"Van" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 703.
-
PERSOEIRO
Pintor e debuxante holandés. Residiu na Haia, Londres, París e en diversas cidades holandesas e belgas. Traballou na galería Goupil e fixo de mestre, predicador e misioneiro. En Nuenen (1883-1885) fixo moitos debuxos e pintou cadros dunha evidente preocupación social, entre outros Os comedores de patacas (1885), caracterizados por un expresionismo e unha tonalidade escura. En París (1886-1888), onde coñeceu a P. Gaugin, E. Bernard, algúns impresionistas e a obra dos gravadores xaponeses, aclarou a paleta e pintou retratos, naturezas mortas e vistas da cidade con cores a miúdo arbitrarias e aplicadas con breves pinceladas. Entre outros, destacan, Autorretrato con sombreiro de feltro (1887), O restaurante de La Sirène (1887) e O padre Tanguy (1887). En 1888 chegou a Arles, atraído pola cor e a luz do sur. Viviu con P. Gaugin pero a causa dunha pelexa entre eles sufriu unha crise durante a que se cortou a orella esquerda, suceso que reflectiu en Autorretrato...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Cultivou a novela realista cunha gran perfección de estilo. En Oblomov (1847-1859) o protagonista representa a decadencia do terratenente, e en Obryr (O precipicio, 1869) xa aparecen as novas ideas do progresismo e nihilismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Etóloga británica. Sen formación universitaria doutorouse en Etioloxía pola Universidade de Cambridge (1965). Desde 1960 traballou cos chimpancés na reserva natural de Gombe (Tanzania), o que lle permitiu demostrar que son animais altamente evolucionados e sociais. Creou o Jane Goodall Institute dedicado á conservación dos chimpancés en África. Recibiu numerosos premios e distincións, entre eles o título de Cabaleiro do Imperio Británico, o de Mensaxeiros da Paz da ONU, a Medalla Benjamin Franklin e o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica de 2003, este último pola súa contribución á comprensión das raíces do comportamento e a cultura humanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político italiano. Membro da democracia cristiá, foi ministro de Facenda (1982-1987), data na que foi nomeado primeiro ministro. Dimitiu en 1988 e posteriormente ocupou a carteira de Facenda (1992-1993), cargo do que tamén dimitiu tralas acusacións de corrupción.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor holandés. Discípulo de J. van de Velde, especializouse na paisaxe caracterizada pola liña de horizonte baixa e un primeiro termo escuro. Tratou a paisaxe fluvial ao xeito de J. Ruysdael.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político italiano. Cofundador do Partito Popolare e da Democrazia Cristiana, foi elixido deputado en 1919. Durante a Segunda Guerra Mundial tomou parte na Resistencia e, rematado o conflito, ocupou a carteira de Industria e Comercio (1944-1946), a presidencia da Cámara de deputados (1948-1955) e a da República italiana (1955-1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista holandés. Coñecido como Hugo Grotius ou Grocio, formouse en leis en Orléans e tras regresar ás Provincias Unidas converteuse no procurador xeral da provincia de Holanda (1607). Defensor das ideas do arminianismo, o seu intento de mediar no conflito relixioso levouno a ser condenado a cadea perpetua (1619). Tras fuxir a París, foi nomeado embaixador de Suecia nesta cidade (1634-1644). Centrou os seus estudios no ámbito da filosofía do dereito e foi considerado un dos fundadores do dereito internacional moderno e da teoría racionalista do dereito natural. Das súas obras destacan Mare liberum (1609), De iure belli ac pacis (1625) e De veritatis religionis christianae (1627).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo de mulleres de ideoloxía anarquista que actuou na Coruña entre 1933-1935, e integrado na FAI. Entre as súas compoñentes destacan Sebastiana Vitales, retornada de EE UU, e a sindicalista Laura López. Na Fronte Popular, o grupo converteuse no xermolo da organización Mujeres Libres da Coruña.
-
PERSOEIRO
Escritor italiano. Da súa produción destaca Il destino si chiama Clotilde (1942) e Don Camilo (1950). A súa obra é unha sátira das loitas políticas rurais desde un punto de vista dereitista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor italiano. Amigo e antagonista de Tasso, escribiu a traxicomedia pastoril Il pastor Fido (1590), L’idropico (1609) e Compendio della poesia tragicomica (1601).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cornelis Cornelisz.
-
CIDADES
Cidade do condado de Hampshire, Inglaterra (116.300 h [estim 1989]). Situada ao NL de Portsmouth, é un centro agrícola e industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador neerlandés. En Italia (1532-1536) asimilou o manierismo da escola romana, e en Haarlem, desde 1637, executou cartóns para tapices e vidreiras, e pintou retratos e naturezas mortas. Destaca o Retablo da Paixón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Coñecida como Audrey Hepburn, obtivo un Oscar en 1953 por Roman Holiday. Participou en numerosos filmes, dos que destacan, Sabrina (1954), War and Peace (1956), Breakfast at Tiffany’s (1961), My Fair Lady (1964), Two for the Road (1966) ou Always (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor neerlandés. Cultivou os retratos de busto e de grupo, cunha técnica rigorosa e unha coloración fría. Destaca A celebración da paz de Münster (1648).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jan Sanders van Hemessen.
-
PERSOEIRO
Pensador e publicista. Os seus ideais revolucionarios ocasionáronlle o desterro e desde 1847 residiu en París, Londres, Niza e Xenebra. Destacan as súas memorias Byloje i dumy (Pasado e pensamentos 1852-1868).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor holandés. Especializouse na pintura urbana arquitectónica, da que destaca Vista da municipalidade de Amsterdam (1668).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ecuación que determina a variación da constante de equilibrio químico K en función da temperatura. Vén expresada por (∂[ lnK ]/∂T)p = ΔH0/RT2, ΔH0 , sendo a variación de entalpia na reacción en condicións normais, R a constante dos gases e T a temperatura absoluta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión matemática da presión osmótica ΔP dunha disolución de n moles dunha substancia nun volume V, que presenta un comportamento ideal. Aplícase a disolucións diluídas. Exprésase por ΔP=nRT/V, sendo R a constante dos gases e T a temperatura absoluta.