"Red" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 824.

  • PERSOEIRO

    Poeta. Foi director do periódico República baixo o pseudónimo de João de Lobeira e colaborou nas publicacións Orpheu e Século. Así mesmo, empregou o pseudónimo de Pedro Meneses e publicou As treze baladas das mãos frias (1916), Mais alto (1917), Ânfora (1918), Xente d’a aldea (1921) e Tempo de Orfeu (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e profesor. Estudiou na Escuela de Periodismo, Radio y Televisión de Madrid. Iniciou a súa andaina na radio cos programas Los hombres del Atlántico e Otras tierras de España. No ámbito teatral publicou Yo, el hombre (1972), galardoada co primeiro premio no IX Certamen Nacional de Teatro para la Juventud, e Nuria o la niña muda (1973), coa que obtivo o primeiro premio no X Certamen Nacional de Dramatización. Escribiu tamén o sainete La herencia (1974), o conto musical Mila y el mar (1975) e os contos Soledades e La vida, la muerte y el río.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor sueco. Representante da tendencia neorrealista-satírica e didáctico-descritiva do s XVIII, foi reitor da Universidade de Lund e presidente da Academia Sueca. Autor de traxedias, obras líricas, didácticas e fábulas, publicou Mitt lefverne (1886).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista, visconde de Northcliffe. En 1896 editou o Daily Mail, e máis tarde o Evening News e o Daily Mirror. Durante a Primeira Guerra Mundial, o grupo editorial Harmsworth converteuse na primeira empresa periodística no Reino Unido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto formado polas hifas máis internas dunha ectomicorriza que se desenvolve entre as células exocorticais do hóspede. Nesta rede, rica en taninos, teñen lugar os cambios dos elementos entre os dous individuos asociados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de rock galego que se deu a coñecer polas súas colaboracións no programa da TVG Xabarín Club. Destacan os seus discos A Cuadrilla de Pepa a Loba (1992), Está que te cajas (1995), Erecsiones Munisipales (1999), o directo All right Chicago (gravado na festa da Dorna de Ribeira, 2000) e Recambios Tucho (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Militar de profesión, instalouse en Vigo en 1950. Especializouse na realización de acuarelas. As súas obras, fundamentalmente paisaxes, caracterízanse pola perfección do debuxo, pola pincelada solta e ampla e polos contrastes de dous planos de cor. Realizou exposicións en diversas cidades españolas. Recibiu a Medalla de Ouro da Bienal de Pontevedra en 1972 e 1975, a Medalla de Plata do XLII Salón de Otoño de Palma de Mallorca (1983) e o Premio Nacional de Pintura Ejército 1986. A súa filla María Luisa Heredero (Vigo 10.1.1963), coñecida como Mariola Heredero, cultiva tamén a acuarela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Costa Rica (2.657 km2; 286.112 h [estim 1998]). A capital é Heredia (30.751 h [1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático e político, conde de Ofalia e marqués de Heredia. En 1832 foi nomeado ministro de Fomento. A finais de 1837 encabezou un goberno moderado que caeu ao ano seguinte. Foi senador pola provincia de Lugo nas lexislaturas 1837-1838 e 1840-1841.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta cubano. Adscrito ao parnasianismo, escribiu os sonetos de Les Trophées (1898).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á herdanza.

    2. Que se transmite dos ascendentes aos descendentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e químico alemán. Os seus estudios sobre lentes e a acción da luz contribuíron ao avance na fotografía. En 1819 descubriu a propiedade de fixación do hiposulfito de sosa. En 1839 obtivo unha imaxe sobre unha emulsión ao carbonato de prata, un procedemento que recomendou a Talbot, Daguerre e Bayard. Creador do cianotipo e inventor das palabras ‘negativo’, ‘positivo’ e ‘emulsión’, traballou tamén no campo da microfotografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo alemán. En 1757 trasladouse a Inglaterra, onde construíu un telescopio de reflexión (1773-1774) e en 1781 descubriu o planeta Urano. Estudiou as nebulosas, as estrelas dobres, os cometas e dous satélites de Saturno, e detectou os raios infravermellos no espectro solar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico estadounidense. Os seus principais estudios foron sobre os bacteriófagos. Compartiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina de 1969 con M. Delbrück e S.E. Luria, polos seus descubrimentos sobre o mecanismo de reprodución dos virus bacteriófagos e a súa estrutura xenética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Destacou pola súa técnica cinematográfica e polos seus filmes de intriga. Das súas películas destacan Lifeboat (1943), Rear Window (1954), The Man who Knew Too Much (1956), Psycho (1960), The Birds (1963), Marnie (1964) e Family Plot (1976). En 1940 obtivo un Oscar por Rebecca e os seus filmes Vertigo (1958) e North by Northwest (1959) foron premiadas no Festival Internacional de Cine Donostia-San Sebastián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación anual editada no mosteiro de Oseira (Ourense) na década de 1950. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos HODIRE, que pertencen ao mosteiro cisterciense. Dirixida por Luís Rodríguez Portugal, incluíu artigos de carácter cultural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico inglés. Illou por primeira vez o aminoácido triptófano a partir de proteínas (1902) e o tripéptido glutatión en tecidos vivos (1921). Foi un dos descubridores da existencia de factores cualitativamente mínimos (vitaminas), a súa ausencia na dieta determinaba enfermidades como o raquitismo e o escorbuto. Foi o primeiro en demostrar que o ácido láctico é un produto de refugallo da contracción muscular. Recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía (1929) xunto con Ch. Eijkman.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo inglés. Estudiou na Universidade de Cambridge. Foi director do Instituto de Astronomía Teórica na Cambridge University (1967-1972). É un dos principais elaboradores da teoría cosmolóxica denominada do estado estacionario, investigou a cosmogonía do sistema solar e deu a coñecer o modelo de campo magnético central. Escribiu as obras de divulgación científica Astronomy and cosmology (1975) ou Ten faces of the universe (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en tecnoloxía lítica e evolucionismo humano. Colaborador de diversas publicacións, foi autor, entre outras, de Historia do pensamento antropolóxico en Galicia: O discurso sobre a evolución humana, 1859-1976 (1999), Manuel Murguía (2000) e Pablo Iglesias (2001). Recibiu o Premio Puro Cora de xornalismo (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. É doutor en Ciencias Económicas e Empresariais. Catedrático de Facenda Pública na Universidad de Castilla-La Mancha, foi decano fundador da facultade de Ciencias Empresariais de Albacete. Foi autor, entre outras obras, de Problemática del sector pesquero de Galicia (1976), Apuntes del pensamiento económico y financiero (1988) e Comentario en torno a la financiación de la Autonomía en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO