"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
PERSOEIRO
Compositor. O seu Traité de l’harmonie (1722) contribuíu a establecer as bases da linguaxe musical moderna. En 1723 marchou a París, onde publicou obras para clavecín e acadou sona como virtuoso do órgano. Compuxo óperas como Hippolyte et Aricie (1733), Castor et Pollux (1737) e as óperas-ballet Les Indes galantes (1735) e Platée (1745). Cando se produciu a Querelle des Bouffons, foi considerado o expoñente da escola musical francesa tradicional. Deixou tamén Pièces de clavecin en concerts (1741) e un gran número de obras teóricas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense, en 1956 converteuse en conselleiro delegado da empresa familiar Ramilo SA. Foi presidente do Sindicato Provincial de la Construción, Vidrio y Cerámica (1966-1970) e da xunta local de Vigo de Acción Social (1969-1970). Alcalde de Vigo (1970-1974), emprendeu o primeiro Plan de Ordenación Urbana da cidade e foi procurador en Cortes en representación dos concellos de Pontevedra (1971-1974). Presidiu a Caixa de Aforros Municipal de Vigo e foi senador por Coalición Popular (1986-1989). Presidente do Consejo Provincial de Empresarios (1974-1976), participou na fundación da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (1976), a Confederación de Empresarios de Pontevedra (1977) e a Confederación de Empresarios de Galicia (1981), da que foi presidente (1991-2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e administrador. Inquisidor en Sevilla e oidor en Granada, en 1524 foi nomeado bispo de Santo Domingo e presidente da audiencia de Nueva España en 1527. Regresou a España e foi bispo de Tui (1538-1540), León (1539-1542) e Cuenca (1542-1547) e presidente da Chacelaría de Valladolid.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do judeţ de Vâlcea, Romanía, situado preto do Olt (118.791 h [1999). A súa economía baséase na industria da madeira e dos produtos químicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre e escritor. Coñecido como Ben-Cho-Shey, foi un creador e investigador multidisciplinar que se ocupou tanto do estudo de temas históricos, sociolingüísticos, etnográficos e arqueolóxicos, como da creación literaria nos xéneros narrativos, lírico e dramático. O seu primeiro escrito foi o conto “Deliraba”, publicado co pseudónimo de Xan Fouciño en O Tío Marcos d’a Portela (1918). En 1921 foi chamado a filas e enviado á Guerra de África, onde se converteu en correspondente de La Zarpa, comezando a empregar o pseudónimo de Ben-Cho-Shey. Estes artigos recolleunos anos despois en Crónicas de Marruecos (1985). En 1923 obtivo o título de mestre nacional na Escuela Superior de Magisterio de Madrid e dous anos despois comezou a súa actividade como docente, primeiro en Cariño e logo en...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre, pai de Xosé Ramón Fernández-Oxea. Exerceu a docencia na Escola Normal e creou e dirixiu en Ourense o colexio San Xosé de Calasanz. Ademais participou na constitución da Asociación Provincial do Maxisterio de Ensino Primario e fundou e dirixiu Boletín del Magisterio. Presidiu a Sociedad Artística Orensana e foi secretario do Orfeón Unión Orensana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Frautista. Iniciou a súa carreira como solista en 1945. En París, xunto co Quinteto de Vento, formou o Conxunto Barroco de París. Conseguiu en varias ocasións o Grand Prix du Disque e outros moitos premios. Escribiu La flûte (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. Discípulo de Hyacinthe Rigaud, desde 1724 traballou como pintor de cámara de Filipe V e achegou o tipo de retrato artificioso francés, dos que destacan Felipe V a caballo, Isabel de Parma, El infante Carlos e La infanta María Anna Victoria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Monxe, fillo dun secretario de María de Medici. Afillado do cardeal Richelieu, foi un neno precoz, abade comendatario de cinco abadías e presbítero, e experimentou unha conversión radical despois dunha mocidade disipada. Viviu cos oradores e logo profesou a vida cisterciense en Notre-Dame de La Trappe, de onde pasou a ser abade efectivo, e iniciou a reforma do Císter da máis estrita observancia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
arrandear.
-
-
Andar con dificultade a causa da fatiga ou dunha eiva física.
-
Funcionar mal unha máquina.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Usar astucias para conseguir algo.
-
-
Pór menos densa unha cousa.
-
Facerse menos frecuente unha cousa.
-
Ser ou facerse anormal unha cousa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘pagar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
rastrexador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
rastrexar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao animal que caza ben ratos.
-
-
Cazar ratos un animal.
-
Roubar cousas de pouco valor e disimuladamente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Distribuír unha cousa proporcionadamente.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro francés. Foi profesor na escola de minas de Saint-Étienne (1887-1897) e de París (1901-1908). Fixo investigacións importantes sobre ventiladores, bombas, compresores e turbinas. Perfeccionou a turbina de gas e ideou un tipo de turbocompresor.
VER O DETALLE DO TERMO