et le beau temps (1955), Histoires (1963), Choses et autres (1972), a miúdo divulgada en forma de cancións, mestura ironía e lirismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dito ou frase sentenciosos.
-
-
Tecido vexetal compacto, formado por células alongadas, de aspecto fibroso, con paredes celulares grosas e con pouco ou nulo contido celular.
-
Tecido plectenquimático propio dos fungos superiores e dos liques, formado por unha agregación de hifas alongadas, de paredes grosas e de escaso contido celular.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao prosénquima.