"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
al de Alemaña, preto de Düsseldorf, onde se descubriron os restos do home de Neanderthal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome común que reciben os homínidos da especie Homo neanderthalensis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao home de Neanderthal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten características semellantes ás do home de Neanderthal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución neerlandesa, creada en 1970, que se dedica ao estudo da demografía. É innovadora na aplicación dos modelos de estudo da nupcialidade, na formación de novos fogares, na prospectiva e nas migracións.
-
-
Relativo ou pertencente aos Países Baixos e a Holanda (desde 1814), aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante dos Países Baixos ou de Holanda (desde 1814).
-
Lingua xermánica do subgrupo occidental do phylum indoeuropeo que procede do baixo francés. Fálase nos Países Baixos na parte setentrional de Bélxica e no NO de Francia (Flandres francés). As diferenzas dialectais están máis acentuadas en Bélxica ca nos Países Baixos, onde a expansión do neerlandés cara ao L e cara ao N se sobrepuxo ao resto de dialectos saxóns e influíu no frisón. A parte setentrional de Bélxica mostra diferenzas máis marcadas entre os dialectos flamengos falados en Flandres Occidental, Limburgo e Brabante. Na República Sudafricana implantouse unha forma de neerlandés, procedente da colonización dos holandeses e dos bóers, o afrikaans.
-
Arte que se desenvolveu no territorio dos Países Baixos. Os primeiros edificios de interese foron os construídos polos monxes beneditinos, como a abadía de Egmont (889). No románico, a arquitectura caracterizouse pola sobriedade e o emprego do ladrillo como material básico de construción, como nas igrexas de San Xervasio e Santa María de Maastricht. En pintura destacou o Evanxeliario de Egmont (s IX). Despois da etapa cisterciense, da que destacan as igrexas de Roermond e Rolduc, introduciuse o estilo gótico baixo a influencia francesa. A simplificación de estruturas e de elementos decorativos deu lugar ás igrexas de planta basilical con deambulatorio en Amsterdam, Delft, Deventer, Dordrecht, Hulst e Nimega. No s XV foi a miúdo substituído polo tipo de templo hallenkirche e edificáronse igrexas con cuberta de madeira e altas torres como a de Edam, Hoorn e Haarlem. En arquitectura civil construíronse palacios municipais en Gouda e Middelburg, así como recintos amurallados...
-
Arte cinematográfica que se desenvolveu nos Países Baixos. A produción holandesa destacou principalmente no documental, co que G. Rutten foi premiado en Venecia con Dood water (1934) e Bert Haanstra destacou con Spiegel van Holland (1950). W. Staud adaptou unha obra holandesa en Ciske de rat (1955), filme premiado en Venecia. Destacaron os directores Jean Van de Velde, Bert Haanstra, Robert Jan Westdijk, Fons Rademakers, que recibiu en 1987 o Oscar á mellor película estranxeira por De aansiag, e Paul Verhoeven (Soldiers of Orange), a figura máis internacional, que en pouco tempo chegou a Hollywood. Os eventos cinematográficos que cobraron moita forza a finais do s XX foron o Rotterdam Film Festival, inaugurado en 1971, e que lanzou á fama a actores de renome como Jim Jarmusch, Wim Wenders e Hal Hartley; o Nederlands Film Festival, que se celebra en Utrecht, e que outorga o máximo galardón do cine neerlandés; e por último o Holland Festival, que...
-
Gran parte da literatura neerlandesa medieval produciuse nas provincias flamengas e brabanzoas, polo que, despois da Guerra dos Países Baixos (1568-1648), as provincias holandesas herdaron o corpo económico e cultural brabanzón. Os poetas da xeración de 1650 escribiron unha poesía experimental revoltosa e provocadora, seguidora de P. van Ostayen e dos modelos flamengos de entreguerras (Lucebert, H. Andreus, S. Vinkenoog, R. Campert, G. Kouwenaar, P. Rodenko e S. Polet). Os prosistas, como W. F. Hermans, H. Mulisch, G. K. van het Reve e J. Wolkers, reflectiron os movementos libertarios nos Países Baixos mentres que o teatro non achegou grandes novidades, ata que experimentou no campo social con grupos colectivos, dos que destacaron Dimitri Frenkel Frank e L. de Bóer. Na poesía, a década de 1660 declararou unha tendencia máis realista e comprometida con H. Verhagen e Hvan de Waarsenburg, e despois de 1660 o clasicismo converteuse en academicismo formal, e o romanticismo penetrou no ambiente...
-
Música que se desenvolveu en Holanda. O seu período de esplendor coincidiu coa unión política e cultural con Flandres, parte dos Países Baixos, xunto con Valonia e o N de Francia, que tivo un papel predominante na vida musical dos ss XV e XVI. Holanda tivo dúas grandes figuras musicais: Jacob Obrecht e Jan Pieter Sweelinck. Con motivo da independencia apareceu unha música nacional con Alphons Diepenbrock (1862-1921) e Johan Wagenaar (1862-1941). O músico máis importante do s XX foi Willem Pijper (1894-1947), aínda que tamén destacaron Kees van Baaren (1906-1970) e Lex van Delden (1919). Destacaron as orquestras do Concertgebouw de Amsterdam (1888) e da Residentie da Haia, os directores Edo de Warts e B. Haitink e a formación do Nederlandse Ballet.
-
-
-
Que resulta execrable.
-
Que non se pode ou costa traballo mencionar pola repugnancia que produce.
-
-
PERSOEIRO
Pedagogo escocés. Contrario ao sistema represivo das escolas tradicionais, en 1924 fundou Summerhill, onde suprimiu todo autoritarismo, xerarquía e disciplina. Das súas obras destacan The Free Child (1953), Summerhill. A Radical Approach to Child Rearing (1960) e Talking of Summerhill (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? - 250) Mártir. Foi detido durante a persecución de Decio e martirizado na fogueira xunto con bandidos e ladróns da cidade. A súa festividade celébrase o 19 de decembro.
-
PERSOEIRO
Político italiano. Logo da desfeita do goberno de B. Mussolini (1943), comezou unha axitada e brillante carreira política. Foi secretario xeral do Partito Socialista Italiano (1944), viceprimeiro ministro (1945-1946 e 1963-1968) e ministro de Asuntos Exteriores (1947-1948 e 1968-1969). Presidiu o reunificado Partito Socialista Italiano (1968-1969) e, en 1969, presentou a súa dimisión dos cargos que tiña dentro da organización política debido á falta de unidade no seu seo. Foi senador vitalicio desde 1971 e presidente do Senato della Repubblica en 1979.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
neozelandés.
-
-
Relativo ou pertencente a Nova Zelanda ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Nova Zelanda.
-
-
PERSOEIRO
Pintor e escultor. Seguidor de Vecchietta, traballou preferentemente en Siena, onde ata 1475 pintou asociado co F. di Giorgio Martini. O tema case único da súa produción foi a Virxe co Neno. Como escultor fixo un San Bernardino en Borgo a Mozzano, e unha Santa Caterina no oratorio da santa, en Siena.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade situada no land de Mecklenburg-Pomerania Occidental, Alemaña (89.500 h [1990]). Situada na marxe do lago de Tollense, é un centro industrial. Fundada por Xoán I de Brandenburgo, converteuse nunha fortaleza durante a Guerra dos Trinta Anos (1618-1648). Conserva as murallas con portas góticas do s XIV.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aleksandr Sergejevič Skobelev.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nova Irlanda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terranova.
-
PERSOEIRO
Químico. Ideou un sistema de agrupación de elementos químicos baseándose na súa obra Lei dos octavos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periodicidade descuberta no comportamento dos elementos químicos en 1864 por J. A. R. Newlands ao dipoñer os elementos químicos ordenados segundo o seu peso atómico crecente e constatar que o primeiro elemento da serie era análogo a oito, o segundo a nove e o terceiro a dez.
-
DISTRITOS
Distrito de Irlanda do Norte (898 km2; 88.000 h [estim 2000]). O seu centro principal é Newry.
VER O DETALLE DO TERMO