"Apo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 488.

  • PERSOEIRO

    Político. Cofundador e máximo dirixente do Partido de la Democracia Cristiana (1960), exiliouse en Venezuela trala vitoria electoral do coronel Morales. Regresou a El Salvador despois do golpe de estado de 1979 e formou parte da xunta do goberno cívico-militar desde 1980 que presidiu ata 1982. Foi presidente do país (1984-1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A sociedade cultural Edicións O Paporroibo creouse o 17 de xuño de 1992 co obxectivo de promocionar escritores, creadores de arte e investigadores vinculados ás terras do Ortegal. Presidida por Manuel López Foxo, conta coa coordinación de Obdulia Dopico Cachán. Edita fundamentalmente libros de contos e poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de encapotar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cubrirse alguén con capote.

    2. Cubrirse o ceo de nubes de chuvia, normalmente cando hai tormenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cubrirse unha ferida de carapola.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pedúnculo florífero alongado e sen follas, especialmente o que nace dun bulbo ou rizoma.

    2. Primeiro artello das antenas dos insectos, normalmente o máis grande de todos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato complexo de calcio e sodio, de fórmula (Na,Ca)4

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quitar a carapola a unha ferida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome de varios peixes da familia dos escorpénidos, caracterizados por ser animais grosos de cabeza de gran tamaño, cubertos de lóbulos cutáneos e aguillóns que poden presentar canles e glándulas velenosas. Aliméntanse de peixes, crustáceos e moluscos. Viven nos fondos, onde cazan á espreita gracias á coloración críptica que presentan.

    2. Escarapote que acada os 25 cm de lonxitude, de cor acastañada cinsenta ou arrubiada, con manchas escuras. Presenta unha liña lateral con máis de 55 escamas alongadas e pequenas. As máis das veces amosan unha proliferación ramificada baixo o ollo e outra de menor tamaño no orificio nasal anterior. Son animais solitarios e sedentarios, propios dos fondos rochosos ou herbáceos, de ata 800 m de profundidade. A especie está distribuída polo Mar Mediterráneo e o Océano Atlántico, dende Senegal ata Francia.

    3. Escarapote que acada os 50 cm de lonxitude, de cor acastañada ou vermella, e cunha mancha negra entre o oitavo e décimo radio espiñento da aleta dorsal. A liña lateral presenta entre 34 e 46 escamas tan anchas coma longas. Vive en fondos lamacentos ou de area, entre os 15 e 700 m de profundidade. Distribúese no Océano Atlántico, dende Senegal ata o Golfo de Bizkaia, e polo Mar Mediterráneo.

    4. Escarapote de ata 50 cm de lonxitude, de cor rubia ou amarelenta. Caracterízase por presentar unha liña lateral de entre 35 e 45 escamas de gran tamaño. O diámetro do ollo é menor ca a distancia entre o ollo e a punta do fociño, e a mandíbula inferior conta con numerosos apéndices laminares. As espiñas da cabeza, os primeiros raios espiñentos das aletas, e as espiñas presentes no opérculo poden inocular veleno. Viven en fondos rochosos ou areosos de entre 20 e 200 m de profundidade. Son animais solitarios, con querencia por lugares concretos do fondo. A especie está distribuída polo Mar Mediterráneo e o Océano Atlántico, dende Senegal ata Gran Bretaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tira de tea, impregnada cunha substancia adherente por unha das caras, que se usa para fixar vendaxes e apósitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode evaporar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • aporización dun líquido na superficie que o separa da fase gasosa coa que se atopa en contacto. A evaporación débese á axitación térmica das moléculas do líquido e ten lugar mentres a presión parcial destes compoñentes na fase gasosa é inferior á presión de saturación. Industrialmente, aplícase a evaporación á concentración de solucións, eliminando unha parte do disolvente (xeralmente auga), para a obtención de substancias orgánicas de produtos naturais, para a separación de substancias que se obteñen por reaccións químicas en solución ou ben existentes en solucións naturais, para a conservación de produtos orgánicos ou, simplemente, para obter unha solución máis concentrada. A evaporación ten lugar nuns aparatos denominados evaporadores, e distínguese a evaporación de efecto simple, cando o paso da solución polo evaporador representa a operación completa, e a evaporación de efecto múltiple, cando se divide a operación en diversas fases en cada unha das cales se emprega...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que evapora.

    2. Aparato que se emprega na concentración de solucións por evaporación do disolvente. Fundamentalmente ten a estrutura dun intercambiador de calor, tubular ou con camisa de vapor. Para as substancias termicamente inestables empréganse os evaporadores de película axitada, nos que se distribúe o líquido pola superficie de calefacción mediante un axitador, co fin de aumentar a transmisión de calor e obter unha maior evaporación cun pequeno aumento de temperatura e un reducido tempo de paso polo aparato.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Converter un líquido en vapor.

    2. Facer desaparecer algo.

    3. Converterse un líquido en vapor.

    4. Desaparecer algo ou algúen sen ser notado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce evaporación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento para medir a intensidade de evaporación atmosférica. Consta fundamentalmente dun recipiente plano, de sección coñecida, que se pesa a intervalos iguais de tempos para determinar a cantidade de líquido que se evapora por unidade de superficie e de tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo xeral que designa as rochas sedimentarias formadas por depósitos ricos en cloruros e sulfatos alcalinos. A precipitación destes sales é resultado da súa concentración, por evaporación intensa de masas de auga (lagoas litorais, mares interiores, etc). As principais evaporitas son o xeso, o sal e a anhidrita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Suma total da auga perdida por evaporación no solo e transpiración das plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de extrapolar.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Estender algo, polo xeral ideas, fóra dos límites nos que se xeraron.

      2. Sacar as palabras fóra do seu contexto para lles dar un sentido diferente.

    1. Prolongar unha lei ou función fóra dos límites onde está determinada, co obxecto de predicir resultados.

    VER O DETALLE DO TERMO