"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • Gravado rupestre situado en San Salvador de Poio (Poio). O conxunto fórmano unha serie de combinacións circulares de variada tipoloxía realizadas sobre unha rocha de granito. Destacan as integradas por semicírculos unidos en forma de ril, englobando cazoletas e outros trazos. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político, fillo de Uxío Montero Ríos. Foi deputado (1901-1916), senador (1916-1920), fiscal do Tribunal Supremo (1916) e avogado asesor de Banco de España. Iniciou unha reforma dos tribunais para menores. Escribiu Tribunales para niños (1913) Antecedentes y comentarios a la ley de tribunales para niños (1919) e La Ley de Tribunales para niños en España (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Diplomático e político. Cofundou con Enrique Tierno Galván o Partido Socialista del Interior en 1967, refundado como Partido Socialista Popular en 1974. Foi ministro de Asuntos Exteriores no primeiro goberno de F. González (1982-1985) e xestionou o ingreso de España na CEE. Representante de España na ONU (1985-1987), foi deputado no Parlamento Europeo   en 1987, 1989 e 1994. Foi candidato á alcaldía de Madrid en 1998. Das súas obras destaca
    Revolución y tradición en África

    (1971),
    Una política exterior para España: una alternativa socialista

    (1980),
    España en su sitio

    (1990) e
    Polimpsesto amodo de memoria

    (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e novelista. Escribiu libros de poemas, como Lampes à Arc (1920), pero a novela Lewis et Irène (1924) foi un dos seus éxitos máis notables. Escribiu tamén libros de impresións de viaxes e de recompilacións de crónicas, así como as novelas Ouvert la nuit (1922) e París-Tomboutou (1928), cheas de fina ironía. Foi elixido membro da Académie Française (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Residiu en Cuba, onde se considerou unha das escritoras máis importantes da súa época. Das súas obras destacan Auroras (1925), Plenilunios (1928), Estremecimientos (1930) e Vidas rotas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estivo influenciado por Cézanne, a pintura metafísica, o futurismo e o Valorici Plastici. Pintou naturezas mortas de obxectos familiares, a base de formas puras e uso de cores nítidas. Cultivou tamén a augaforte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leandro Fernández de Moratín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nicolás Fernández de Moratín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. O seu estilo foi ecléctico, pero as súas obras reflicten o seu tempo coa preponderancia do estilo racionalista. En Galicia destacan o edificio da Escola de Mestría (1959) e o da Escola de Maxisterio (1968), ambos os dous en Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e político. Foi ministro de Mariña (1939-1945 e 1951-1957) e comandante do buque-escola Juan Sebastián Elcano. Conspirou contra a República e contribuíu de forma decisiva á toma de Ferrol en 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Holding financeiro estadounidense creado en 1968. En 1959 J. P. Morgan and Co fusionouse co Guaranty Trust Co e constituíuse o Morgan Guaranty Trust Company of New York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Combinou a paisaxe, influído pola escola holandesa do s XVII, e a escena de xénero na maior parte das súas obras, aínda que tamén cultivou o retrato. Destaca Interior of a stable (1791).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Mormentelos (Vilariño de Conso). Ten planta bastante irregular formada por dous rectángulos unidos por un corpo máis baixo cunha galería que foi tapiada. Presenta solaina na parte traseira e unha capela encaixada na fachada principal, que ten unha espadana e un escudo sobre a porta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta polaco. De orixe aristocrática, foi o máximo representante do barroco polaco. Destacou pola preciosidade das súas metáforas e o erotismo agochado das composicións. Escribiu epigramas, sonetos e adiviñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e químico sueco. Fixo importantes investigacións sobre os elementos químicos englobados nas terras raras, e descubriu a existencia dalgún, como o lantano, no ano 1839.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso, fillo de Lope de Moscoso Osorio, conde de Altamira e sobriño do duque de Lerma. Como segundo fillo desta familia nobre, nomeárono cardeal en 1615. Foi bispo de Jaén (1619) e arcebispo de Toledo en 1646. En Santiago de Compostela axudou aos dominicanos a reabrir o Estudio Xeral (1665), para o que doou importantes cantidades, que serviron para construír novas dependencias e a fachada pincipal de San Domingos de Bonaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e escritor, fillo de Tomé María Mosquera García. Foi deputado polo Carballiño en 1886. Publicou diversos poemas no xornal El Heraldo Gallego, entre os que destacan “Anacreóntica al uso”, “El conde Fullero” e “La calabaza”. En 1884 estrenou o monólogo dramático Antes del baile.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor ucraíno. Estudou con Glière en Moscova. Autor de obras para orquestra de estética realista, como Fonderi d’acier (A fundición de aceiro, 1926), compuxo tamén sinfonías, unha comedia musical, a cantata patriótica Minino et Pozharski, o poema sinfónico Ukraine, e música de cámara e vocal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e diplomático. De ascendencia galega, residiu en Santiago de Compostela entre 1924 e 1936. Percorreu diversos países como membro do corpo diplomático e como escritor está adscrito á Xeración de 1922. Da súa obra, próxima ao vangardismo de Manoel Antonio, cómpre salientar Ancla (1923-1925) (1926) e Poemas sincopados (1929), este último con características propias da creación musical e dedicado ao musicólogo Xesús Bal.

    VER O DETALLE DO TERMO