"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • Corrente aristotélica italiana centrada en Boloña dos séculos XV e XVI, inspirado en Alexandre de Afrodisia. Caracterízase pola negación da inmortalidade da alma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de crisoberilo de cor verdosa, que se presenta con moita frecuencia cristalizada, ás veces por xustaposición e outras veces por compenetración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alexandro González Cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Animador cinematográfico francés de orixe rusa. Inventou a pantalla de agullas: imaxes compostas por miles de agullas que, máis ou menos afundidas, modifican a superficie que se filma segundo unha iluminación rasante. Todas as súas películas seguiron unha técnica de filmación imaxe por imaxe. As súas obras máis importantes son Une nuit sur le mont Chauve ( Unha noite no monte Chauve, 1933), o prefacio de Procès (O proceso, 1962) de Orson Welles e Le nez (O nariz, 1963) sobre a obra de Gogol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Halterofilista ruso. Foi nove veces Campión de Europa e dez veces do Mundo. Conseguiu dúas medallas de ouro olímpicas nos pesos super pesados (nos Xogos de Múnic 1972 e nos de Montreal 1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Agnose que comporta a perda da facultade de ler. Preséntase en diferentes graos, desde a incapacidade para recoñecer as palabras ata a non identificación das letras. Unha forma especial é a alexia musical ou perda da facultade de ler os signos musicais.

    2. cegueira verbal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • contraveleno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • complemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo grego, un dos representantes máis característicos da chamada comedia media. Da súa produción (cerca de 250 obras teatrais) só se conservan fragmentos illados; algúns deles foron publicados por Kock en Comicarum atticarum fragmenta (Leipzig, 1884).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista haitiano de lingua francesa. Seguidor da corrente indixenista. Autor, entre outras, das novelas Compère général soleil (1955), Les arbres musiciens (1956) e Romancero aux étoiles (1960) no que, cun estilo rico e poético, trata a situación social do home negro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés, gran defensor do Naturalismo. É famosa a súa resposta telegráfica a unha enquisa do diario Le Figaro, no 1891: Naturalisme pas mort. Lettre suit”. Cultivou tamén o teatro e a novela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Wilhelm Häring.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor italiano. Foi discípulo de debuxo de Ludovico Carracci. Restaurou obras clásicas en Roma (1625). Autor da Tomba del Cardenal Mellini (Santa Maria del Popolo, Roma). Foi un clásico académico que reaccionou contra o barroquismo de Bernini.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Cádiz, Andalucía, na Serranía de Ronda (5.691 h [1996]). Caracterízase pola súa agricultura mediterránea. Explota canteiras de caliza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización unitaria das forzas antifranquistas galegas, creada en México no mes de setembro do 1942. Á xuntanza de constitución asistiron delegacións dos grupos comunista, galeguista, republicano e socialista, e do sindicato UXT. O documento aprobado, as Bases Políticas, propoñían a restauración da legalidade republicana e da Constitución de 1931, así como a entrada en vigor do “Estatuto da nazonalidade galega”. A ANG proclamouse representación auténtica de Galicia no exilio, en unión con todos os pobos que loitaban contra o fascismo. A súa actividade centrouse fundamentalmente no país azteca pero tivo delegacións noutros como Cuba. Na Alianza Nazonal Galega participaron representantes de todas as tendencias ata que se produciu a creación da Junta Suprema de Unión Nacional, organismo antifranquista que seguía as liñas da política de Unión Nacional propugnada polo Partido Comunista de España. O PCE propuxo que a ANG ingresase na Junta Suprema, ao que se negaron os socialistas. A Alianza...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo e médico da Universidade de Columbia (Nova York). Aplicou a teoría evolutiva á análise dos problemas sociais modernos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Discípulo de Miguel Anxo e do Bronzino, é autor dos frescos da Capela Gaddi de Santa María Novella en Florencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Badajoz, Extremadura, na Tierra de Barros (27.209 h [1996]). Agricultura mediterránea (oliveira e vide). Gandería lanar. Industria de transformación dos produtos agropecuarios: viño, aceite, olivas, licores, etc. Foi fundada polo Rei Fernando III e poboada con colonos procedentes da cidade de Mérida en 1228. En 1536 o Emperador Carlos V outorgoulle o título de vila. Conserva a igrexa da Purificación, gótica, e os pazos do marqués de Monsalud, do marqués da Encomenda e dos condes de Oliva. Foi o lugar de nacemento do poeta romántico español José de Espronceda.

    VER O DETALLE DO TERMO