"Mir" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 483.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcohol primario que se obtén por redución con sodio de ésteres de ácidos graxos, que se emprega como emoliente en cremas hidratantes e noutros produtos cosméticos.
-
PERSOEIRO
Escritor grego. Afianzouse no panorama literario grego coa novela ‘H ή ά (A vida na tumba, 1924 e 1932). Foi unha figura principal na novelística grega moderna, á que deu un lirismo cheo dunha sensibilidade rica e refinada. Foi nomeado académico en 1957.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador persa. Escribiu Rawul-Safā’, unha historia desde a creación ata o reinado de Palatino; Ḥ usayn Bāyqāra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento musical construído orixinalmente cunha cana á que se lle practicou un furado no tubo que fai de embocadura, tapado nun dos seus extremos co nó, e cunha membrana de diferentes materiais, no outro. Produce son ao cantar ou falar a través da incisión, facendo vibrar a membrana.
-
SEMANARIOS
Semanario publicado en Vigo a partir de febreiro de 1872, que cesou en xuño dese ano. De carácter humorístico e satírico, apareceu baixo a denominación de “Periódico joco-serio”. Mantivo boas relacións con outras publicacións humorísticas da cidade, como La Caridad e El Desengaño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘formiga’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mamífero de orixe australiana, da orde dos marsupiais, que pertence ao xénero Myrmecobius, que se alimenta de térmites e de formigas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás plantas ou á dispersión das diásporas nas que interveñen as formigas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á especie que se alimenta de formigas.
-
-
Relativo ou pertencente aos mirmecofáxidos.
-
Mamífero da familia dos mirmecofáxidos.
-
Familia de mamíferos desdentados, da orde dos xenartros, de corpo robusto e alongado, que acadan unha lonxitude total de 1,20 m. Desprovistos de dentes, o seu fociño presenta unha forma tubular, e a súa boca, pequena e estreita, contén unha lingua vermiforme. Son insectívoros e aliméntanse introducindo a súa lingua pegañenta nos formigueiros e nos niños das térmites. A familia comprende tres xéneros: Myrmecophaga (oso formigueiro), Tamandua e Cyclopes. Habitan en América, desde o centro do continente ata Arxentina.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás especies que habitan preto dos formigueiros e establecen cos seus habitantes relacións de depredación, comensalismo ou simbiose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica ao estudo das formigas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da entomoloxía que se dedica ao estudo das formigas.
-
-
Relativo ou pertencente aos mirmeleóntidos.
-
Insecto da familia dos mirmeleóntidos.
-
Familia de insectos, da orde dos neurópteros, formada por individuos que acadan ata uns 30 cm de lonxitude, coas ás grosas e os tarsos pentámeros. As larvas teñen unhas mandíbulas potentes, con numerosos dentes, coas que se alimentan de formigas. A esta familia pertence a formiga león.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo mirmidón.
-
Individuo do pobo mirmidón.
-
Pobo lendario de Tessalia, que segundo os poemas homéricos participou na Guerra de Troia baixo o mando de Aquiles. Considerábanse descendentes das formigas, convertidas en homes por Zeus, a petición de Éaco despois dunha peste.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gladiador da antiga Roma armado cun casco que levaba a figura dun peixe e unha pequena espada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino de orixe xermánica, do gótico Mereis ‘o que máis, o máis grande, famoso, poderoso’. A adaptación latina máis estendida foi Miro, Mironis, da que derivan varios topónimos galegos coma Casdemiro ou Vilamirón. Presenta a variante Mirón. A súa festividade celébrase o 8 de agosto e o 17 de agosto.
-
PERSOEIRO
Pintor e escultor. Iniciado no expresionismo, que cultivou ata 1967, atravesou unha época abstracta que culminou noutra conectada coa problemática do home e o contorno que o condiciona. Realizou esculturas, sobre todo metálicas, e metalografías sobre a situación dos negros en EE UU. Recibiu influencias da linguaxe e da visión da pop-art. Da súa obra destacan Crit, dejuni forgos; El boig, Els relleus visuals, Vietnam 68, L’espera, Vencerem, Lluita d’infants, Gioconda, Antoni Miró e One Dollar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escultor. Formouse na Escola de Comerç de Barcelona e na Escola Superior de Artes Industriales y Bellas Artes (la LLotja). Durante unha convalecencia na casa familiar de Mont-Roig del Camp (1911) orientouse definitivamente cara á pintura. Ao seu regreso a Barcelona (1912), inscribiuse na Escola d’Art de Francesc Galí, onde coincidiu con E. C. Ricart, J. F. Ràfols, Joan Prats e J. Llorens i Artigas, e frecuentou o Cercle Artístic de Sant Lluc, onde participou na formación do grupo Courbet. En 1918 expuxo nas galerías do marchante Josep Dalmau obras expresionistas, con influencias cubistas e fauvistas (Molinet de cafè, Retrat d’una vaileta). En 1919 viaxou a París, onde coñeceu a Picasso, Max Jacob e T. Tzara, e contactou co grupo dadá. Tamén coñeceu a Ernest Hemingway, que lle comprou La ferme/La masia (1920). Abandonou as primeiras fórmulas fauvistas e robustas e inclinouse cara a un miniaturismo con resonancias populares e orientalizantes. Os seus obxectos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. A súa prosa poética, relacionada co modernismo, destaca pola rica elaboración da linguaxe nas detalladas descricións e polo tratamento da temporalidade. Publicou a súa primeira novela, La mujer de Ojeda, en 1901, pero non foi coñecido ata 1908, co relato “Nómada”. Publicou as novelas Las cerezas del cementerio (1910), El abuelo del rey (1915), Nuestro Padre San Daniel (1921) e El obispo leproso (1926), ademais de diversas coleccións de contos ou de impresións paisaxísticas, como Años y leguas (1928). Recibiu o Premio Mariano de Cavia de xornalismo (1924).
VER O DETALLE DO TERMO