"RL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1468.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tira de tea chea de estopa ou doutro material, que se coloca nos cantos das follas das portas e ventás para protexer o interior das vivendas da entrada do aire.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Ontario, Canadá, ao N da fronteira cos EE UU, sobre o lago Ontario (136.976 h [1996]). Destacan as industrias relacionadas cos produtos químicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen fai burla.
-
-
Que ou quen fai burla.
-
Que implica burla.
-
-
PERSOEIRO
Médico inmunólogo australiano. En 1937 identificou o axente causante da febre de Queensland, a rickettsia Coxiella burneti. Desenvolveu a técnica para cultivar virus en embrións de polo e outra que permite identificar bacterias en función dos virus que as parasitan. Compartiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía do ano 1960 con P. B. Medawar polas súas contribucións ao estudo da tolerancia inmunolóxica, que permitiron realizar con éxito enxertos de pel, e tamén transplantes de órganos. É autor de numerosas obras de carácter médico, entre as que cómpre destacar Viruses and Man (Os virus e o home, 1953), Principles of Animal Virology (Principios de viroloxía animal, 1955), The Clonal Selection Theory of Acquired Immunity (A teoría da selección clonal de inmunidade adquirida, 1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política. Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidad Complutense de Madrid. Dirixiu o Instituto de la Mujer dende a súa creación en 1983 ata 1989. Foi subsecretaria do ministerio de Asuntos Sociais e membro do comité da ONU en contra da discriminación da muller. É autora de Reflexiones sobre mujer y feminismo (1977) e Una alternativa feminista (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Entre as súas obras salientan os centros de saúde de Castro Caldelas, Ramirás e Maside e as oficinas de turismo da Gudiña e do Carballiño. Ocupou a vicepresidencia do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), foi secretario da Escola de Artes Aplicadas de Ourense e director xerente de Xestur. Recibiu en 1988 o Premio de Arquitectura do COAG.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lámina que cobre e protexe as branquias dos peixes.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada polo grupo parlamentario dos Socialistas de Galicia en 1984 en Santiago de Compostela. Redactada en galego por Pedro Rei Suárez e Pablo Sande García, contaba coa colaboración fotográfica de Fernando Bellas. Incluía diversos artigos de carácter político, relacionados fundamentalmente coa actividade do Parlamento de Galicia; entre eles, “Dous anos de vida política galega vista dende o parlamento”, “A lei de normalización lingüística”, “A pesca” e “As leis de presupostos”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e enxeñeiro xeógrafo, barón de Cagniard de la Tour. Estudiou a resonancia, a vibración e a acción da calor e da presión sobre os líquidos. Inventou a sirena (1819) e demostrou que o son se produce por vibracións regulares dun medio líquido ou gaseoso. Probou que, sobrepasada unha temperatura determinada, un líquido contido nun recipiente hermeticamente pechado pódese transformar integramente en vapor. Determinou as temperaturas e as presións críticas do éter e do alcohol.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Nomeado inspector xeral de finanzas en 1783, en 1786 intentou introducir reformas económicas radicais, seguindo o modelo fisiocrático, que foron rexeitadas por unha asemblea de notables en 1787. Emigrou a Inglaterra e, trala Revolución Francesa (1789), instalouse en Turín, onde se converteu nun dos xefes da contrarrevolución. É autor de De l’état de la France present et à venir (Sobre o estado da Francia actual e futura, 1790).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Condottiere inglés. Foi un dos tres xefes das Compañías Brancas de Bertrand du Guesclin que, en 1366, se puxeron ao servizo do Rei Pedro III de Aragón e de Enrique de Trastámara para loitar contra Pedro I o Cruel. Uniuse, sen embargo, ao Príncipe Negro cando este entrou na contenda en favor de Pedro I. Foi un dos máis destacados capitáns da Guerra dos Cen Anos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático e xurista. Foi un dos fundadores do Instituto de Dereito Internacional de Gant (1873). Publicou Derecho internacional teórico y práctico (1868).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cardeal sobre o que recae a administración ordinaria da Igrexa mentres a sé apostólica de Roma está vacante.
-
Oficial palatino encargado, en determinadas cortes europeas, dos servicios domésticos do soberano, agás o de servir a mesa.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya, no extremo NO do delta do Ebro, pero coa maior parte do territorio no sector montañoso da serra do Boix (2.953 h [1996]). En agricultura cómpre salientar o cultivo de arroz no delta, as oliveiras e as amendoeiras no secaño e os cítricos e as hortalizas no regadío, que progresivamente vai collendo terras ao secaño. A actividade industrial está moi diversificada, destacan un gran número de granxas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formado no taller de Gustave Moreau, recibiu posteriormente as influencias de Paul Cézanne. Formou parte do grupo fauvista e participou no Salon d’Automne de 1905 en París. A súa pintura é de tonalidades suaves e a temática das súas obras está dominada por escenas de interior, mariñas, cadros de flores, nus e paisaxes. Da súa produción destaca o Retrato de Albert Marquet (1904) e A copa azul (1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no límite das parroquias de Camba, no concello de Laza, e Pradoalbar, en Vilariño de Conso. O seu cumio atópase a 1.379 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Licenciouse en Filoloxía Hispánica e en Xeografía e Historia. Colaborador na prensa e en diversas revistas literarias como Dorna ou Luzes de Galiza, comezou a súa traxectoria literaria cos poemarios O esculpido sorriso dos teus beizos (1984) e Da túa ausencia (1991), Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Celanova 1989; posteriormente publicou Estación Sur (1994), Premio de Poesía Cidade de Ourense 1992; A valga triste do amor, I Premio Johan Carballeira 1996, e Aínda soñas con piratas (1999). Como narrador escribiu Historias de Monterrei (1988), Premio Ourense de Contos para a Mocidade, reeditado e aumentado en 1995 co título Loias, lucérnulas, e outras historias no fío de Monterrey; O infortunio da soidade (Premio Xerais de Novela, 1992); Un xogo de apócrifos (1997), Premio Torrente Ballester 1996 e Premio Nacional da Crítica en Lingua Galega 1998; Estado Permanente de...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantautor. Coñecido como Carlos Cano, da súa produción discográfica destacan: A duras penas (1975), A la luz de los cantares (1976), Crónicas granadinas (1978), De la luna y el sol (1980), El gallo de Morón (1981), Si estuvieran abiertas todas las puertas (1983), Cuaderno de coplas (1985), A través del olvido (1986), Quédate con la copla (1987), Luna de abril (1988), Ritmo de vida (1989), En directo (1990), Mestizo (1992), Forma de ser (1994), Algo especial (1994) e El color de la vida (1996), entre outros títulos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Lámina de ferro que recobre o canto da roda do carro para evitar o desgaste da madeira.
-
Grampa de ferro ou de aceiro coa que se une a fenda das zocas cando se estragan.
-