"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao sacro e ao cóccix.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nicolas Léonard Sadi Carnot.
-
-
Relativo ou pertencente aos saduceos.
-
Membro dunha seita relixiosa xudía, probablemente partidaria da familia sacerdotal de Sadoc. Instituídos como un partido ou seita, despois do 200 a C, foron rivais dos fariseos. Negaban a resurrección dos mortos, a inmortalidade da alma e a existencia dos anxos.
-
-
GALICIA
Político e enxeñeiro, fillo de Pedro Mateo Sagasta Escolar. Foi director do Instituto Geográfico e Estadístico e director xeral de Correos e Telégrafos (1910-1913). Militou no Partido Liberal e foi deputado polo distrito de Caldas de Reis durante 15 lexislaturas entre 1893 e 1923.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e enxeñeiro, irmán de Práxedes Mateo Sagasta Escolar. Trasladado a Pontevedra polo seu traballo, foi deputado polo Partido Progresista polo distrito de Pontevedra (1869-1872) e polo de Caldas de Reis (1871-1872; 1889-1891).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e enxeñeiro. Participou como progresista na Revolución de 1854 e foi elixido deputado por Zamora. Loitou en 1856 contra L. O’Donnell Jorrís e tivo que exiliarse a Francia. Volveu pouco tempo despois e foi elixido novamente deputado. En 1863 adquiriu e dirixiu o diario La Iberia. Conspirou con Joan Prim i Prats e tivo que fuxir a Portugal, desde onde pasou a Reino Unido e a Francia. Preparou a rebelión dos sarxentos do cuartel de San Gil, en Madrid (1866), que fracasou, polo que foi condenado a morte en rebeldía, pero puido fuxir a Francia. En 1868 uniuse a Francisco Serrano Domínguez e foi un dos dirixentes do movemento revolucionario. Ocupou diferentes ministerios, entre eles o de Gobernación e o de Estado, entre 1868 e 1899, e presidiu o goberno en oito ocasións entre 1871 e 1902. En 1875 organizou o grupo constitucional, que refundou na asamblea de 1880 co nome de Partido Liberal-Fusionista, orixe do Partido Liberal. Estableceu con A. Cánovas o Pacto de El Pardo (1885)....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico e mineraloxista. Foi o primeiro director da Escola das Minas (1783). Publicou numerosos traballos de química, xeoloxía e mineraloxía e difundiu a obra de Romé de l’Isle. Rexeitou as novas teorías de Lavoisier.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Granada, situada na costa O da illa homónima (4.600 h [1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. De nome Stéphane Georges de Bouhélier- Lepelletier, cultivou o ensaio, a poesía e sobre todo o teatro, no que destaca Le carnaval des enfants (1910). Escribiu tamén unha serie dramática de carácter histórico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Partidario de M. de Robespierre, formou parte do Comité de Salvación Pública (1793-1794). Entregado á Revolución Francesa, reorganizou os exércitos do Rin e do norte e iniciou unha política de reformas sociais. Morreu guillotinado tras a Revolución Termidoriana.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás salicáceas.
-
Planta da familia das salicáceas.
-
Familia de salicais formada por árbores ou arbustos caducifolios e dioicos, de follas simples, alternas e estipuladas, de flores unisexuais, sen perianto, dispostas en amentos e xeralmente anemógamas, de froitos en cápsula de dehiscencia valvar, e de sementes con longos pelos sedosos. Son propias case todas das rexións temperadas e frías do hemisferio norte. Pertencen a esta familia o vimieiro e os salgueiros.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás salvadoráceas.
-
Planta da familia das salvadoráceas.
-
Familia de celastrais que comprende só 10 especies de África e do S de Asia. Son plantas leñosas de follas opostas, enteiras, con estípulas habitualmente espiñentas, de flores hermafroditas ou unisexuais, tetrámeras ou pentámeras, co xineceo bicarpelar, e de froitos en baga ou en drupa.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado en Tierra de Barros, entre as serras de Santa María e Salvatierra (2.173 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Literato. Foi un dos fundadores da Accademia della Crusca (1583). Escribiu Avvertimenti della lingua sopra il Decamerone (1584-1536) e as críticas á Gerusalemme liberata de T. Tasso.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás salviniáceas.
-
Planta da familia das salviniáceas.
-
Familia de plantas da orde das salviniais, constituída por plantas herbáceas, dulciacuícolas e flotantes. Hai restos fósiles delas desde o Cretáceo. Comprende só unhas 18 especies e dous xéneros: Azolla e Salvinia.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Soria, Castela e León, situado no val do Duero e regado polo río Lobos (2.152 h [2001]). A súa economía baséase na gandaría, na agricultura e nas manufacturas da madeira. É centro turístico de veraneo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón, situado ao N da capital e atravesado polo río Gállego (2.212 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ponteareas baixo a advocación de san Mateo.
VER O DETALLE DO TERMO -
AFLUENTES
Afluente pola dereita do río Sor que nace e desemboca na parroquia de San Pantaleón de Cabanas (Ourol).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Paderne baixo a advocación de san Pantaión.
VER O DETALLE DO TERMO