"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de respiración moi profunda e ruidosa, propia dos estados clínicos, que cursa con intensa acidose diabética. Foi descrita polo médico alemán Adolph Kusssmaul (1822-1902).
-
-
Articulación realizada coa participación dos labios.
-
Fenómeno polo que se propaga o carácter labial dun son a outros que forman parte dunha mesma secuencia sintagmática.
-
-
-
Articulación que se realiza coa participación dos labios, o posdorso da lingua e o veo do padal.
-
Propagación do carácter labiovelar dun son a outros que forman parte dunha mesma secuencia sintagmática.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de lacerar.
-
REXIÓNS
Rexión de Italia central, situada no contorno de Roma, que comprende as provincias de Frosinone, Latina, Rieti, Roma e Viterbo (17.207 km2; 4.976.184 h [2001]). A súa capital é Roma. Esténdese entre Toscana e Umbria ao N, Campania ao S, os Apeninos ao L, e o Mar Tirreno ao O. A parte occidental é unha chaira costeira, centrada na Campagna Romana, mentres que a parte oriental é montañosa, cos montes Reatini (Terminilo, 2.213 m altitude) e Simbruini, con relevos calcarios atravesados polo val do Velio. No NO e SL de Roma alíñanse grupos de antigos volcáns (Volsini, Cimino, Sabatini, Albani e Nemi) con algúns lagos. A agricultura desenvólvese nas chairas (Maregma, Campagna Romana e Agro Pontino), con cultivos de trigo, millo, legumes e froita e explotación gandeira nas terras baixas e oliveiras e viñedos nas vertentes (Frascati e Albani). A industria concéntrase en Roma, centro terciario, administrativo e político e primeira área turística de Italia, á que se unen...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de segregar lágrimas.
-
Emisión de líquido a través das feridas das plantas.
-
-
-
Acción de lactar unha cría de mamífero, concretamente, un bebé.
-
Síntese e excreción do leite polas glándulas mamarias das femias dos mamíferos.
-
Alimentación dos mamíferos a partir do leite segregado polas glándulas mamarias das femias. No caso do home recoméndase nos primeiros meses de vida do bebé a lactación materna fronte a outros tipos de alimentación, xa que o leite da nai contén todas as substancias alimenticias necesarias e nas proporcións máis convenientes, e tamén outras substancias (inmunoglobulinas, ferritina ou lisozimas) que melloran a súa defensa contra as infeccións. A lactación materna plenamente voluntaria reforza tamén os lazos afectivos entre a nai e o fillo. As primeiras mamadas só conteñen unha substancia proteica, o costro, que é suficiente para manter as necesidades do neonato durante os dous ou tres primeiros días de vida, despois deste período iníciase a secreción láctea normal. Se se comproba que a nai ten leite, pero non en cantidade suficiente para criar o bebé, cómpre completar a lactancia natural cun suplemento de “leite adaptado”, que é o que ten a composición máis semellante á do leite da nai. Se...
-
Período da vida dos mamíferos onde só se alimentan de leite.
-
-
PERSOEIRO
Escritor latino. Coñecido como Lucio Cecilio Firmiano, exerceu a retórica en Nicodemia. Convertido ao cristianismo, foi preceptor do fillo de Constantino o Grande. Nas súas obras, Divine Institutiones, De ira Dei e De mortibus persecutorum, tentou erixir o cristianismo como sistema filosófico ante a sabedoría pagá.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Ecuacións diferenciais que describen o movemento dun sistema mecánico. Dado un sistema de coordinadas xeralizadas, é dicir, un sistema calquera de coordenadas (q1, q2,....qn) que permite especificar as posicións das partículas do sistema mecánico, as n ecuacións de Lagrange, unha para cada unha das coordenadas xeralizadas, son:
FORMULA
onde L é o lagraxiano, e q .i a velocidade xeralizada, é dicir, a derivada respecto o tempo da coordenada qi. As ecuacións de Lagrange, establecidas xa por Euler e denominadas tamén de Euler-Lagrange, son equivalentes ás ecuacións de Newton.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: lagranxiano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Funcións en O definidas por Ln (x) = e-x/2 Ln (x) onde Ln(x) é un polinomio de Laguerre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de laicizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Defecto de dicción que consiste na pronuncia incorrecta do l, transformándoo nun ll ou na pronuncia do r como un l.
-
-
-
Acción de lamentar ou lamentarse.
-
Conxunto de palabras ou expresións con que alguén se lamenta.
-
-
Cada unha das lecturas da liturxia católica do Libro das Lamentacións, do primeiro nocturno das matinas do venres e o sábado santos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro da Biblia, atribuído tradicionalmente a Xeremías, en que se recompilan cinco elexías sobre a destrución de Xerusalén en 586 a C. Agás a derradeira, cada unha consta de 22 estrofas que comezan por orde alfabética coas letras hebreas.
-
-
Acción e efecto de laminar.
-
Operación de laminar un material plástico en que se modifica a estrutura interna do material orientando a fibra na dirección lonxitudinal da peza, de xeito que a plasticidade e a resistencia mecánica aumenten nesta dirección.
-
Proceso que consiste en pasar unha masa de vidro fundido entre dous cilindros ou rolos para obter cristais planos.
-
laminado.
-
Disposición de elementos detríticos dunha capa e bandas finas paralelas, onduladas ou oblicuas, denominadas láminas.
-
Adelgazamento que sofren algúns estratos xeolóxicos nas rexións que se atopan sometidas a movementos tectónicos.
-
-
GALICIA
Avogado e militar. Foi doutor en dereito pola Universidad de Madrid (1974), ingresou no corpo xurídico da Armada e foi coronel auditor (1966). Foi secretario e vogal do Tribunal de Defensa da Competencia, dirixiu o semanario Litoral (1954-1955) e foi subdirector da Revista General de Marina. Escribiu Vida y viajes de Pedro Sarmiento de Gamboa (1945), Manual de Derecho Penal y Procedimientos Militares (1947) e Mourelle de la Rúa, explorador del Pacífico (1971). Foi membro correspondente da Real Academia Galega e da Real Academia de la Historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Biólogo. Licenciado en Ciencias pola Universidade Complutense de Madrid, en 1972 incorporouse ao Plan de Explotación Marisqueira de Galicia, onde traballou como asesor das confrarías de pescadores e investigador. En 1976 foi nomeado encargado da ría de Pontevedra, cargo en que continuou as súas investigacións sobre moluscos bivalvos. En 1980 foi nomeado director do Centro Experimental de Vilaxoán e en 1981 xefe do departamento de Crustáceos. En 1994 asumiu a delegación territorial en Pontevedra da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Xunta de Galicia e en 1995 tomou posesión como director xeral de Marisqueo e Acuicultura. En decembro de 1997 pasou a ser conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, cargo onde permaneceu ata setembro de 2001, cando presentou a súa dimisión para dirixir o Centro Tecnológico del Mar.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e xornalista. Director de El Escolar (1891) e fundador e director das revistas Pontevedra en Broma e El Impertinente, dirixiu o Diario de Pontevedra á morte do seu pai, Andrés Landín (1910). Foi, ademais, director da Escola Normal de Pontevedra e dirixente do Directorio antiforista de Teis. Publicou a crónica local De mi viejo carnet (1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de lapidar.
-
Forma de execución da pena capital, particularmente no pobo hebreo. A pena executábase fóra da cidade, e as testemuñas do feito delitivo estaban obrigadas a tirar a primeira pedra. Este sistema subsiste nalgunhas sociedades primitivas e na relixión musulmana.
-