"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
PERSOEIRO
Político e avogado. Licenciado en Dereito pola Universidad de Madrid e en Ciencias Empresariais e Administración de Empresas polo ICADE, e graduado pola Escola de Comercio de París (ESSEC). É membro do Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Foi profesor de Economía Agraria no Instituto Nacional de Estudios Agrarios en Valladolid e de Estrutura Económica na Universidad de Madrid (1966-1970). Durante os últimos anos do franquismo foi avogado defensor en xuízos políticos perante o Tribunal de Orden Público e de traballadores no Tribunal Nacional del Trabajo. Foi deputado do Parlamento español polo PSOE (1977-1986) e ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións (1982-1985). Dende 1986 é membro do Parlamento Europeo. Foi presidente do Movemento Europeo Internacional (1987) e presidente do Parlamento Europeo (1989-1992). Na lexislatura 1994-1999 foi presidente do Comité de Asuntos Exteriores e Seguridade, e en 1999-2004, membro da Comisión de Asuntos Constitucionais. Publicou numerosos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e editor. A súa actividade como editor iniciouna na editorial Seix Barral de Barcelona, fundada no ano 1945; por causa de diferencias internas entre os seus editores, fundou no ano 1969 Barral Editores, dende onde promoveu a literatura en lingua española, sobre todo hispanoamericana, e a tradución de obras estranxeiras. Paralelamente a esta tarefa editora, publicou os libros: Las aguas reiteradas (1952), Metropolitano (1957), Diecinueve figuras de mi historia civil (1961), Usuras (1965), Figuración y fuga (1966), Informe personal sobre el alba (1970), Años de penitencia (1975), Los años sin excusa (1978), Catalunya des del mar (1982), Catalunya a vol d’ocell (Catalunya a voo de paxaro, 1985) e Los diarios (1993), que apareceu postumamente. Foi senador socialista entre os anos 1982 e 1989.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Profesor de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse no estudo das mentalidades e das identidades colectivas no mundo medieval, tema sobre o que realizou a súa tese de doutoramento Mentalidad y revuelta en la Galicia irmandiña, favorables y contrarios (1989) e, posteriormente, elaborou numerosos traballos, entre os que cómpre salientar: A mentalidade xusticieira dos Irmandiños (1988), traducida ao español en 1990, ou Viva El-Rei!: ensaios medievais (1996). Tamén se preocupou polo Ascenso e caída do Mariscal de Pardo de Cela, traballo que foi galardoado co Premio de Investigación Antón Losada Diéguez en 1988. Así mesmo, traballou sobre a recuperación do suxeito social dende unha perspectiva historiográfica, especialidade sobre a que publicou o libro Historiografía fin de siglo (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e poeta. Exerceu a súa actividade no semanario O Novo Galiciano e nalgúns xornais de carácter local. A súa obra aparece recollida no volume Ventureiras (1909). Tamén se lle atribúe a obra Fabas e Castañas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico brasileiro. Foi tamén guionista, asistente de dirección e actor ocasional. Un dos seus filmes máis coñecidos é Osso, amor e papagaio, codirixido por César Memolo en 1956, unha sátira baseada na obra de Lima Barreto. Realizou tamén O mundo alegre de Helô (1966), Jerry, a gran parada (1967), As alegres vigaristas (1974) e Un marido contagiante (1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua asiática da familia índica e do grupo setentrional, subgrupo dárdico central.
-
VER O DETALLE DO TERMO
exetais, propios xeralmente das rexións áridas, que producen froitos a rentes da terra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato esporífero dos fungos da subdivisión basidiomicotina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Converterse en base.
-
GALICIA
Actor, animador teatral e director de escena. Desenvolve a súa actividade na comarca da Ferrolterra impulsando iniciativas moi diversas, desde a promoción de grupos de teatro no eido escolar e asociativo ata a participación en diversas propostas de formación teatral de ámbito municipal. Participou igualmente na creación de grupos tan significativos como o Teatro Círculo de Perlío ou a Agrupación Teatral Tagallo, coa que dirixiu pezas como A boda do latoeiro (1982), a partir dunha obra de John M. Synge. En 1995 formou parte do elenco no espectáculo A larva furiosa, dirixido por Manuel Lourenzo e realizado pola Compañía Luís Seoane, en coprodución co Centro Dramático Galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Polígrafo. Publicou un Dicionario histórico enciclopédico (1828-1833), un Tratado de declamación ou arte dramática (1833) e unha Historia dos templarios (1834). Foi membro da Academia de Boas Letras (1835).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar situado baixo o corazón por mor dun relaxamento dos grandes vasos sanguíneos (arterias aorta e pulmonar).
-
PERSOEIRO
Romanista italiano, catedrático de Lingüística Románica na Universidade de Florencia (1925-1952). Cultivou a toponimia, a etimoloxía e a dialectoloxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Golpear de maneira reiterada.
-
Bater un líquido contra as paredes do recipiente que o contén.
-
-
-
Declarar o Sumo Pontífice beato a alguén.
-
Proclamar venerable ou respectable algo, exaltar unha condición ou unha virtude.
-
Facer feliz ou benaventurado a alguén.
-
-
PERSOEIRO
Dramaturgo. Iniciou a súa andaina coa peza Eugénie (1767) logo de ter escrito varios xoguetes cómicos que serían representados no castelo da familia dos Pompadour. Procesado por falsificación, escribiu as catro Mémoires (Memorias 1773-1774), modelos de panfleto e de sátira social. En 1775 o Teatro da Comedia Francesa presentou un espectáculo baseado na súa peza La précaution inutile ou Le Barbier de Séville (A precaución inútil ou O barbeiro de Sevilla) que, despois dalgúns arranxos, se converteu nun éxito de público e crítica. Nesta peza presenta a Fígaro, un criado intelixente e buscavidas que será o personaxe central de La folle journée ou Le mariage de Figaro (A xornada tola ou As vodas de Fígaro), estreada con notable éxito na Comedia Francesa en 1784, logo de ser censurada en 1781 por constituír unha aceda sátira política da sociedade da Francia prerrevolucionaria. Esta última peza sería o pretexto para un espectáculo homónimo estreado pola compañía...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta renacentista italiano. Coa súa composición Il sacrificio (O sacrificio) foi o creador do drama pastoral.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cesare Bonesana.
-
PERSOEIRO
Médico cirurxián. Estableceuse nos EE UU en 1882. As súas achegas máis relevantes foron no campo da cirurxía abdominal e no das aplicacións da radioloxía á diagnose das fracturas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apertar entre dous ou máis dedos un anaco de pel e carne dunha persoa.
-
Apañar porcións miúdas dalgunha cousa.
-