"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo. A súa obra, crítica e renovadora, intégrase entre o naturalismo e o expresionismo. Da súa produción destacan Telarañas (1955), El tintero (1961) e Tragicomedia del Serenísimo Príncipe don Carlos (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. Iniciou a súa carreira na compañía do Teatro Nacional María Guerrero. Posteriormente entrou no mundo cinematográfico con Frente de Madrid (1939) e Sin novedad en el Alcázar (1939), e protagonizou El sobrino de don Buffalo Bill (1944) e El señor Esteve (1948). A partir de 1950 volveu ao teatro e só participou nalgunhas producións esporádicas, como Zalacaín, el aventurero (1954), Historias de la televisión (1965) e El gran secreto (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Produtor e crítico de cine. Fundador da empresa cinematográfica UNINCI, traballou na produción dalgúns dos filmes máis destacados da década de 1950 en España, como Bienvenido Mr. Marshall (1952), de J. L. García Berlanga, ou Viridiana (1961), de L. Buñuel. Posteriormente, foi director da Filmoteca da Generalitat de València e colaborou nas revistas Cahiers du Cinema e Fotogramas. Escribiu El trayecto (1983) e recibiu a Medalla de Oro de las Bellas Artes (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Musicólogo, crítico da arte e crítico literario, cultivou a poesía, a novela curta, o conto e a tradución de poetas anglosaxóns como M. Wilson e R. Eberhart. Da súa extensa obra destacan os libros de poesía Un día más o menos (1963, Premio Ciutat de Barcelona), Este claro silencio (1970, Premio Nacional de Poesía), Del tiempo y soledad (1978, Premio Francisco de Quevedo) e La bufanda amarilla (1985), a novela curta Cartas a Tobby (1972) e o libro de contos El mar sigue esperando (1982, Premio Nacional de Literatura Infantil). É membro correspondente da Academia Venezolana de la Lengua (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas perennes, da familia das liliáceas, que se caracterizan por presentar o bulbo e as follas basais, flores dispostas en acios terminais e de cor variada, e froitos de tipo cápsula. En Galicia está presente na zona máis mediterránea a especie M. comosum, que florece entre abril e xullo e ten flores de cor violácea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide perigoso que se pode atopar en fungos como a Amanita muscaria. Produce intoxicación aguda e grave, atacando o sistema nervioso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de arte contemporánea fundado en 1970 polo Laboratorio de Formas do grupo Sargadelos e situado en Osedo (Sada). Naceu para acoller a colección de plástica galega da década de 1930 doada polos membros fundadores do Laboratorio de Formas e dedicouse ao pintor Carlos Maside. En 1974 creouse o padroado do museo e en 1985 ampliou a súa colección para acoller a obra de artistas galegos contemporáneos e adoptou o nome actual.
-
PERSOEIRO
Di-rector de orquestra italiano. Formado no Conservatorio de San Pietro de Majella e no de Milán, en 1973 foi elixido director da Philharmonia Orchestra de Londres. De 1980 a 1992 foi o principal director da Philadelphia Orchestra, e desde 1986 ocupouse tamén da dirección musical do Teatro alla Scala de Milán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
nácara.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sustancia dura, branca e brillante, con reflexos iridescentes, que unha vez cristalizada forma a capa interior de certas cunchas. Emprégase para a fabricación de botóns ou en marquetaría e en forma de lentes para moldear instrumentos de música, armas e outros utensilios.
-
-
de nacarar.
-
Que ten as iridescencias da nácara.
-
Que está ornamentado con nácara.
-
-
-
Dar a algo o aspecto ou a cor da nácara.
-
Cubrir algo de nácara.
-
-
-
Namorar dun xeito superficial ou por pouco tempo.
-
Namorarse dun xeito superficial ou por pouco tempo.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado ao SO de Móstoles e delimitado por Castela-A Mancha (14.823 h [2001]). Está situado nunha zona agrícola, pero a súa economía susténtase tamén nas industrias alimentarias e do papel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘teta’.
-
PERSOEIRO
Matemático alemán, fillo de Franz E. Neumann. Traballou sobre todo na procura de solucións a problemas de física matemática, como o problema de Dirichlet, e na teoría dos potenciais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor maligno de tipo pigmentario que aparece na pel e se orixina a partir dun nevo que dexenera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caer a neve en folerpas miúdas que xeralmente van acompañadas de chuvia e vento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
nevariscar.