"COI" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 307.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é semellante a un pelo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Curva descrita por un punto fixado a un círculo cando este círculo roda sen desprazamento sobre unha liña recta fixa. Se o raio do círculo é r, a distancia do punto xerador ao centro do círculo é l e A é o ángulo determinado polo punto cando o círculo roda A radiáns; daquela as ecuacións paramétricas da trocoide son x = rA - l sen A; y = r - l cos A. Se l é igual a r, a trocoide é daquela unha cicloide.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Figura destacada da Nouvelle Vague, estableceu novos postulados sobre a estética e a expresión cinematográfica, cunha nova capacidade expresiva da imaxe por si mesma. Da súa produción destacan Jules et Jim (1961), La peau douce (1964), Fahrenheit 451 (1966), L’enfant sauvage (1969), L’histoire d’Adèle H (1975), Le dernier métro (1980) e Vivement dimanche! (1983). Recibiu o Premio á mellor dirección no Festival de Cannes (1959), por Les Quatre-cents coups, e o Oscar á mellor película estranxeira (1973), por La nuit americaine.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Muller desleixada e preguiceira.
-
PERSOEIRO
Matemático francés. Foi un dos fundadores da álxebra moderna. Empregou novos símbolos e calculou o número de π de forma moi exacta. Entre as súas obras destacan Canon mathematicien (1579) e Supplementun geometriae (1593).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. De nome François de Montcorbier, adoptou o apelido do seu protector, grazas ao que se licenciou en Artes (1452). A edición das súas obras foi póstuma (1489): un poema de 320 versos, Le lais, escrito cara a 1456; o Testament (1461-1462), con máis de 2.000 versos, dezaseis composicións diversas e sete baladas en argot.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Aragón (1387-1396), fillo de Pedro IV e Leonor de Sicilia. Despois do seu matrimonio (1380) con Violante, sobriña de Carlos V de Francia, aumentaron as influencias francesas no seu reino. Pactou unha alianza con Xoán I de Castela pero as relacións enfrontáronse tras a morte do rei castelán (1390). Adoptou unha política favorable á alta nobreza e ás oligarquías cidadás. As dificultades financeiras da coroa agudizáronse nos últimos anos do seu reinado.
VER O DETALLE DO TERMO