"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • Arte de adiviñar mediante os corpos terrestres ou figuras feitas con terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incremento de enerxía potencial que experimenta unha unidade de masa ao ser trasladada do nivel cero (ou nivel do mar) a un punto situado a unha altura h vencendo a forza da gravidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo de xerente.

    2. Xestión que desempeña un xerente.

    3. Lugar en que o xerente desenvolve o seu traballo.

    4. Duración do cargo de xerente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Goberno formado por anciáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade xestora de entidades de capital-risco participada polo IGAPE (70%) e por Ahorro Corporación (30%). O seu obxecto social é a administración e xestión dos fondos de capital-risco EMPRENDE e ADIANTE e dos activos de SODIGA. Financia o desenvolvemento empresarial a través de participacións temporais e minoritarias no capital social das empresas sen cotización oficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Goberno de mulleres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Baltar, Os Blancos, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • frecuencia xiromagnética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia e Navarra, fillo póstumo de Luís X de Francia. Morreu ao pouco de nacer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1216-1222), fillo de Sverker II. Sucedeu a Eric X e sostivo a cruzada dos cabaleiros da espada contra os estonianos (1220).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1350-1364), fillo de Filipe VI e Xoana de Borgoña. De temperamento impulsivo e desequilibrado, falto de sentido político, deixou o goberno en mans de privados incompetentes. Tivo que enfrontarse cos ingleses e foi derrotado polo Príncipe Negro en Poitiers (1356). Conducido a Londres, en 1359 cedeu aos ingleses a metade de Francia para ser liberado. Polo Tratado de Brétigny foi liberado (1362), despois de comprometerse a pagar un rescate ao tempo que dous dos seus fillos permaneceron como reféns. Ao fuxir un deles, prendérono de novo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xoán I de Dinamarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1569-1592) e gran duque de Finlandia, fillo do Rei Gustavo I. A causa das súas simpatías católicas foi apresado polo seu irmán o Rei Enrique XIV (1563-1567). Coa axuda da nobreza, destronouno, sucedeuno e finalmente fixo executalo (1577). En 1570 asinou o Tratado de Stettin, polo que remataba a guerra con Rusia, e polo tratado de 1583 anexionou Carelia e Ingria. En 1587 fixo nomear rei de Polonia o seu fillo, Sexismundo (Sexismundo III de Polonia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas que corresponde á voz ‘mercar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao xuízo, á administración de xustiza ou á xudicatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Denominación do poder executivo ou goberno da Comunidade Autónoma de Galicia nacido ao abeiro do modelo de organización territorial de España establecido na Constitución de 1978 e cuxos principios reguladores e directrices básicas se atopan no Estatuto de Autonomía de 1981. Ambos os dous textos conteñen a ordenación dun sistema de goberno de tipo parlamentarista.
    Antecedentes históricos
    Historicamente, pódese atopar a denominación xunta en diversos aconteceres históricos reivindicadores da personalidade propia de Galicia como nacionalidade ou nación, como a Xunta do Reino de Galicia, distintos documentos do nacionalismo galego como o Manifesto da Asamblea Nazonalista de Lugo de 1918, que contemplaba esta institución; ou o antecedente do Estatuto galego de 1936, que establecía un órgano de goberno tamén chamado Xunta de Galicia. No Real Decreto-lei de 16 de marzo de 1978, instituíuse o réxime preautonómico para Galicia. As preautonomías foron unha especie de descentralización...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de 1984. De carácter oficial, foi editada polos gabinetes de prensa da Xunta de Galicia e incluíu información de cada unha das consellerías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xunta creada para institucionalizar a organización da sanidade en Galicia e coordinar as diferentes Xuntas de Sanidade locais ou provinciais. No s XIX, ante a necesidade de fixar un lazareto que previse a entrada de epidemias como o cólera por vía marítima, apoiou a construción do mesmo na illa de San Simón, que foi inaugurado en 1842.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia do dereito.

    2. Conxunto de leis sobre unha materia.

      1. Interpretación da lei feita polos xuíces en casos particulares.

      2. Normas de xuízo que suplen as omisións ou lagoas da lei e que se fundamentan nas prácticas seguidas en casos iguais ou análogos.

      3. Conxunto de sentenzas que determinan un criterio sobre unha cuestión xurídica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Grecia (1863-1913), fillo de Cristian IX de Dinamarca. Foi elixido rei pola Asemblea Nacional, despois da destitución de Odón I de Grecia. Outorgou ao país unha constitución democrática (1864) e adquiriu Epiro, Creta, unha parte de Macedonia e varias illas do Mar Exeo.

    VER O DETALLE DO TERMO