"CIA" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 3047.

  • PERSOEIRO

    Rei de Grecia (1922-1923 e 1935-1947), fillo e sucesor de Constantino I de Grecia. En 1923, despois dos enfrontamentos cos turcos tras a Primeira Guerra Mundial, foi deposto e tivo que saír do país, ao ser proclamada a república. Restaurado no trono en 1935, despois da ocupación de Grecia polos alemáns (1941), durante a Segunda Guerra Mundial tivo que abandonar novamente o país, ao que regresou como monarca en 1946.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encontro celebrado en Yalta entre F. D. Roosevelt, W. Churchill e J. Stalin entre os días 4 e 12 de febreiro de 1945. Ratificaron que só sería aceptada a rendición incondicional de Alemaña e que esta sería dividida en catro zonas de ocupación. Decidiuse tamén a reunión dunha conferencia previa á fundación da ONU en San Francisco en abril de 1945.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • san (334-424) Relixioso. Tivo sona de taumaturgo e exorcista. Represéntase vestido de bispo e leva como atributo unha árbore morta que se cobre de follas. A súa festividade celébrase o 25 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunión socialista internacional que tivo lugar na localidade suíza de Zimmerwald, preto de Berna, do 5 ao 8 de setembro de 1915. Aínda que houbo unanimidade na condena da guerra e da política da Unión Sagrada, dúas estratexias enfrontáronse. A esquerda, agrupada ao redor de Lenin, propuxo transformar a guerra imperialista en guerra civil revolucionaria, pero a maioría inclinouse pola reconstrución da Internacional Socialista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos individuos dunha colonia de briozoos que está constituído por unha teca e o animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de protección das aves que se consideran máis ameazadas en Europa e, especialmente, as aves migratorias. Son áreas do territorio necesarias para preservar, manter ou restablecer unha diversidade e unha superficie suficiente de hábitat para todas as aves que se contemplan na Directiva 79/409/CEE (relativa á conservación das aves silvestres) de acordo coas súas esixencias ecolóxicas. En Galicia está composta por 14 zonas cunha superficie total de 71.579 ha (Illas Cíes; Ribadeo; Ría de Ortigueira e Labrido; Complexo intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira; Illa de Ons; Serra da Enciña da Lastra; Costa da Morte; Costa de Ferrolterra; Complexo litoral de Corrubedo; Costa da Mariña occidental; Ría de Foz; Ancares e Baixa Limia-Serra do Xurés).

    VER O DETALLE DO TERMO